Ir al contenido principal

30 domingo TO C 2019

30º Domingo do tempo Ordinario
E Deus, porque é universal, segue a falar no pequeno e pobre, na sinxeleza e na xenerosidade de quen comparte repartindo
Cantos
Entrada.- Andarei na presenza do Señor (Nº 11)
Lecturas.- Eu soñei (Nº 58)
Ofertorio.- Na nosa terra (Nº 36)
Comuñón.- Gracias, Señor, graciñas (Nº 50)

Oídos atentos
Clausúrase hoxe en Roma o Sínodo da Amazonía. O camiñar xunt@s para que a Igrexa non sexa aliada dos poderosos senón das persoas excluídas e esqeucid@s. Fixo falla vir a Roma para que o foco da actualidade se puxese nos homes e mulleres que viven esquecid@s e explotad@s e para @s que ninguén mira. Comecemos a celebración comprometéndonos a poñer a nosa mirada, o noso corazón e a nosa solidariedade nas persoas que seguen apostando por facer da Casa Común berce de encontro e solidariedade.

Corazón misericordioso
1. Por ser excluíntes e intransixentes. SEÑOR, ACOMPÁÑANOS NA CONVERSIÓN.
2. Por dar as costas ás persoas e problemas que estas viven nos países máis empobrecidos. CRISTO,ACOMPÁÑANOS NA CONVERSIÓN.
3. Por dar moitos golpes no peito e poucos pasos cara adiante para pedir perdón. SEÑOR,ACOMPÁÑANOS NA CONVERSIÓN.

Palabras que remoen o corazón e orientan o noso actuar

1. A primeira lectura de hoxe é toda unha denuncia do comportamento daquelas persoas que saben rezar moi ben coa boca, pero que son incapaces de acompasar o seu rezo á súa maneira de vivir e tratar aos demais. O que as leva a facer preferencia entre as persoas e a xustificar o que fan os poderosos no nome do orde e a seguridade; sempre a deles, non a dos demais, especialmente se estes son os pobres e sempre esquecidos. Por iso o texto do Eclesiástico non se conforma con presentar un Deus afastado e de costas ás situación de dor polas que tantas persoas pasan, senón que urxe a quen ten, temos, a Deus como guieiro da vida, para que nin calemos nin xustifiquemos situación algunha na que as persoas son asoballadas, maltratadas e esnafradas na súa dignidade. Contra o que poida parecer, a nosa fe non é para entreter, senón para tomar conciencia dos problemas da realidade na que vivimos, e loitar por cambialos e superalos..
2. E Deus non é insensible ao berro do pobre, ao contrario. A historia vainos pondo de manifesto como Elnon escapa das situacións difíciles, senón que nos dá folgos, á vez que nos urxe, a que sexamos os ollos, as mans, e o corazón de quen ve silenciada, cando non suprimida, a súa voz pola manipulación e a intransixencia dos poderosos. Ante o clamor dos empobrecid@s do noso mundo, Deus faise presente a través do noso traballo por desenmascarar as mentiras e os enganos que no nome dos cartos, o poder e a ansia de estar por riba dos pequenos e necesita@s teñen hoxe os que pretender mandar e impoñer. Que non deixemos logo de prestar atención a este clamor. No Sínodo que hoxe se clausura en Roma non deixaron de recordárnolo. Só así podermos ser unha Igrexa pobre e dos pobres; unha Igrexa que segue, sen avergoñarse o mandato de Xesús de estar ao lado daquelas persoas e situacións ás que ninguén presta atención nin para con elas. E isto ten que levarnos a mirar que estamos a facer nós, cada día e nas nosas casas e parroquias, para que o mundo non acabe caendo nas mans de quen só pensa en destruílo e estragalo. A Igrexa cambiará e será fiel ao evanxeo se nós cambiamos e tamén o somos. E isto supón coherencia. O mesmo Paulo llo dicía a Timoteo na carta que vimos de escoitar, porque sen coherencia de vida, a fe vólvese ideoloxía que non fai máis que xustificar o que os poderosos fan e mandan. E iso non é nin o que fixo nin o que dixo Xesús.
3. Que non nos pase a nós coma aquel home do evanxeo ao que todo se lle vai pola boca para loar e bendicir o bo que era e o moito que facía polos demais. Como diriamos nós, “pérdeo a boca” e o seu “ falar non ten cancelas”, porque como ben sabemos, quen moito fala pouco fai. Porén, o pecador sabe da súa limitación, a súa pequenez, pero iso mesmo lévao a poñer a súa forza en Deus buscando o cambio no seu corazón. Sentíndose pequeno, sábese tamén necesitado, e por iso fai compromiso, sinxelo e sen altofalantes, de conversión e cambio de vida. Preguntémonos entón nós, non de que lado queremos estar, senón de que lado estamos. E actuemos coa xenerosidade daquel home e a constancia da sinceridade das nosas decisións..

Confianza desde onde compartir

Poñendo os nosos ollos no mundo no que estamos, facemos agora memoria agradecida do paso de Deus pola nosa vida dicindo: Que as palabras non afoguen os nosos feitos.
1. Para que sexamos unha Igrexa en saída, disposta a non calar ante o abuso e inxustiza que os poderosos cometen sobre os máis pequenos e indefensos do noso mundo. Oremos. Que as palabras non afoguen os nosos feitos.
2. Que o noso estar nas parroquias sexa presenza e non simple paso, para que nos comprometamos na defensa da dignidade de quen sabemos necesitado da nosa compaña ou tempo. Oremos Que as palabras non afoguen os nosos feitos.
3. Para que nós nos caiamos na tentación de ser persoas de Igrexa que nos limitamos a cumprir ritos e costumes, senón que aprendamos a renovar a forza do evanxeo sabendo estar e defender as causas xustas que ao noso redor reclaman a nosa implicación. Oremos. Que as palabras non afoguen os nosos feitos .

Señor, acolle cando poñemos baixo o teu amparo para que nos deas azos en traballar por unha sociedade máis xusta e igualitaria. PXNS. Amen.

Remoendo as nosas seguridades

“Tamén os b@s teólog@s, como bos pastores, cheiran a pobo e a rúa e, coa súa reflexión, derraman untura e viño nas feridas das persoas. Que a teoloxía sexa expresión dunha Igrexa que é “hospital de campo”, que vive a súa misión de salvación e curación no mundo. A misericordia non é só unha actitude pastoral, senón a substancia do Evanxeo de Xesús.” ( Francisco aos participantes no congreso “ A Teoloxía despois da Veritatis Gaudium no contexto do Mediterráneo”.)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...