Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2016

13 Domingo TO C 2016

Nin os cantos de serea dos redentores da nada, nin as traxedias dos profetas de calamidades. Deus quéntanos o corazón pasando por "un de tantos" Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5)   LECTURAS: Escoita ao Señor (Nº 15)   OFERTORIO: Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 33)   COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60) ESCOITA ACTIVA Ao noso redor -quizais tamén a nós nos pasa o mesmo- hai moita xente chea de medos. Algúns destes medos responden a situacións reais, pero moitos outros son puras suxestións e imaxinacións. Isto fai que as persoas se volvan inseguras e desconfiadas, porque o medo, como o falar, non ten cancelas. Avanza, a cada vez máis, levando por diante todo canto topa: a estabilidade familiar, a fidelidade da parella, a solidariedade dos compañeiros de traballo, a colaboración cos veciños... e tamén as conviccións relixiosas. Si, porque cando o medo se instala na vida dunha persoa, nada hai, nin sequera Deus, que a

12 Domingo TO C 2016

Salvar a vida desde a xenerosidade de quen se achega a tantas persoas que non están no foco desde o que se fai rebumbio social: os políticos, os da lista Forbes, os xogadores de fútbol... senón nas trastendas que non se mostran, pero nas que se sofre, para dicirlles: ”contade comigo” Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña, compañeiros (Nº 10) LECTURAS: Xesús é Señor (Nº 16) OFERTORIO: Señor Xesús (Nº 52) COMUÑÓN: Acharte presente na vida (Nº 51) ESCOITA ACTIVA Na linguaxe cristiá, poñer a vida a salvo non é sinónimo de covardía, medo, renuncia ou comodidade. Todo o contrario. Cando Xesús fala de poñer a vida a salvo, estanos a invitar a que nos esforcemos por darlle un sentido, por buscar unha razón desde a que pague a pena vivir, descubrir que máis alá do que chama a atención polas luces, cores ou barullo, hai un sentido, unha razón, unha maneira de sentirse a gusto con canto un fai e di. A isto se refire Xesús cando

11 Domingo TO C 2016

  Cando a desconfianza entra en nós para quedarse, a misericordia ten difícil agromar na mirada desde a que nos achegamos a comprender o mundo do que formamos parte Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO *       ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9) *       LECTURAS: Canta aleluia (Nº 21) *       OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 34) *       COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos (Nº 103) ESCOITA ACTIVA Unha das actitudes que cada vez medra máis nas persoas é a da desconfianza. E nunca tanto coma hoxe se esquecen as palabras dadas, os compromisos feitos, os acordos acadados... porque non acabamos de confiar en que quen os asina os garde, os cumpra os defenda. Que mágoa, pouco a pouco a desconfianza vai entrando no noso xeito de ver a vida, entender o mundo e tratarnos uns aos outros, acabando por vivir nun auténtico estado de provisionalidade e medo ante todo. A dúbida entra en canto facemos e nas nosas relacións cos demais, o que no