Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2014

8 DOMINGO TO A

MEMORIA FRÁXIL PARA UN TEMPO LÍQUIDO     Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA   A fraxilidade da nosa memoria vaise pondo de manifesto na medida na que imos esquecendo momentos, persoas ou experiencias, pasadas ou recentes, da nosa vida. Esta fraxilidade produce en nós, moitas das veces, sentimentos de tristura por non poder lembrar a alguén ou o que nos pasou nun momento determinado; pero tamén nos fai tomar conciencia de que ninguén de nós, rico ou pobre; con poder ou sen el, branco ou negro escapa á constatación dun feito, que nos guste ou non, ocórrenos a todos: somos limitados. E na nosa limitación ímonos recoñecendo sempre necesitados dos demais, descubrindo que solos non imos a ningunha parte; e se imos, pouco dura ese traxecto. As persoas necesitámonos unhas ás outras, inda que moitas veces non nos guste ou necesitemos tempo para admitilo. Diante la limitación humana, a Palabra de Deus hoxe invítanos a non quedar presos dela, senón a esforzarnos para, sen bus

Lecturas domingo 8 TO A

DOMINGO 8 ORDINARIO – CICLO A PRIMEIRA       Is 49, 14-15 Non me esquecerei de ti Descarga o ficheiro PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS Sión di: "Iavé non me abandonou, o Señor non se esqueceu de min". "¿Esquécese unha muller do seu meniño? ¿Non se compadece do fillo das súas entrañas? Aínda que ela se esqueza, eu non me esquecerei de ti. SALMO RESP.      Sal 61, 2-3. 6-7. 8-9ab R/   (6a):   Soamente en Deus acouga, alma miña: Soamente en Deus acouga a miña alma, del vén a miña salvación. El é a miña rocha, o meu acorro, o meu castelo. Xamais eu non caerei. Soamente en Deus acouga, alma miña: El é a miña esperanza. El é a miña rocha, o meu acorro, o meu castelo. Xamais eu non caerei. Deus é a miña salvación e a miña gloria; el é a miña rocha, o meu castelo. Pobo seu, afiuza sempre nel, desafoga diante del o corazón. SEGUNDA      1 Cor 4, 1-5 O Señor ha manifestar os motivos dos co