Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

DOMUND 2019

XXIXº Domingo do tempo Ordinario
Enviad@s a evanxelizar na xenerosidade da fraternidade: cidadanía e misión
Cantos
Entrada.-  Con ledicia vimos ()
Lecturas.-  Ergo os meus ollos (112)
Ofertorio.-   Non vou só ( 60 )
Comuñón.- Ide e pregoade (55)
MIRANDO AS BEIRAS
O Evanxeo recolle a invitación de Xesús aos apóstolos para que vaian e anuncien. É dicir: a que se poñan en camiño para mostrar o que sentían e vivían. Sen movernos, dificilmente sairemos da nosas zonas de conforto, polo que a nosa experiencia de fe e vida sería empobrecedora. Porén, os apóstolos puxéronse en camiño, saíron da súa rutina e comezaron a facer da misión que Xesús lles encomendara o guieiro das súas vidas. E tan ben o fixeron que por iso estamos aquí, compartindo e celebrando que hoxe tócanos a nós ser axentes de que esta misión non esmoreza. E isto lembrámolo neste domingo do DOMUND –Xornada Mundial das Misións– que nos fai tomar conciencia que neste envío tócanos a nós ser misioneir@s na Casa Común que compartimo…

28 domingo TO C 2019

SE NOS ESFORZAMOS POR FACER DA VIDA AGASALLO, DESCUBRIREMOS O IMPORTANTE QUE É DICIR GRAZAS Cantos Entrada.- Vaiamos ao altar( 133 ) Lecturas.- Cantádelle ao Señor unha cantiga nova Ofertorio.-Grazas, Señor, na mañá(117 ) Comuñón.- Déixate querer( 61) Mirada en derredor Todas e todos temos a experiencia de recibir de cando en vez un agasallo. E que ben senta dicir grazas mirándolle aos ollos a quen pensou en nós cando o escolleu e mercou! Non para restablecer unha relación de dependencia ou submisión con esa persoa de por vida, non; todo o contrario: para mostrar a alegría de descubrir que para quen nos agasallou non somos algo indiferente ante quen se vira a cara, senón alguén, con nome e apelido, que nos apreza e quere mostrar o recoñecemento deste aprezo desde o respecto e a igualdade. E disto, de agradecemento, non burocrático e frío, senón sentido e desde o corazón, é do que nos fala a Palabra de Deus hoxe. Un agradecemento que se nos invita é a facer extensivo a tantas persoas que van p…