Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2007

O amor pide dispoñibilidade (Pascua 2007)

O AMOR ESIXE RENOVACIÓN, CAMBIO, APERTURA E DISPONIBILIDADE PÓRTICO Hoxe a celebración preséntanos un reto, antigo pero sempre novo que é amar a todos como Xesús nos amou. E sempre novo porque son novas as persoas, son novas as situación que viven e vivimos e é sempre nova a forza de Deus que ven a nos. E isto require de nós unha actitude dinámica, d estar sempre abertos ao que Deus nos pide e ao que os demais demandan de nós. Por iso non vale inmobilismos, rutinas, comodidades. O amor transforma e renova todo. Que esta celebración nos faga ser conscientes cada día mais do reto que significa amar, xa que neste xeito de vida en profundidade é onde os demais nos recoñeceran como cristiáns e non no fasto, na liturxia desmedida e no moito larear. O PERDÓN · Porque desexamos ser querid@s, escoitad@s, comprendid@s, animad@s e alentad@s mentres que nós non estamos dispost@s a mover un só dedo para facer o mesmo polos demais, SEÑOR, RENOVA O NOSO AMOR . · Porque n

Algo máis que cumprir (Pascua 2007)

4º domingo da Pascua 2007 Non é mellor pastor o que se limita a cumprir o mandado, senón quen é capaz de servir a quen se ve necesitado PÓRTICO Estamos tan afeitos, tamén cansos de escoitar discursos, que por moito que nos digan, todo nos vai esvarando. Fálannos os curas, os bispos, o Papa, os políticos, os mestres, os xefes no traballo, a televisión, a radio... que fartos de tanto escoitar falar, xa non prestamos atención. Porén a fe cristián baséase na Palabra. É verdade que non é unha Palabra calquera, senón a Palabra. A que nos da azos para superar atrancos e canseiras; a que nos alenta cando todo parece que se nos funde; a que nos estimula cando pensamos que a rutina non é posible superala. E esta Palabra ponnos hoxe diante dun dilema, un dilema que as veces non é doado de resolver: Como converter en vivencia, en praxe, en realidade, o que escoitamos, celebramos e compartimos nas celebracións? E non é doado, porque moitas veces aquilo que celebramos e

Botar de novo as redes (Pascua 2007)

Queremos ter unha pesca abondosa? Botade as redes e…….. Atoparedes PÓRTICO Vivimos nun mundo individualista, no que a publicidade invítanos ao éxito, a ser os mellores, os mais guap@s, a chegar á cima á costa do que sexa. E non é algo externo a nós, senón que aniña no profundo do noso corazón: sen Deus, ou lembrándonos só cando nos faga falla podemos vivir, sen os demais, tamén, con nós mesmos valemos abondo, somos maioría absoluta. A celebración de hoxe quere ser unha invitación a descubrir que para nós, os cristiáns, é o Pai quen completa as nosas obras, é o espírito quen nos da a forza para realizalas e é Xesús o que nos acompaña. Que é a pascua senón, un camiñar con Cristo resucitado e un camiñar coa comunidade que vive lediciosa a súa fe?. PERDÓN ♱ Polas veces en que vivimos ao marxe de Deus, sen lembrarnos de que é el o que acompaña e sostén as nosas obras. SEÑOR, ENDEREITA O NOSO CAMIÑAR . ♱ Porque non sabemos aceptar a conversión dos nosos irm@s

A novidade de Deus no camiño da comunidade

A COMUNIDADE, LUGAR DE ENCONTRO PÓRTICO Xa podemos esquecernos de pensar so en nós, na nosa fe, na nosa oración, na nosa misa, no noso domingo, no... “meu”. A Pascua, a resurrección que vimos de celebrar, invítanos a mirar en común, a expresar a nosa fe en comunidade, xa que é nesta onde se aparece o resucitado, na reunión orante dos discípulos. E tamén no domingo, como día por excelencia, como actualización da resurrección. Xesús quere resucitar no medio da asemblea que se reúne para, xuntos, celebrar a súa fe e acoller a tod@s. Que esta celebración nos faga ser conscientes de que so en comunidade poderemos experimentar a resurrección e a vida de Xesús. PERDÓN (Aspersión) Porque moitas veces somos incrédulos ante os teus sinais, cústanos recoñecerte nós demais, especialmente naqueles que poden comprometernos ou querer de nós tempo e esforzo. SEÑOR, LAVANOS DO NOSO MEDO. Porque non nos cremos que ti poidas actuar por nós, porque non poñemos interese en escoitar aos demais, nin en acoll

A alegría da Pascua algo ten que cambiar na nosa vida

XESÚS RESUCITOU: SE CREMOS ESTA BOA NOVA,ALGO TEN QUE CAMBIAR NA NOSA VIDA PÓRTICO Hoxe celebramos a Pascua, a festa das festas, porque é o día da resurrección do Señor. Por iso hoxe, ceos e terra cantan o aleluia, expresión de ledicia que significa “ loade ao Señor”. Celebramos hoxe o feito central da nosa fe: que Cristo, despois da súa crucifixión, morte e sepultura, “resucitou ao terceiro día”. Cunha conciencia clara de que non podemos esgotar o contido desta festa de hoxe nun día, senón que ten que encher a nosa existencia, e ser pulo para ir cambiando, comecemos esta celebración. O PERDÓN ð Porque quedamos instalad@s no Venres Santo, na morte, no sufrimento, na dor… e non camiñamos cara á Pascua, que é forza para ir cambiando esas situacións en vida, SEÑOR, AXÚDANOS A CAMBIAR. ð Por tantas incoherencias, por tanta falla de amor, por tantas actitudes da nosa vida coas que non damos testemuño de que a túa resurrección abriunos un novo camiño, CRISTO, AX