Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2014

Pedro e Paulo testemuñas

DEUNOS AS CHAVES NON PARA PECHÁRMONOS CON ELAS E FACER DEFENSAS NUMANTINAS, SENÓN PARA ABRIR PORTAS E VENTÁS QUE FAN POSIBLE O DIÁLOGO CUN MUNDO PLURAL NO QUE TOD@S SOMOS IMPORTANTES...AÍNDA QUE NINGUÉN É IMPRESCINDIBLE Descarga o arquivo Lecturas ESCOITA ACTIVA A imaxinería relixiosa sempre representa a Pedro cunhas chaves na man. Esta representación ten a súa orixe no Evanxeo que hoxe imos proclamar na celebración: Xesús entrégalle as chaves. Pero contra o que moitas veces se ten interpretado, estas chaves non son para pechar portas e ventás e atrincheirarse fronte ao mundo, senón todo o contrario: son as chaves que abren portas e ventás para permitir o diálogo, o encontro e a comunicación con outras maneiras de pensar, con outras concepcións antropolóxicas ou con outras propostas morais. O Evanxeo, porque é alegría e gozo, ofrécese sempre como camiño de encontro e entendemento, é comunicación e diálogo. Que mellor día ca hoxe, no que celebramos a festa de Pedro e Paulo, pa

Corpus A

BEBAMOS DA FONTE DA EUCARISTÍA, FONTES DE DEREITOS E DIGNIDADE COMPARTIDA Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA Na celebración desta mañá, celebración do Corpo e Sangue do Señor, o pan da Eucaristía faise de novo presenza e compromiso. Presenza porque Deus volve querer quedar entre nós dun xeito vivo e real: no pan ofrecido e acollido para ser logo compartido con quen o necesite. Compromiso porque canto celebramos non queda dentro das paredes do templo, senón que ten que movernos a ser pan para quen o precise. Pan de xustiza, pan de fraternidade, pan solidario, pan de visita aos enfermos, pan de acollida a quen está só, perdido ou desorientado... pan, sempre pan que se converte en alimento que afasta de nós a tentación de que endureza pola nosa preguiza, pola nosa indiferenza ou pola nosa falta de ilusión e esperanza. O Deus convertido en pan chámanos a abrir o noso corazón para que canto fagamos sexa sempre acción en defensa daqueles que menos teñen, máis necesitan e aos qu

O Corpus outros anos

Corpus no Ciclo A Corpus 2011 Corpus 2008 Corpus no Ciclo B Corpus 2012 Corpus 2009 Corpus no Ciclo C Corpus 2013 Corpus 2010 Corpus 2007

A Trindade

CON AMOR E POR AMOR, DEUS MANIFÉSTASE E PON DIANTE NOSA UN PROXECTO NO QUE IR DESENVOLVENDO ESE AMOR Descarga o ficheiro Lecturas ESCOITA ACTIVA Nunha sociedade na que as redes sociais, en cuestións de segundos,  son quen de poñer en contacto a milleiros de persoas dun cabo a outro do mundo e de mobilizar e convocar a xente que, malia non coñecerse, comparte uns mesmos ideais; atopámonos co feito de que moita xente, moitas familias viven hoxe na máis absoluta das incomunicacións: comparten a mesma casa, a mesma mesa, o mesmo espazo…pero pouco falan e non se coñecen entre eles. Son incapaces de abrir o corazón para compartir desánimos, plans, proxectos ou ilusións. Porén, a festa que celebramos hoxe, a Trindade, vén dicirnos que o Deus que se manifesta en Cristo e que envía o Espírito para alentar a nosa vida non quere camiñar só e incomunicado, senón que entra en comuñón con nós. Que non pechemos o corazón á súa chamada. CORAZÓN MISERICORDIOSO û   Porque moitas veces ne