Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2019

25 Domingo TO C 2019

Non só se trata de migrantes... medos, caridade, persoa, humanidade, non exclusión, acollida. Porque os últimos serán os primeiros. Cantos Entrada.- Camiñarei na presenza do Señor ( 12 )
Lecturas.- Ide e pregoade ( 55 )
Ofertorio.- Con tódalas criaturas ( 22 )
Comuñón.- Non vou so ( 60 )
Oídos atentos Celebra hoxe toda a Igrexa, e en tódalas igrexas, a Xornada Mundial do Migrante e Refuxiado. O lema que propuxo Francisco para esta xornada de 2019 é: “Non se trata só de migrantes”. Con el quérenos facer reflexionar sobre o feito de que que estamos a falar de persoas non en abstracto, senón no concreto e duro do día a día da vida. Persoas que teñen familia, país, cultura, lingua, relixión, amizades, estudos e experiencia laboral... coma calquera de nós...pero que teñen que saír porque alí non poden vivir. E como comunidade que tanto ten migrado, sabemos o difícil que é saír e deixar; o difícil que é saír e non saber se volverás; o difícil que é saír a vivir coa morriña permanente de quen…

23 Domingo TO C 2019

POR QUE SEGUIMOS CONSTRUINDO TORRES?
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2) LECTURAS: Escoita ao Señor, pois El contigo está (Nº 15) OFERTORIO: Recibe Señor (Nº 31) COMUÑÓN: Todos xuntos (Nº 56)
ESCOITA ACTIVA
Que mundo estamos a construír? Temos teléfonos, tablets, ordenadores... que nos comunican con persoas que están a miles de quilómetros e nos manteñen en contacto, non físico, senón virtual, con moita xente. Pero somos cada vez máis indiferentes ao que lle pasa a quen temos ao lado, preto. É este xeito de facer as cousas o que lle queremos deixar ás xeracións que veñen tras de nós? Endurécesenos xa tanto o corazón que non nos queda nada de humanidade para botar unha parrafada, facer unha visita, provocar un sorriso ou achegarnos a que vive preto de nós , e sabemos que está sol@? A rapidez coa que vivimos, a superficialidade coa que tratamos ás cuestións fundamentais da vida do ser humano estannos a levar a esta calella na que cada vez as persoas se senten máis sol…

22 Domingo TO C 2019

Libres, xenerosos e sen medo. Como corresponde a que non se deixa vencer nin superar pola tentación do inmobilismo Cantos Entrada.- Vinda axiña (Nº 10) Lecturas.- As túas palabras, Señor, son espírito e vida (Nº 113 ) Ofertorio.- Eu soñei (Nº 58) Comuñón.- No colo de miña nai ( Nº 49)
OLLOS ABERTOS
Abrimos os ollos no comezo da celebración para mirar dentro de nós, si; pero tamén ao noso redor. Porque na vida non imos sos e só na busca do noso interese, senón que tamén descubrimos que ao noso redor hai persoas ás que necesitamos e que nos necesitan. Persoas que son agasallo, pero que tamén buscan e agradecen ser agasalladas. E para que estes pasos non se perdan no camiño, Xesús vainos acompañando e alentándonos de xeito que nin o desacougo nin o desánimo se convertan en guieiros de tristeza e de desesperanza para nós. 
Fagamos, logo, da celebración encontro, festa, participación e experiencia solidaria a trasladar ás nosas familias, cos noso veciños e sabéndonos sempre agarimos pola tenrura d…

21 Domingo TO C 2019

O medo encóllenos e fainos persoas desconfiadas e sen capacidade de reacción. A confianza danos azos para descubrir a quen camiña ao noso lado Cantos Entrada.- Camiñarei na presenza do Señor ( 12 ) Lecturas.- Ide e pregoade ( 55 ) Ofertorio.- Con tódalas criaturas ( 22 )  Comuñón.-  Non vou so ( 60 )
Oídos atentos Volvemos xuntarnos no domingo, día do Señor. Si, pero tamén xornada para compartir, dialogar, conversar sen as presas dos días da semana. Aproveitemos tamén a celebración que agora comezamos para, sen présa, dialogar co Señor desde a vida, compartindo tempo e ledicia coas persoas ás que nos unen os lazos da fe e a tarefa de ser construtores de confianza e colaboración. Corazón misericordioso
Ante os nosos medos e incertezas. Señor, grazas por collernos das mans Ante a tentación de mirar ao pasado buscando o que xa non vai volver. Cristo, grazas por collernos das mans. Ante a nosa teimosía  de non recoñecer que nos falta ilusión para seguirte e facernos dos teus. Señor, grazas por colle…

20 Domingo TO C 2019

A BUSCA DO BEN COMÚN UN COMPROMISO QUE ABRANGUE A TÓDALAS PERSOAS SEN EXCEPCIÓN Cantos
Entrada.- Que ledos (Nº 5) Lecturas.- Déixate querer (Nº 61) Ofertorio.-  Cantádelle ao Señor (Nº 23)  Comuñón.-  Pan do ceo ( Nº 53) 
Oídos atentos Volve Xesús a empregar, no Evanxeo de hoxe, unha linguaxe forte e desconcertante para insistir sobre a necesidade de acoller a fe con radicalidade, sen buscar xustificacións que a convertan nun simple entretemento de tempo e de prácticas de piedade. Acoller o Evanxeo, e con el a persoa de Xesús, esíxenos ás persoas que queremos seguilo, estar en permanente actitude de non deixar que a dignidade que El puxo en nós, e que polo tanto compartimos, sexa rebaixada por nada nin por ninguén. O fin non xustifica os medios cando falamos da defensa das persoas, de tódalas persoas. Nin as fronteiras, nin as relixións, nin os bens materiais son razón para o desprezo e a humillación dos seres humanos.
Corazón misericordioso Porque os nosos intereses pesan máis que a dignidade…