Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2019

Santiago Apóstolo 2019

O COMPROMISO COA TERRA, COA XENTE E COAS RAÍCES FAINOS SENTIR O ORGULLO DE SER DE ONDE SOMOS. PARABÉNS PARA TOD@S NÓS!!!! CANTOS Entrada.- Temos unha festa ( 6 ) Lecturas.- Escoita ao Señor ( 15 ) Ofertorio.- Na nosa terra ( 26 ) Comuñón.- Eu soñei ( 58 ) OÍDOS ATENTOS Estamos de festa, e non é unha festa calquera. É a festa da nosa Terra, da nosa xente, da nosa cultura, da nosa lingua, do noso xeito de vivir, sentir e expresar o don da vida. E cando se celebra unha festa coma esta é necesario non só celebrala, senón facelo desde a alegría do corazón, en unión con tódalas persoas que comparten con nós ser quen de ter nacido aquí, e ter gozado de todo canto temos recibido dos homes e mulleres que co seu traballo foron construíndo esta fermosísima Terra que chamamos Galicia. E que mellor que unha parte deste día o poidamos dedicar a xuntarnos e dar garzas a Deus por acompañar esta vida compartida que hoxe celebramos. E xa sabemos que se non somos capaces de sentir e celebrar cal

16 Domingo TO C 2019

DA RETÓRICA AO COMPROMISO: ABRIR, ESCOITAR, ACOLLER E ACOMPAÑAR Cantos Entrada.- Camiñando pola vida ( 9) Lecturas.- Escoita ti a Palabra de Deus ( 26 ) Ofertorio.- Señor Xesús ( 52 ) Comuñón.- Seguirei os teus pasos ( 103 ) MIRANDO ÁS BEIRAS A actualidade da Palabra de Deus é inmensa e non esmorece nunca. Poden ter pasados moitos miles de anos desde que foi proclamada, que segue a ter a mesma forza do primeiro día, á vez que invita a que esa sexa a mesma forza desde a que nós actuemos e nos esforcemos por convertela en motor das nosas ilusións e proxectos. E vén isto a conto porque escoitaremos hoxe como esa palabra nos fala de temas tan vivos e actuais neste momento como son os da acollida, escoita e muller. Tres palabras que hoxe van marcando o decorrer da nosa sociedade. Tres palabras que non son novas, pero que hoxe se comprenden desde a perspectiva novidosa da igualdade e o compromiso de non excluír nin facer de menos a ninguén. Que á luz desta pala

14 domingo TO C 2019

Deixemos que a alegría do evanxeo enchoupe cada unha das decisións que fagan posible que a felicidade sexa ben compartido desde nós e cos demais Cantos Entrada.- Non vou só ( 60 ) Lecturas.- Douvos un mandato novo ( 18 ) Ofertorio.- Acharte presente na vida (51) Comuñón.- No cola da miña nai ( 49 ) Mirando as beiras Bo día a todas e todos! O altar sempre é mesa de encontro, oración compartida, conversa persoal con Deus e presenza viva que alimenta e orienta o sentido da vida desde Xesús. El volve xuntarnos neste domingo para celebrar e compartir; para facerse presente desde a tenrura, o agarimo e a misericordia. Dispoñámonos entón a celebrar de maneira activa e solidaria, e sempre participativa, non coma simples espectadores que asisten a un espectáculo, este encontro no que nos recoñecemos, nos saudamos e damos grazas por poder facelo comunitariamente, esforzándonos en poñer o mellor de nós na busca dunha sociedade integradora e incluínte; unha sociedade