Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2023

Domingo 21 TO A 2023

  CHAVES PARA ABRIR, AIREAR E SOLEAR, CHAVES PARA ENSANCHAR A TENDA CANTO GOZOSO ·        ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9) ·        LECTURAS: Señor Xesús (Nº 52) ·        OFERTORIO: Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 33) ·        COMUÑÓN: No colo da miña nai (Nº 49) SITUÁNDONOS Cada vez resúltanos máis difícil confiar nas persoas. É certo que moitas veces as noticias que saen nos medios de comunicación non axudan a xerar confianza; pero tamén é certo que hai unha manchea de xente que traballa responsable e honestamente e que é digna de confianza. O que ocorre é que tristemente nunca son portada de revista, porque saben facer da discreción eixo da súa vida.  E se nos resulta difícil confiar nas persoas que fan connosco o camiño da vida, xa non digamos confiar en Deus “a quen non vemos”, como argumentan moitas persoas. Esixe un dobre esforzo.  Porén, o Señor segue a confiar en cada un e cada unha de nós, e hoxe dinos que nos dá as chaves que abren fiestras e portas para que o s

20 domingo TO A 2023

  MARÍA E A MULLER CANANEA: DÚAS MULLERES FORTES QUE SON EXEMPLO DE COMO ENSANCHAR A NOSA TENDA CANTO GOZOSO ENTRADA: Acharte presente (Nº 51) LECTURAS: Canta o sol (Nº 22) OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58) COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) SITUÁNDONOS O pasado martes celebrabamos a festa de María, unha mociña sinxela que co seu si cambiou a historia. Hoxe atopámonos no evanxeo cunha muller cananea, unha estranxeira, unha ninguén, mais cunha fe capaz de mover montañas. Ámbalas dúas mulleres teñen un denominador común: son mulleres fortes, mulleres valentes, mulleres que saben o que queren e que non dubidan en traballar para conseguilo. En María e na muller cananea tamén nós somos convidadas e convidados a ensanchar a nosa tenda, é dicir, a abrir as portas da nosa vida, do noso corazón, da nosa Igrexa. Porque a fe non é un privilexio para uns poucos, senón un agasallo que Deus nos fai a todas as persoas.  PEDIMOS PERDÓN *        Porque son demasiadas as veces nas que utilizamos o teu nome en va

Domingo 19 TO A 2023

Das persoas tóxicas e manipuladoras, líbranos, Señor. Cantos ​ Entrada.-  Con ledicia vamos todos ao altar  (  2) Lecturas.-   Escoita ao Señor  ( 15 ) Ofertorio.-  Cantádell e  ao Señor  ( 31) Comuñón.-  Non vou só  ( 60) Mirada agradecida Cando deixamos que o medo nos atrape, tanto a nivel social como a nivel persoal, familiar ou veciñal, a nosa vida , e a nosa relación coas demais persoas  comeza a ir por  camiño s de inseguridade, dúbida e desacougo. O medo fainos moito máis débiles  e dependentes, e a debilidade convértenos  en presa fácil para depredadores e manipuladores ,  que sempre están á espreita para enganarnos e exercer sobre nós coacción e control. E canto ten sido así poñendo a Deus polo medio! ​ Porén no evanxeo de hoxe Xesús fálalles con convicción aos discípulos e chámaos a non deixarse arrastrar polo medo, para que non caian nas redes das persoas tóxic a s, que o único que fan é querer aproveitarse das debilidades ou dos momentos de dúbida e  desconcerto. Como a Pal