Ir al contenido principal

Domingo 19 TO A 2023

Das persoas tóxicas e manipuladoras, líbranos, Señor.

Cantos

Entrada.- Con ledicia vamos todos ao altar (  2)

Lecturas.-  Escoita ao Señor ( 15 )

Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 31)

Comuñón.- Non vou só ( 60)

Mirada agradecida

Cando deixamos que o medo nos atrape, tanto a nivel social como a nivel persoal, familiar ou veciñal, a nosa vida, e a nosa relación coas demais persoas comeza a ir por camiños de inseguridade, dúbida e desacougo. O medo fainos moito máis débiles e dependentes, e a debilidade convértenos  en presa fácil para depredadores e manipuladores, que sempre están á espreita para enganarnos e exercer sobre nós coacción e control. E canto ten sido así poñendo a Deus polo medio!

Porén no evanxeo de hoxe Xesús fálalles con convicción aos discípulos e chámaos a non deixarse arrastrar polo medo, para que non caian nas redes das persoas tóxicas, que o único que fan é querer aproveitarse das debilidades ou dos momentos de dúbida e desconcerto.

Como a Palabra de Deus quere ser palabra viva que nos alente e anime tamén a nós hoxe, traballemos logo cada día para non deixar que o medo acampe nin no noso corazón nin na nosa vida. 

Corazón misericordioso

• Porque nos deixamos secuestrar polo medo e os medos. Señor, que non caiamos na desesperanza.
• Porque deixamos moitas veces que o engano nos domine. Cristo, que non caiamos na desesperanza.
• Porque non somos quen de poñer distancia das persoas tóxicas que só buscan aproveitarse de nós. Señor, que non caiamos na desesperanza.

 

 

 

Palabra proclamada

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DOS REIS

 

En chegando Elías ó monte de Deus Horeb, meteuse nunha cova e pasou nela a noite. Chegoulle a palabra do Señor e díxolle

"Sae de aí e fica de pé no monte, diante do Señor. Porque o Señor vai pasar".

Nisto veu un rexo furacán, que fendía os montes e cuarteaba os penedos dediante do Señor. Mais non estaba o Señor no furacán. Despois do furacán houbo un tremor de terra; mais tampouco no tremor de terra estaba o Señor. Despois do tremor de terra veu un gran lume; mais non estaba no lume o Señor. Despois do lume oíuse o murmurio dunha airexadiña suave. En canto Elías o sentiu, tapou a cara co manto, saíu fóra e ficou en pé, na entrada da cova. Palabra do Señor.

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

 

Irmáns e irmás:

Coma discípulo de Cristo digo a verdade, non minto, e dáme disto testemuño a miña propia conciencia, alumada polo Espírito Santo: que teño moi grande dor e o meu corazón sofre seguido. Quixera ser eu mesmo maldito, apartado de Cristo, por mor dos meus irmáns, os meus parentes de estirpe. Eles son israelitas e a eles pertencen a adopción filial, a gloria de Deus e as alianzas, a lexislación, o culto e as promesas; a eles pertencen os patriarcas; e deles vén Cristo coma home. O Deus que está sobre todo, sexa bendito polos séculos. Amén. Palabra do Señor.

 

 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

En canto quedou farta a multitude, Xesús mandou ós seus discípulos que embarcasen e que fosen diante para a outra banda, mentres el despedía a xente. Despois de despedila, subiu ó monte para orar el só, e alí colleuno a anoitecida.

E, xa a moitos metros no medio do mar, as ondas batían na barca, pois levaban o vento en contra. O riscao día, Xesús foi cara a eles, camiñando polo mar. E, os discípulos, véndoo camiñar polo mar, asustáronse dicindo: "é unha pantasma", e, cheos de medo, empezaron a berrar. De seguida faloulles Xesús dicindo:

Tranquilos, non teñades medo, que son eu.

Respondeulle Pedro:

Señor, se es ti, mándame que vaia onda ti, camiñando pola auga.

El díxolle:

Ven.

Baixou Pedro da barca, e púxose a camiñar pola auga, dirixíndose a Xesús. Pero, ó senti-lo vento forte, colleu medo, empezou a afundirse e púxose a berrar:

¡Señor, sálvame!

Axiña Xesús, dándolle a man, agarrouno e díxolle:

Home de pouca fe, ¿por que dubidas?

E ó subiren eles á barca, quedouse o vento. Os que estaban na barca prostráronse ante el dicindo:

Realmente ti es Fillo de Deus. Palabra do Señor.

 

Palabra remoída

• Sae da cova”. Elías sente que a voz de Deus vai resoando dentro de si, e descobre que esa voz chámao a saír da cova. É dicir, saír das súas zonas de conforto, dos seus costumes e ritos, do seu facer as cousas coma sempre, para comezar de novo e doutro xeito. Por iso sae da cova e ponse na porta para descubrir que a presenza do Señor non se pecha nin en covas nin en teimas que tantas veces inhiben, empobrecen e fan que a vida sexa plana e sen incentivos nin horizontes polos que traballar e cara onde ir. Pois do mesmo xeito que ocorreu con Elías, tamén o Señor hoxe nos fala a nós para que saiamos da nosa cova particular; para que saiamos desas formas que nos converten en persoas só movidas pola rutina, as costumes de sempre e a falta de ilusión e esperanza para romper con situacións que o único que nos producen é dor, desacougo e toxicidade. Tamén esta saída da propia cova vainos chamando a non deixarnos levar da preguiza de quen se relaciona coas demais persoas por interese e sen ser capaces de ver nesa outra persoas alguén igual, unha filla e fillo de Deus. 
• Os medos, sempre paralizantes, o único que conseguen é domesticarnos para que aquelas persoas que exercen, e que ben o fan!, de manipuladores e manipuladoras profesionais se vaian aproveitando de nós. Da nosa inxenuidade, da nosa incapacidade para apostar por camiños novos, da nosa inseguridade á hora de propoñer retos ilusionantes; de todo canto nos faga persoas activas e dispostas a dar o mellor de nós. O medo vainos apartando, vainos tirando para atrás, vainos convertendo en persoas incapaces de crer que todo é mellorable, inda que a mellora non teña que acadar o sublime. Fronte a isto precisamos tomar conciencia da importancia de ter que saír da cova, das nosas covas particulares e paralizantes. Das nosas covas que nos fan persoas entristecidas e faltas de entusiasmo; das nosas covas que nos levan a ter miradas de desacougo e distancia respecto do mundo no que estamos; das nosas covas, que ao final, non fan máis que escurecer a quentura dos nosos corazóns e nos enchen de desconfianza fronte a todo e todos.
• Neste saír das nosas propias covas e medos, é Xesús o que no evanxeo de hoxe nos di que non nos deixemos vencer polos nosos medos; que non caiamos nese desapego que nos fai persoas desconfiadas e pouco convencidas de que a fraternidade é capaz de vencer o enfrontamento; que a paz é posible de ila construíndo a pesares da violencia; de que a confianza non pode vencer diante da confianza e o respecto. E dínolo non unha pantasma, como coidaban os apóstolos, senón aquel que foi quen de pasar mirando aos lados e tendendo a man. Aquel que non se deixou nin vencer nin amedrentar polas presións; aquel que que, como lle preguntou a Pedro, tamén nos pregunta a nós: por que dubidades? Por que dubidas? Por que non confías? Por que o mesturas todo? Somos diversos, pero plurais; somos distintos, pero enriquecéndonos unhas persoas a outras; somos tentados pola preguiza, o individualismo, a présa... pero somos quen de ter a capacidade de non deixarnos vencer por elas. Saiamos das nosas covas, superemos as desconfianzas, apostemos pola capacidade e posibilidade de facer cousas novas e distintas!

 

Oración compartida

Porque Deus segue a ofrecernos a súa confianza e a tendernos a súa man, somos quen de dicir: Señor, que saiamos das nosas covas.

• Porque nos invitas, a pesares das nosas inseguridades e medos, a ser Igrexa en saída e compromiso de fraternidade. Oremos. Señor, que saiamos das nosas covas.
• Porque nos vas chamando a superar desconfianzas para apostar pola escoita e o acompañamento no trato entre todas e todos nós. Oremos. Señor, que saiamos das nosas covas.
• Porque segues a pedirnos que non nos deixemos vencer pola mirada negativa a catastrófica do mundo, e vasnos chamando a esforzarnos por ser persoas alegres, anovadoras e sensible a canto pasa ao noso redor. OremosSeñor, que saiamos das nosas covas.

Grazas, Señor, por invitarnos a saír da cova e poñernos en camiño de superación. Por Cristo o noso Señor. Amén.

Acougo interiorizado

A persoa que queda caída xa se retirou da vida, pechou a esperanza, pechou a ilusión e aí queda caída. E cando vemos caer a algúns dos nosos amigos, que temos que facer? Levántalos!, levántalos. Cando tes que levantar ou axudar a levantar a unha persoa, que xesto fas? mírao de arriba a abaixo, a única oportunidade, a única vez que é lícito mirar a unha persoa de arriba a abaixo é para axudala a levantarse.

Camiña. E se caio, axúdame a levantarme, porque non hai teoría nin mestradoque nos ensine a andar na vida. Iso aprendese. Aprendes dos teus pais, aprendes dos teus avós, aprendes dos teus amigos collidos da man. Na vida aprendes e iso é adestrar no camiño.( Francisco)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Trindade 2023

Deus sempre é comuñón sinodal: Pai, Fillo e Espírito Santo CANTOS Entrada.-  Camiñarei  (  )          Lecturas.-  As túas palabras Señor son espírito e vida  (  )          Ofertorio.-  Recibe, Señor  (   )          Comuñón.-  No colo de miña nai  (  ) OÍDO Á ESPREITA          Comezabamos cantando camiñarei na presenza do Señor. Si, porque é a súa presenza a que nos vai alentando e animando neste noso camiñar cotián; un camiñar que non sempre é doado, pero si está sempre acompañado pola súa presenza. Porque, nunca, nunca camiñamos sos. O  Deus Pai ,  Fillo  e  Espírito Santo móstrannos o seu amor facéndose compaña agarimosa. E se nós non camiñamos sos, tampouco o fan os demais, porque Deus sempre está, inda que moitas veces non queiramos recoñecelo.          Nesta mañá na que nos xuntamos para celebrar a fe esforcémonos por descubrir a súa presenza neste nos camiñar. Para que non camiñemos nunca ao chou, e si seguindo as pegadas daquel que sempre estira a man cara nós para que a collamo