Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2019

13 domingo TO C 2019

Necesitamos crear, cada día, refuxios desde os que acoller e   facer ver o rostro do Deus que se fixo dos nosos Descarga o ficheiro Cantos Entrada.- Vaiamos ao altar  ( 133 ) Lecturas.- Protéxeme, meu Deus, que refuxio en Ti Ofertorio.-   Grazas, Señor, na mañá  (117 ) Comuñón.- Déixate querer  ( 61  ) Mirada en derredor      A separación entre a fe e a vida é unha das fendas á que non acabamos de darlle resposta os cristiáns hoxe en día. Cada vez o noso actuar afastase máis das pegadas deixadas por Xesús; e facémolo de tal xeito que mesmo atopamos sempre escusas que xustifiquen este afastamento. Por iso, se queremos vivir o presente do Evanxeo, temos que preguntarnos de que xeitos nós, coas nosas decisións e a coherencia do noso actuar, estamos sendo semente de presenza de Cristo no medio do mundo. É tempo xa de deixar de botarlle a culpa aos demais e de queixarnos dos que non veñen, para pasar a preguntarnos por que non están. Quizais a nosa falta de testemuño teña

Trindade 2019 C

CAMIÑANDO NA SINODALIDADE DO DEUS QUE ROMPE CO INDIVIDUALISMO DE QUEN SE CRE ÚNICO E EXCLUSIVO CANTOS ENTRADA .-  Que ledos ( 5 ) LECTURAS .- Señor, Deus noso, que admirable é o teu nome en toda a terra OFERTORIO .-  Pan do ceo, pan de vida ( 53) COMUÑÓN .- Eu soñei ( 58 ) OÍDOS ATENTOS Rematado o tempo da Pascua, comeza agora o momento no que toda a forza da esperanza acollida e celebrada temos que ila convertendo en acción e compromiso desde o noso actuar no medio do mundo. E isto non o podemos facer nin ao chou nin de maneira individual, senón desde a sinodalidade de quen camiña xunto cos demais, ao estilo da relación de amor e compromiso da Santísima Trindade. Do Pai que na comuñón de amor nos mostra a súa xenerosidade, no Fillo enviado e acollendo na fraternidade, e na presenza do Espírito Santo que alenta e rompe a tentación da rutina e o retrouso permanente de quen vive na desgana e o desencanto. A festa de hoxe é chamada permanente a revisar, renovar e recond

Pentecoste 2019 C

Da mocidade á madurez. Tempo de autonomía responsable Cantos     Entrada.- Camiñando pola vida  ( 9 )     Lecturas.- Manda o teu Espírito   ( 126 )     Ofertorio. - Eiqui están, Señor  ( 32  )     Comuñón.-   Quédate, Señor, connosco    ( 63 ) ABRINDO OS OLLOS E MIRANDO AOS LADOS     Pentecostes é para as persoas crentes a chegada á “maioría de idade”, o tempo de voar por conta propia sen ter ao lado tutelas que digan, marquen, impoñan ou controlen. É o tempo do discernimento e madurez. Pero neste proceso non nos sentimos perdidos, ao pairo; ao noso lado sentimos a forza da presenza do Espírito Santo que está sen deixarse ver. Respondamos entón a esta confianza que Deus depositou en nós para seguir sendo testemuñas da súa proposta de caridade e xustiza xunto cos homes e mulleres do noso tempo. CORAZÓN MISERICORDIOSO Por deixarnos ir na comodidade dunha fe infantil e inmatura; SEÑOR, QUE NON SEXAMOS CRISTI@S INMADUR@S. Por non querer poñer en relación o Evan

Ascensión 2019 C

O paradoxo da fe: dor e esperanza; morte e vida; voume pero estarei... Cantos Entrada .- Camiñando pola vida ( 9   ) Lecturas .- Señor Xesús, bendito sexas ( 52   ) Ofertorio. - Acharte presenta na vida ( 51) Comuñón. - Ide e pregoade ( 55) Oídos atentos          O mundo vaise construíndo desde os contrarios: luz e tebra; acerto e erro; alegría e tristura; paz e violencia; acollida e rexeitamento... o importante en todo este proceso é non esquecer que nada, por moi implicados que nos sintamos, é para sempre. Que somos pés en permanente camiño, que os nosos logros non deixan de ser pequenas achegas de continuidade que outr@s nos deixaron para que tamén nós volvamos deixar. Por iso non paga a pena gastar nin tempo nin esforzo e enerxías en enfrontarnos uns aos outros, porque estamos de paso. Un paso que, se somos capaces de dalo sen torcernos, vai deixando pegada de salvación e sentido que fai que non nos perdamos. Celebremos entón a presenza de Deus