Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2017

12 Domingo TO A 2017

TRABALLEMOS BUSCANDO CANTO NOS UNE, PARA FACER DA RELIXIÓN UN CAMIÑO DE ACHEGA E NON DE ENFRONTAMENTO Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5) LECTURAS: As túas palabras OFERTORIO: Velaquí, Señor, o viño (Nº 37) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA Pecado e graza contrapóñense de novo hoxe nos textos que imos proclamar ao longo da celebración. Si, porque o pecado pon de manifesto a nosa limitación, a debilidade, a capacidade que temos de ser falibles, de equivocarnos, de non estar permanentemente na verdade nin de dar sempre a resposta acertada. O pecado, e isto non debera sonar raro, fainos poñer os pés no chan e descubrirnos humanos; superando a tentación, tan ao uso hoxe en día, do endeusamento; da substitución de Deus por nós mesmos, autodándonos aires de grandeza, superioridade e igualdade a Deus. Namentres nós actuamos así moitas veces, Deus móstrasenos coma un de nós,

Corpus 2017

No mundo líquido e individualista, construamos cultura de compaixón e achegamento  Descarga o ficheiro CANTOS Entrada: Que ledicia miña (Nº 4) Lecturas: Escoita ti (Nº 26) Ofertorio: Ti es o pan do ceo ( Nº 54) Comuñón: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53) ESCOITA ACTIVA          Hoxe é o día do Corpus Christi, do Corpo de Cristo; a festa da Eucaristía. E todos os anos neste día os bispos españois escriben un texto coa finalidade de que nos axude a entender e celebrar con verdadeiro sentido cristián esta festa relixiosa e cristiá. O deste ano ten coma título: “ Chamados á comuñón ". Con el quérennos lembrar que sen capacidade para atoparnos, camiñar xuntos, saber comprendernos, ser xenerosos, poñer a nosa mirada e o corazón no facerlle o ben a quen vemos que se sente necesitado, ou esforzarnos para que o perdón e a misericordia estean por riba da vinganza, o comentario ferinte ou as palabras fóra de ton; sen todo iso, non pode haber Eucaristía.

Trindade 2017

UN DEUS QUE NON QUERE CAMIÑAR SO Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO     ENTRADA: Que ledicia a miña     LECTURAS: Canta aleluia     OFERTORIO: Na nosa terra     COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas ESCOITA ACTIVA Nunha sociedade na que as redes sociais, en cuestións de segundos son quen de poñer en contacto a milleiros de persoas dun cabo a outro do mundo e de mobilizar e convocar a xente que, malia non coñecerse, comparte uns mesmos ideais; atopámonos co feito de que moita xente, moitas familias viven hoxe na máis absoluta das incomunicacións: comparten a mesma casa, a mesma mesa, o mesmo espazo… pero pouco falan e non se coñecen entre eles. Son incapaces de abrir o corazón para compartir desánimos, plans, proxectos ou ilusións. Porén, a festa que celebramos hoxe, a Trindade, vén dicirnos que o Deus que se manifesta en Cristo e que envía o Espírito para alentar a nosa vida non quere camiñar só e incomunicado, senón que entra en comuñón con nós