Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

3 Pascua 2020 A

Rezando na Casa (Neste terceiro domingo de Pascua , volvemos buscar un lugar tranquilo para rezar. Poñemos, coma o outro día un pano branco sobre unha mesa, acendemos unha candea e colocamos ao lado un vaso con un pouco de auga). No nome do Pai... Canto.- Acharte presente na vida, fiarme de Ti sen te ver, levar unha luz acendida, querer e deixarse querer . Abrirche se petas na porta, deixarte sentar no meu lar, saber o que oírte me aporta, quedarme contigo a rezar. LUZ DE ESPERANZA CON OLLOS DE MISERICORDIA Escoitaremos no Evanxeo de hoxe que o recoñeceron ao partir o pan; no encontro da comunidade, no sabernos unid@s a pesares das distancias. Porque comunidade non é estar nun espazo, senón aprender a compartir o vento que vai chegando de moitos lados para facelo comunitario: tod@s a unha desde lugares diferentes. No debuxo que está ao principio da páxina dísenos que resurrección é facer nacer cousas novas. A isto nos invita este tempo de Pascua: á creatividade,

2 Domingo Pascua 2020 A

(Neste segundo de Pascua, tamén domingo da Divina Misericordia, buscamos un lugar tranquilo para rezar. Poñemos, coma o outro día un pano branco sobre unha mesa, acendemos unha candea e colocamos ao lado un vaso con un pouco de auga - ). No nome do Pai... Canto.-            Bendito ti, Xesús resucitado,     coas feridas da lanza e máis dos cravos.     Bendito, para sempre ti es loado.     Bendito ti, Xesús, resucitado. Luz de esperanza con ollos de misericordia     Seguimos compartindo este noso ser Igrexa Doméstica desde o lugar que mellor o expresa e fai visible: as nosas casas. Facémolo ao estilo dos primeiros cristiáns, unid@s e reunid@s en torno á palabra escoitada e compartida; Palabra que nos chama a poñela en práctica a través das nosas accións e comportamentos. Fagámolo desde a misericordia do Deus que  urxe a escapar da tentación de criticar sen facer, de  falar sen coñecer. O noso ha ser un esforzo constante por ser testemuñas do que cremos coa coherencia de dic

Domingo de Pascua 2020

“ Rezando na casa” (Se fose posible, poñeriamos unha mesa con un mantel branco e unha candea aínda sen prender, símbolo da vida nova que comeza coa resurrección de Xesús. Tamén podemos poñer, se é que a hai, un anaquiño de rosca, que nos lembrará as moitas veces que neste día a temos compartido logo da celebración na igrexa) No nome do Pai... Canto.-  Hoxe o Señor, resucitou dándolle ao mundo paz e amor. Alegría e paz, Irmáns, que o Señor resucitou. Traede para quen escoite palabras de luz Comezamos, coa calma que nos trae Xesús; calma que esta mañá de domingo en confinamento, nos invita a poñernos na presenza e na man de Deus para compartir a alegría da resurrección. O triunfo da vida sobre a morte, da alegría sobre a tristeza, da esperanza sobre o desespero e o pesimismo. É domingo de Pascua, volvemos comezar o ciclo da construción da nosa vida desde a luz da vela pascual que temos ao lado, e que, sempre prendida nos vai dicindo que inda que os ca

Venres Santo 2020

“ Rezando na casa” No Nome do Pai... ( Se é posible, poñemos nunha mesa un mantel branco e unha cruz) Canto.- Acharte presente na vida,fiarme de Ti sen te ver, levar unha luz acendida,querer e deixarse querer. Abrirche se petas na porta, deixarte sentar no meu lar, saber o  que oírte me aporta, quedarme contigo  a velar. Un camiño sempre aberto Palabra e Cruz son os eixes sobre os que xira este momento de oración, do Venres Santo, que agora comezamos. Palabra que nos chega desde un pequeno fragmento da Paixón segundo Xoán; e Cruz que que é dor, non podemos negalo, pero tamén é esperanza. A esperanza que da sentido ao esforzo de tod@s cantos poñen a súa vida a carón das vidas que están a pasar pola experiencia de dificultade, dor, enfermidade, abuso, explotación, engano... e neste momento pola cruz da enfermidade do coronavirus. Cruz para el@s, si. Pero tamén para os seus familiares. Cruz para todas e todos nós confinad@s nas nosas casas desde a solidari

Xoves Santo 2020 na casa

( Se fose posible, poñemos no lugar onde imos rezar unha mesa con un mantel branco, e sobre ela un anaco de pan e un vaso de viño) “ Rezando na casa” No nome do Pai... ( Música de Onda ti...) Nesta tarde de gloria e de festa, recordamos ao amigo Xesús,  na súa cea cos seus compañeiros, pouco antes de morrer por nós. Cos seus feitos, coas  súas palabras, ensinounos a todos Xesús,que servindo a amando aos veciños, faise aquí a vontade de Deus . Aquecendo o corazón Na sinxeleza da casa volvemos esta tarde rezar, persoal ou comunitariamente, ao Deus que se fai presenza nos descartad@s do mundo, nos enfermos e persoas solas desde a sinxeleza do pan e do viño fai visible o amor entregado no servizo aos demais. E Xoves santo, vivámolo como nos invitala Xesús a vivilo: no recoñecemento do outro coma un irm@n. Mirando ao noso interior Por ternos soltado da túa man e ter perdido o norte da nosa. Señor, que deixemos atrás os arroutos. Porque as nosas palabras non teñen servido para a

Domingo de Ramos 2020 A

( Se é posible, poñemos unha rama, non necesariamente de oliveira, no lugar onde imos rezar) Domingo de Ramos “ Rezando na casa” No Nome do Pai... Canto.- Moito me alegrei, cando me dixeron, Rezamos na casa, pois é casa do Señor.( Bis)                 Aquecendo o corazón Despois dun final de Coresma atípico, celebramos hoxe este Domingo de Ramos, tamén atípico. Non polo que compartimos e agradecemos, senón por facelo desde a nosa casa, a “Igrexa Doméstica”. A Igrexa onde vivimos e convivimos, onde nos alegramos e , as veces, tamén discutimos; onde somos familia e sentímonos familia axudándonos, corrixíndonos e facendo da nosa convivencia unha experiencia de comunicación, escoita e diálogo. Que mellor, entón, que neste ser “Igrexa Doméstica” recemos nesta mañá de domingo e , coma Xesús, entremos na Xerusalén que nos acolle e canta o gloria da esperanza. Bendición Señor, imos comezar este momento de oración, sabendo que Ti nos acompañas. Pedímosche que a túa ben