Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2020

21 domingo TO A 2020

CHAVES PARA ABRIR, AIREAR E SOLEAR, E NON CANDADOS PARA PECHAR A CAL E CANTO
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5)LECTURAS: A túa Palabra (Nº 25) OFERTORIO: Velaquí, Señor (Nº 37)COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADECada vez resúltanos máis difícil confiar nas persoas. É certo que moitas veces as noticias que saen nos medios de comunicación non axudan a xerar confianza; pero tamén é certo que hai unha manchea de xente que traballa responsable e honestamente para facerlle a vida agradable aos demais e que son persoas dignas de confianza. O que ocorre é que tristemente nunca son portada de revista, senón que o seu é un traballo calado, pero sempre eficaz.
E se nos resulta difícil confiar nas persoas que fan connosco o camiño da vida, xa non digamos confiar en Deus “a quen non vemos”, como argumentan moitas persoas. Esixe un dobre esforzo.
Porén, o Señor segue a confiar en cada un e cada unha de nós, e hoxe dinos que nos dá as chaves que abren f…

20 Domingo TO A 2020

A FE NON É UN PRIVILEXIO PARA UNS POUCOS ELIXIDOS, SENÓN QUE É UNIVERSAL 
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Acharte presente (Nº 51)LECTURAS: Camiñar sen Xesús (Nº 68) OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58)COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADEEstamos ante unha fin de semana na que a Palabra que nos convoca ten, se cadra máis ca nunca, rostro de muller. Si, porque mulleres son as protagonistas das lecturas que proclamamos onte e hoxe: María, a nosa nai e unha anónima muller cananea que se achega ao Señor para pedirlle a curación da súa filla. Dúas mulleres sinxelas, dúas mulleres fortes, dúas mulleres decididas, dous xeitos de entender a vida e un eixo común a ámbalas dúas: a fe nun Deus que se achega a elas con naturalidade e que non fai distingos por mor do xénero.Que a Palabra que imos proclamar e que nos convoca aquí nesta mañá de domingo, nos axude a que, seguindo o exemplo de Xesús, sempre traballemos pola igualdade e a naturalidade nas relacións entre seres corresponsables.RENOVAN…

Asunción 2020

SUPERANDO A TENTACIÓN DA PREGUIZA, POÑÁMONOS TAMÉN NÓS EN CAMIÑO
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Xa nos tes aquí (Nº 71)LECTURAS: Salve, Raíña (Nº 73) OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36)COMUÑÓN: Esa é María (Nº 72)
CELEBRANDO A ACOLLIDAAcostumad@s como estamos a escoitar as mesmas palabras a políticos, curas, bispos, artistas... moitas veces xa non nos damos conta do sentido e significado xenuíno que teñen. E ocórrenos así porque a medida que pasa o tempo deixámonos ir polos vieiros da rutina, o costume ou o ritualismo, o que vai facendo que desenganchemos do importante e acabemos confundindo o principal co secundario.Cando isto pasa no ámbito da fe, acabamos converténdonos en consumidores de tradicións, pero non en testemuñas ledas da proposta de xustiza e compromiso transformador do mundo e das súas estruturas, á que nos invitaba Xesús de Nazaré.E hoxe, se non lle poñemos atención, pode ocorrernos que celebremos esta festa do quince de agosto como unha rutina máis no calendario, litúrxico ou civil,…

19 Domingo TO A 2020

ONDE ATOPAR A DEUS?. NAS PERSOAS QUE AMAN E NAS QUE PRECISAN AMOR Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSOENTRADA: Déixate querer (Nº 61)LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27)OFERTORIO: Non vou so (Nº 60)COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADEA historia da Igrexa, a nosa historia, ten luces e sombras. Pero unha cousa está ben clara: cando triunfou o orgullo, a prepotencia, o dominio sobre as persoas, o avasalamento das conciencias… en realidade, a grande derrotada foi a Igrexa. Pola contra, cando foi perseguida e marxinada, cando permaneceu fiel ao ideal evanxélico de pobreza, de diálogo, de apertura, de comprensión… entón si podemos falar de verdadeiro triunfo da fe.A Palabra que hoxe escoitaremos é un bo punto de partida para examinar a nosa historia e para examinarnos tamén a nós mesmos. Sen o poder nas mans, alomenos sen o poder doutros tempos, onde quedou a nosa fe?. Esta é a pregunta que hoxe estamos chamad@s a responder. Camiñemos sen medo cara Aquel que …