Ir al contenido principal

19 Domingo TO A 2020

ONDE ATOPAR A DEUS?. 

NAS PERSOAS QUE AMAN E NAS QUE PRECISAN AMOR

CANTO GOZOSO

  • ENTRADA: Déixate querer (Nº 61)

  • LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27)

  • OFERTORIO: Non vou so (Nº 60)

  • COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)

POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADE

A historia da Igrexa, a nosa historia, ten luces e sombras. Pero unha cousa está ben clara: cando triunfou o orgullo, a prepotencia, o dominio sobre as persoas, o avasalamento das conciencias… en realidade, a grande derrotada foi a Igrexa. Pola contra, cando foi perseguida e marxinada, cando permaneceu fiel ao ideal evanxélico de pobreza, de diálogo, de apertura, de comprensión… entón si podemos falar de verdadeiro triunfo da fe.

A Palabra que hoxe escoitaremos é un bo punto de partida para examinar a nosa historia e para examinarnos tamén a nós mesmos. Sen o poder nas mans, alomenos sen o poder doutros tempos, onde quedou a nosa fe?. Esta é a pregunta que hoxe estamos chamad@s a responder. Camiñemos sen medo cara Aquel que nos abriu o camiño.

RENOVANDO O CORAZÓN

  • Porque as nosas présas no cumprir externo fannos esquecer a importancia do compromiso da fe na vida, SEÑOR, QUE ACOUGUEMOS EN TI.

  • Porque seguimos crendo que o noso ritualismo baleiro, o noso cumpro e minto, as nosas pompas e boatos… nos achegan a Ti, cando a realidade é que é na sinxeleza da vida cotiá onde te fas presente, CRISTO, QUE ACOUGUEMOS EN TI 

  • Porque nos falta fe que encha a nosa vida de esperanza e de confianza para sermos capaces de sobrepoñernos ás dificultades da vida sen afundirnos, SEÑOR, QUE ACOUGUEMOS EN TI 

REMOENDO NA PALABRA

  • O Señor non está nin no furacán, nin no tremor de terra, nin tampouco no lume devastador”: Que difícil nos resulta aos cristiáns e ás cristiás dos nosos días acompasar o que vimos de escoitar no libro dos Reis co que está a suceder na nosa sociedade e, polo tanto, na nosa Igrexa. Resulta difícil porque se nos deixamos levar do que din moitos dos “doutores da santa nai igrexa”, recolleremos os froitos que estamos a sementar, que non son outros que crispación, afastamento, desesperanza, frustración… Parece coma se Deus tivese cambiado moito nestes séculos que pasaron desde que se escribiu o libro dos Reis, cando a realidade segue a ser a mesma: Deus non está no furacán da intolerancia e da seguridade dos templos e dos rezos; nin no tremor de terra do integrismo (aínda que se autodenomine relixioso), nin tampouco no lume devastador da ditadura relixiosa e do ordeno, mando e fago saber, que pretende que vivamos nun trogloditismo teolóxico perpetuo. Adoitamos soñar co espectáculo como remedio ao noso adormecemento: grandes aparicións, apostolados en masa, multitudinarias concentracións….pero a Deus é difícil atopalo no medio destes “shows”. Grazas, Señor, por non atoparte aí!!!!!!!!!:

  • Está na airexadiña suave”: Efectivamente, Deus non se foi, está aí, na brisa morna. Non no trono do poder (onde nunca estivo), senón na cruz da marxinación á que tantos irmáns e irmás nos@s son conducid@s polo sanedrín por falar outra lingua, rezarlle a Deus con outro nome, ter outra cor de pel, ter nado muller, estar enferm@, estar no par@..... Porque Deus está na comunidade (“Onde dous ou tres se xuntan no meu nome”), nas persoas que teñen fame e sede, nas que non teñen papeis, nas que non teñen nin para vestir, nas que están no cárcere…. e naquelas que traballan polo ben da xente. Nunha palabra, Deus está na nosa tarefa cotiá, no noso esforzo real, continuo e prolongado por facer un mundo máis xusto, máis humano, máis igual, máis ecolóxico, máis fraterno.

  • Vén”: E desde aí o Señor segue a chamar por cada un e por cada unha de nós. O que ocorre é que aturuxados con tanto rebumbio ao noso redor, confundidos por tantos que se nos presentan coma únicos voceiros válidos de Deus (cando o certo é que son incapaces de escoitar a súa voz) e que só fan sementar desesperanza e desconfianza, acabamos esquecendo o fundamental: todo aquilo que somos e facemos, sómolo e facémolo porque Deus sae ao noso encontro, vén cara a nós, convértese en compañeiro de camiño…. E todo iso porque nos quere, porque arela a nosa felicidade. Por que temos tan pouca confianza nel?, por que dubidamos?, non será por que nos falta fe?. … E para construír o Reino cómpre ter fe, moita fe… e tamén creatividade, ilusión e esperanza. Deixemos atrás as nosas dúbidas, superemos a escusa fácil do “non sei/non vallo” e aprendamos a camiñar sen deixarnos afundir polas dificultades ou polos fariseos da nosa Igrexa… Non esquezamos que non imos solos.

COMPARTINDO O COMPROMISO

Poñamos agora na nosa oración comunitaria, as nosas arelas e tamén as nosas canseiras, para que o Señor nos acompañe e alente no noso esforzo por acadar unhas e superar outras, e digamos:

GRAZAS POR CHAMARNOS A UNHA VIDA NOVA

  • En demasiadas ocasións a Igrexa, especialmente unha boa parte da súa xerarquía, non é diante do mundo testemuña de sinxeleza, escoita, entendemento, paz… e semella máis preocupada por non perder poder que por vivir o Evanxeo, por iso che dicimos: GRAZAS POR CHAMARNOS A UNHA VIDA NOVA

  • Cantas veces, Señor, as nosas comunidades enfróntanse, divídense e rompen polo noso afán de protagonismo, por non ser capaces de descubrir que tod@s somos necesari@s e que ninguén é máis ca ninguén, por iso che dicimos: GRAZAS POR CHAMARNOS A UNHA VIDA NOVA

  • Señor, vivimos unha vida mediocre, agoniados por mil problemas, desesperanzad@s, sen estímulo… o que impide que sexamos no mundo testemuñas da túa mensaxe, por iso che pedimos: GRAZAS POR CHAMARNOS A UNHA VIDA NOVA

Grazas, Señor, porque a pesares dos nosos medos e dos nosos erros, segues a confiar en nós e a chamarnos cada día. PXNS. Amén.

BUSCANDO ACOUGO ESPERANZADO

TREBOADAS DE VERÁN

Con tanta protección, con tanta garantía,

con tanta defensa, con tanta muralla,

con tanto seguro, con tanto capricho…

non estamos afeit@s a bregar no mar da vida.

Calquera imprevisto, aínda o máis pequeno:

a incertidume ante o futuro, o presentemento dun cambio,

o medo ao descoñecido, unha dor fortuita,

a presenza de estranxeir@s, a sospeita de nada en concreto… 

paralízanos e prodúcenos receo.

Por que tedes medo, persoas de pouca fe?.

Só é unha treboada de verán.

Un mariñeiro medra na forte marexada,

mentres terra adentro hai quen afoga nun vaso de auga.

Os chaparróns só duran horas, nunca semanas.

E despois do temporal chega a calma.

Pode que chova moito e con forza,

ás veces é necesario para arrincar as nosas costras e as nosas teas de araña.

Pero non teñades medo….

Só é unha treboada de verán.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor