Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

5 Domingo Pascua 2021 B

  PORQUE O INMUTABLE NON É HUMANIZADOR, TRABALLEMOS POR SUPERAR A TENTACIÓN DO INMOBILISMO CANTO GOZOSO ENTRADA: Bendito ti, Xesús resucitado (Nº 111) LECTURAS: Escoita ti (Nº 26) OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32) COMUÑÓN: No colo da miña nai (Nº 49) ABRINDO O CORAZÓN Dúas visións, coido que equivocadas da vida, son tanto a que mantén que as cousas son inmutables, e canto máis mellor; como a que vive en permanente estado de cambio sen asentar en nada nin con ninguén. Nesta desconfianza era na que se movían, no principio, aqueles primeiros cristiáns, tal e como nos di hoxe a primeira lectura dos Feitos dos Apóstolos. Por iso non se acaban de fiar de Paulo, e non só de Paulo; desde el, a súa desconfianza facíaos vivir no medo aos demais, incapacitándoos para ver e comprender que as persoas cambiamos, evoluimos, imos tendo outras visións das cousas, e que non podemos vivir pegados permanentemente a posicións que non só non nos fan crecer, senón que nos empobrecen e nos manteñen nunha p

4 Pascua 2021 B

ACOLLER, ESCOITAR, ACOMPAÑAR NA FRAXILIDADE. RETOS PARA O PASTOREAR EVANXÉLICO  CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) LECTURAS : Canta aleluia (Nº 21) OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) ABRINDO O CORAZÓN Hoxe é o día do Bo Pastor. Nestas dúas palabras condénsase toda a forza da celebración deste cuarto domingo de Pascua.  É verdade que só hai un Pastor: Xesús, pero por analoxía referímonos tamén a todas as persoas que alentan, acompañan, animan e van facendo presente, ao abeiro das celebracións, a presenza de Cristo no medio de nós.  Como ocorreu naquel outro tempo cos apóstolos, tamén hoxe El se fai presente cada vez que nos recoñecemos como membros da comunidade. Fagamos entón da celebración desta mañá memoria agradecida da pegada de Xesús alentando a nosa vida e a das comunidades coas que celebramos, compartimos e vivimos as ledicias e dificultades. UN CORAZÓN MAGOADO Para que non separemos o que rezamos do que vivimos. SEÑOR, QUE TE DESCUBRAM

3 Pascua 2021 B

  PAZ: ALGO MÁIS QUE UNHA PALABRA BONITA CANTO GOZOSO ö   ENTRADA:  Que ledos hoxe estamos (Nº 5) ö   LECTURAS : Xesús é Señor (Nº 16) ö   OFERTORIO:  No colo da miña nai (Nº 49) ö   COMUÑÓN:  Pan do ceo (Nº 53) ABRINDO O CORAZÓN Porque é posible cambiar as cousas e non estancarse no mesmo de sempre, Pascua quere ser unha invitación a non esquecer esta grande mensaxe. Vexamos as cousas con ollos novos! Deixemos atrás as nosas tristuras! Poñámonos a andar! Non teñamos medo. Coma os de Emaús, que tamén nós o poidamos recoñecer ao partir o pan. Que a celebración que agora comezamos sexa para nós alento e forza para no noso camiñar cotián. UN CORAZÓN MAGOADO û    Cando nos sentimos pobres, e esperamos en Ti,  SEÑOR, FAITE PRESENTE NA NOSA VIDA. û    Cando buscamos a verdade e non calamos diante das inxustizas,  CRISTO, FAITE PRESENTE NA NOSA VIDA. û    Cando, dende a humildade e a sinxeleza, ofrecemos a nosa vida,  SEÑOR, FAITE PRESENTE NA NOSA VIDA. QUE BUSCA A QUENTURA DA TÚA PALABRA  Nó

2 Pascua 2021 B

  CAMIÑANDO CARA GALILEA RECOÑECEMOS A XESÚS RESUCITADO  CANTO GOZOSO ENTRADA: Bendito ti, Xesús resucitado (Nº 111) LECTURAS: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) OFERTORIO: Benaventurados (Nº 119)  COMUÑÓN: O amor é o meirande (nº 120) SAÍNDO DA NOSA ZONA DE CONFORTO Vivimos nun mundo no que o que non entra polos ollos non existe. Necesitamos comprobar os feitos para que estes sexan verdade. Todo se compra. Mesmo moitas veces buscamos a ledicia e a felicidade no material, no acumular, nos cartos. Non somos capaces de descubrir que nas persoas que sofren, que nas persoas desherdadas e silenciadas, está Xesús e é nas súas chagas nas que temos que meter o noso dedo e a nosa vida. Que a celebración de hoxe nos faga conscientes de que grazas á fe, temos que ser quen de descubrir a Xesús nas persoas, especialmente nas feridas. CO CORAZÓN FERIDO Pola túa resurrección que nos enche de vida; SEÑOR, ANIMA A NOSA VIDA. Pola túa resurrección, que fai de nós persoas novas; CRISTO, ANIMA A NOSA VIDA. P