Ir al contenido principal

3 Pascua 2021 B

 PAZ: ALGO MÁIS QUE UNHA PALABRA BONITA

CANTO GOZOSO

ö ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5)

ö LECTURAS: Xesús é Señor (Nº 16)

ö OFERTORIO: No colo da miña nai (Nº 49)

ö COMUÑÓN: Pan do ceo (Nº 53)

ABRINDO O CORAZÓN

Porque é posible cambiar as cousas e non estancarse no mesmo de sempre, Pascua quere ser unha invitación a non esquecer esta grande mensaxe. Vexamos as cousas con ollos novos! Deixemos atrás as nosas tristuras! Poñámonos a andar! Non teñamos medo. Coma os de Emaús, que tamén nós o poidamos recoñecer ao partir o pan.
Que a celebración que agora comezamos sexa para nós alento e forza para no noso camiñar cotián.

UN CORAZÓN MAGOADO

û  Cando nos sentimos pobres, e esperamos en Ti, SEÑOR, FAITE PRESENTE NA NOSA VIDA.

û  Cando buscamos a verdade e non calamos diante das inxustizas, CRISTO, FAITE PRESENTE NA NOSA VIDA.

û  Cando, dende a humildade e a sinxeleza, ofrecemos a nosa vida, SEÑOR, FAITE PRESENTE NA NOSA VIDA.

QUE BUSCA A QUENTURA DA TÚA PALABRA 

Nós somos testemuñas: O libro dos Feitos dos Apóstolos que estamos lendo neste tempo pascual lémbranos algo que temos un pouco esquecido: que hoxe as testemuñas de Xesús somos nós. Non é a historia da Igrexa, coas súas luces e sombras, tampouco o nome dos santos e santas que enchen os día do calendario, tampouco os grandes documentos de bispos, papas ou teólogos, e moito menos os sermóns e homilías das persoas que cada semana nos predican. Non, as verdadeiras testemuñas de Xesucristo somos cada un e cada unha de nós. Pero non unhas testemuñas de palabras, senón unhas testemuñas de vida; unha vida coa que lle imos dicindo aos demais por que cremos, como nos axuda a fe, e canto nos aporta para seguir mirando ao futuro sen medo e encarando o presente con esperanza. Sobran palabras, xa pasou o tempo delas. Hoxe o que necesitamos son historias vivas nas que mostremos que cremos no amor, que somos capaces de poñelo en práctica con quen está necesitado, que é posible abrir claros por moi pechado e cheo de nubes baixas que estea o ceo. Por iso e para iso, somos testemuñas de algo grande que non só pronunciamos cos beizos, senón que vivimos cada día da nosa vida.
Un Deus humano: Moitas persoas tenden a clasificar coma ilusorios, irreais e pantasmais os contidos da fe. Para elas, Xesús Resucitado nada ten que ver coa esfera da realidade. Porén, a fe cristiá que nace da resurrección é profundamente realista e nada ten que ver con outras opcións que parecen esquecerse da realidade. Lucas insiste en que Xesús Resucitado non é unha pantasma, indicando fisicamente que vive e que toda a súa persoa resucitou; que non é unha simple lembranza ou idea, senón o mesmo de sempre. É inútil querer experimentar a resurrección ou recoñecer ao Resucitado se non somos quen de contemplar as súas chagas, se non somos quen de compartir o que temos para comer (pan, peixe....) con quen nolo pide. Cada vez que se xunta a comunidade, cada vez que se proclama a Palabra, cada vez que un pobo traballa pola súa liberación, cada vez que compartimos cartos, alimentos, comida, tempo; cada vez que abrimos unha nova fiestra ao futuro; cada vez que superamos o medo, cada vez que somos testemuñas... aparece Xesús Resucitado, vivo. El está na humanidade doente que busca nova vida, na comunidade crente que escoita as Escrituras, no banquete das persoas que comparten o que teñen para comer e vivir.
Que trae a paz: O seu saúdo é un saúdo de paz, que encerra unha declaración de intencións: nin é nin nos quere violentos, enfrontados, egoístas, cheos de envexa... nin tampouco cheos de medo. Fronte dos discípulos, temerosos, o Resucitado danos un exemplo de entrega, decisión e superación de dificultades. Xesús escóllenos, chámanos, envíanos...Quere que sexamos testemuñas da Boa Nova: da paz, da vida, do compartir, da conversión, do perdón, da verdade...e que isto llo anunciemos a todas as persoas e en todos os lugares. Podemos ver ao Resucitado no descoñecido, no camiñante, no peregrino, no próximo.... A que esperamos?.

COA FORZA DA ORACIÓN DA COMUNIDADE

Diante túa, Señor, que te fas presente ao partir o pan e na comunidade reunida, presentamos agora a nosa oración comunitaria dicindo:
QUE LEVEMOS A ESPERANZA DA RESURRECCIÓN AO NOSO MUNDO

  • Pola Igrexa, para que mostremos a Xesús Resucitado dende unha actitude de achegamento, diálogo e respecto, valorando sempre o positivo que todas as persoas temos, OREMOS:
QUE LEVEMOS A ESPERANZA DA RESURRECCIÓN AO NOSO MUNDO
  • Polas nosas comunidades, que sexamos persoas de paz, sementadoras de esperanza, unión e reconciliación para así sermos quen de mostrar o amor de Deus con palabras e con feitos cribles, e non con ritos superficiais e baleiros, OREMOS:
QUE LEVEMOS A ESPERANZA DA RESURRECCIÓN AO NOSO MUNDO
  • Por tod@s nós, para que sexamos profetas de optimismo e de esperanza no medio dun mundo ferido de morte e desesperación, OREMOS:
QUE LEVEMOS A ESPERANZA DA RESURRECCIÓN AO NOSO MUNDO
Grazas, Señor, porque segues aparecendo nas nosa vidas e animando a nosa existencia coa túa vida e co teu espírito. PXNS. Amén

PARA CAMIÑAR CON ESPERANZA
Porque Cristo resucitou,
cremos na vida, para sempre.
Porque Cristo resucitou,
non cremos en morte ningunha para quen queira vivir.
Porque Cristo resucitou,
cremos nel.
Porque Cristo resucitou,
a forza do presente é o futuro.
Porque Cristo resucitou,
o mundo está en marcha
e non o pararán os intereses dos vencedores.
Porque Cristo resucitou
temos que construír unha cidade sen clases,
na que as persoas sexamos compañeiras e irmás.
Porque Cristo resucitou,
hai un amor e unha casa para todos.
Porque Cristo resucitou,
cremos nunha terra nova.
...E, porque cremos e esperamos,
non temos nada que conservar;
e afirmamos que o mellor xeito de conseguilo todo
é perdelo todo por unha soa causa.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel