Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2018

3 Domingo de Coresma B 2018

COMO FIXO CON ISRAEL, DEUS TAMÉN CONFÍA EN NÓS. EN TEMPOS DE TANTA DESCONFIANZA, ESFORCÉMONOS POR TRANSMITIR CONFIANZA SENDO ACUBILLO PARA QUEN NOS BUSCA E NECESITA Descarga o ficheiro
SINAL DE CORESMA Avanzamos no tempo de coresma. Neste terceiro domingo sumamos unha nova pedra ás dúas anteriores ao redor da árbore da esperanza. Colocamos o letreiro coa palabra APARENTAR. Si, porque a forza de querer estar sempre estupendos/as, acabamos distorsionando a nosa propia realidade, chegando a aparentar o que non somos, caendo así na dobre moral de quen sabe que non está sendo sincero no que di e fai. E como ben sabemos, a aparencia, antes ou despois, acaba desmontándose, quedando en nós a sensación de fracaso e soidade. Sigamos a Xesús se libremente queremos facelo, pero non caiamos na tentación de aparentar o que non somos nin estamos dispostos a ser: crentes. CANTO GOZOSO oENTRADA: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) oLECTURAS: Señor Xesús, bendito sexas (Nº 52) oOFERTORIO: Pan do ceo (Nº 53) oCOMUÑÓ…

2 Domingo Coresma 2018

Fronte á tentación da vulgaridade, Ti, Señor, empéñaste en seguir alentándonos para facer da fe sopro renovador das nosas decisións e opcións Descarga o ficheiro
SINAL DE CORESMA Continuamos, neste segundo domingo de coresma, engadindo pedras ao redor da árbore da esperanza. Esta semana colocamos o letreiro coa palabra vulgaridade. Si, porque a forza de non pensar sobre a razón e sentido da nosa fe, acabamos facendo dela unha vulgaridade, algo que non valoramos, inda que si consumimos. Por iso nesta coresma poderiamos poñer todo o noso esforzo por facer do seguimento de Xesús e da fe que iso supón, unha opción persoal, libre e responsable, que rompa coa tentación da vulgaridade e da rutina. CANTO GOZOSO oENTRADA: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) oLECTURAS: Aquí estou, Señor, para facer a túa vontade oOFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32) oCOMUÑÓN: Acharte presente na vida (nº 51) PARA NON PERDER O PASO Na Palabra de Deus que hoxe imos proclamar aparece Abraham poñéndose ao dispor de Deus. O seu “…

1 Coresma 2018

A fe non é un comercio, inda que algúns que teñen como misión achegárnola a convertan nunha profesión de taxa e estipendio

Descarga o ficheiro SINAL DE CORESMA Comezamos o tempo de Coresma. Un tempo forte que a liturxia católica volve ofrecernos para celebrar a Pascua co corazón e as actitudes dispostas a non deixarnos levar da rutina nin polo desacougo. Por iso, en tempos de reciclaxe, reutilización e redución, queremos que a árbore que no Advento nos invitaba a desprendernos das pedras escurecidas da nosa vida, nos axude ao longo desta Coresma a tomar conciencia de que non pode haber esperanza pascual se deixamos que se adhiran a nós as pedras que nos ennegrecen e nos afastan da forza e da alegría da fe. Cada domingo colocaremos ao redor da árbore unha pedra que nos lembrará que se non poñemos esforzo acabaremos facendo da fe irrelevancia en cada un de nós. Neste primeiro domingo a chamada de atención é para que non fagamos da fe un comercio. CANTO GOZOSO oENTRADA: Misioneiro (Nº 115) oLEC…