Ir al contenido principal

3 Domingo de Coresma B 2018

COMO FIXO CON ISRAEL, DEUS TAMÉN CONFÍA EN NÓS. EN TEMPOS DE TANTA DESCONFIANZA, ESFORCÉMONOS POR TRANSMITIR CONFIANZA SENDO ACUBILLO PARA QUEN NOS BUSCA E NECESITA
Descarga o ficheiro
SINAL DE CORESMA
Avanzamos no tempo de coresma. Neste terceiro domingo sumamos unha nova pedra ás dúas anteriores ao redor da árbore da esperanza. Colocamos o letreiro coa palabra APARENTAR. Si, porque a forza de querer estar sempre estupendos/as, acabamos distorsionando a nosa propia realidade, chegando a aparentar o que non somos, caendo así na dobre moral de quen sabe que non está sendo sincero no que di e fai. E como ben sabemos, a aparencia, antes ou despois, acaba desmontándose, quedando en nós a sensación de fracaso e soidade. Sigamos a Xesús se libremente queremos facelo, pero non caiamos na tentación de aparentar o que non somos nin estamos dispostos a ser: crentes.
CANTO GOZOSO
o   ENTRADA: Eu sei de quen me fiei (Nº 64)
o   LECTURAS: Señor Xesús, bendito sexas (Nº 52)
o   OFERTORIO: Pan do ceo (Nº 53)
o   COMUÑÓN: Déixate querer (nº 61)
PARA NON PERDER O PASO
         As Táboas volven poñer ante nós que a esixencia da persoa crente no Deus de Xesús non é algo periférico e aparente, senón central e real. Central porque se non somos capaces de mostrar na nosa vida, co que facemos e dicimos, que o que cremos paga a pena, dificilmente poderemos afirmar que a nosa fe en Deus é importante, fundamental na vida. A Deus non o gañamos con ritos nin con costumes, senón desde o convencemento e o esforzo de facer as cousas poñendo á persoa –toda e calquera persoa, El non fai distingos– no centro do noso actuar.
Busquemos con sinceridade, sen tentar nin enganar nin enganarnos, canto de bo podemos traer hoxe á celebración e así agradecelo e compartilo.
CO CORAZÓN FERIDO
·      Por caer no autoengano de aparentar o que nos somos; SEÑOR, EN TI POÑEMOS A CONFIANZA.
·      Por non facer do esforzo esquinal da nosa vida; CRISTO, EN TI POÑEMOS A CONFIANZA.
·      Por ser preguiceiros no traballo de unir á comunidade; SEÑOR, EN TI POÑEMOS A CONFIANZA.
UNHA PALABRA QUE AGROMA
ü Deus nin esquece nin abandona. Nós si esquecemos e abandonamos. Aquí esta o punto e contrapunto desde onde somos invitados a analizar a nosa vida. Canto construímos ou canto destruímos. A mirada que teñamos e poñemos sobre as cousas achegaranos ou afastaranos de Deus. E non vai depender de ninguén máis ca de nós. Por iso é xa tempo de que nos preguntemos: como quero construír a miña vida? Sobre a que a quero asentar? Cales quero que sexan os pilotes sobre os que se vaia desenvolvendo e aportándome madurez, sentido, esperanza e verdade? Son estas preguntas que case nunca nos facemos, pois deixámonos ir rutineiramente na sucesión dos días. A liturxia pon cada certo tempo ante nós un tempo forte para que fagamos unha paradiña, botemos unha ollada ao noso interior e nos esforcemos por ser siner@s na análise a nas conclusións. Para iso debemos estar convencid@s de querer cambiar. O proxecto que Israel descubre que lle vai dar a felicidade, tal e como escoitabamos no libro do Éxodo, pasa por poñelo en práctica no noso día a día. Non é algo teórico, ou para quedar nos papeis, senón para ser levado á vida. E ten como centro recoñecer que o outro non é cousa para nós, senón un/ha igual, un irmán/irmá co que compartimos a dignidade que Deus puxo en tod@s nós.

ü Tendo El palabras de vida eterna; é dicir, palabras que non son baleiro, palabras que non son consumo, palabras que non se din para esquecer, senón para quedar e cambiar o corazón. Estas palabras acollidas desde Xesús descubrimos, como lle dicía Paulo aos Corintios, que non son palabras consumo ou discurso, senón palabras para a vida. Para encher a vida de cada un/ha de nós de razón e sentido, palabras para superar desesperanza e cansazo; palabras para non deixarnos abater polo aburrimento. Tristemente moitas das persoas que foron acollidas na fe no bautismo, por non ser capaces, ou non ter alguén ao seu lado que as acompañara, acabaron afastándose e dándolle as costas ao proxecto fermoso e ledo que Deus en Xesús ten para nós. Ao mellor non viron naquelas persoas que os achegaron á fe o testemuño nin o sentido, senón só costume e aparencia; ao mellor tamén esperaban dos que nos chamamos seguidores de Xesús un testemuño de honestidade, coherencia, verdade, actuar xusto e respectuoso... que non fomos/somos capaces de dar; ou ao mellor, que tamén pode ser, non estaban dispostos a poñer o mellor de si para que a súa vida fose esixencia e verdade en cada cousa que fixeran. As razóns poden ser moitas, pero para nós hoxe e aquí so hai unha: se non poñemos o centro en Cristo, e non somos capaces de recoñecelo nos demais, todo acaba volvéndose aparencia. E como ben sabemos, antes ou despois, a aparencia so trae tristura e desconsolo.

ü Un consolo que supón non quedar parados dentro das paredes do templo. A coherencia e o sentido da fe xógase poñendo os pés no chan e aprendendo a mirar, con sinceridade e gañas de cambiar as cousas, a canto temos ao redor. Pero tamén supón que debemos buscar espazos e momentos para a reflexións, para o discernimento  persoal, para facernos preguntas que enchan os nosos baleiros e nos ofrezan respostas que nos alenten e axuden a dar pasos cara adiante, saíndo das nosas zonas de conforto e dos nosos lugares comúns. A Xesús o que o alporiza, como acabamos de ver no Evanxeo, é a aparencia de querer quedar ben con tod@s sen comprometerse con nada nin con ninguén. Querer manter un discurso público dun xeito, e logo na vida privada da familia, relación cos amigos... ter actitudes totalmente contrarias e distintas. En fin, o que Xesús rexeita e condena é a dobre moral de querer ser o que non somos. Para os xudeus o templo, dicían, era lugar de respecto, de encontro con Deus, de... e cando chega Xesús atopa que non era así, que aquilo só estaba ao servizo dos poderosos e dos que querían facer da fe e da vivencia relixiosa interese persoal. Por iso se rebela e alporiza. Non fagamos nós hoxe o mesmo. Busquemos ser honestos con nós mesmos, coherentes co que facemos e sinceros coa nosa maneira de vivir.
DESDE A ORACIÓN COMPARTIDA
Porque Deus acolle canto lle contamos cando o facemos dese a sinceridade, dicimos xunt@s:
QUE NON NOS DEIXEMOS SECUESTRAR POLA APARIENCIA
v Para que traballemos por ser unha Igrexa de acollida e non de condena, OREMOS.
QUE NON NOS DEIXEMOS SECUESTRAR POLA APARIENCIA
v Para que nos esforcemos por facer do diálogo ponte que nos leve a entendernos e a participar da vida das comunidades; OREMOS.
QUE NON NOS DEIXEMOS SECUESTRAR POLA APARIENCIA
v Para que a fe sexa o espello onde nos descubramos como somos, e nos esforcemos por cambiar canto nos impide ser honestos, sinceros, coherentes e xustos cos demais, OREMOS.
QUE NON NOS DEIXEMOS SECUESTRAR POLA APARIENCIA
Grazas Señor, por esta oportunidade que nos das de facer do Evanxeo espello desde o que mirar a coherencia do noso actuar. PXNS. Amén.
PARA QUE TODOS SINTAMOS A LEDICIA DO COMUNITARIO
•«A ledicia do Evanxeo enche corazón e vida enteira dos que se encontran con Xesús. Os que se deixan salvar por El son liberados do pecado, da tristeza, do baleiro interior, do illamento».
•«Máis que o tremor a equivocarnos, espero que nos mova o tremor a encerrarnos nas estruturas que nos dan unha falsa contención, nas normas que nos volven xuíces implacables».
•«Agradezo o fermoso exemplo que me dan tantos cristiáns que ofrecen a súa vida e o seu tempo con alegría. Ese testemuño faime moito ben e sostenme no meu propio desexo de superar o egoísmo para entregarme máis».
•«Temos creado novos ídolos. A adoración do antigo becerro de ouro(cf. Ex 32,1-35) atopou unha versión nova e desapiadada no fetichismo do diñeiro e na ditadura da economía sen un rostro e sen un obxectivo verdadeiramente humano».

                                                            (Francisco, E.G.)

Comentarios

Entradas populares de este blog

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...