Ir al contenido principal

5 Domingo TO B 2018

PERSOAS LOITADORAS, NON SUFRIDORAS
Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSO

ö  ENTRADA: Amigos nas penas

ö  LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27)

ö  OFERTORIO: Acharte presente na vida (Nº 51)

ö  COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)

PARA NON PERDER O PASO

Cando unha cousa non nos serve, cando non ten nada que poidamos obter dela, deixámola de lado. Na nosa vida de fe, ocorre que moitas veces estamos ermos: non sentimos nada e somos incapaces de poñer en relación canto rezamos co que facemos cada día. Deste xeito, pouco a pouco, váisenos apagando a chama da fe e convertemos todo o que di relación con ela en puro e simple costume, comercio, acto social ou tradición, inda que ás veces o queiramos revestir de cultura para poder mantelo.

Fronte desta situación, os textos que hoxe imos proclamar chámannos a non deixarnos caer nesta tentación, a esforzarnos por non deixar que esmoreza a esperanza, a aprender a gozar do moito que nos enriquece e aporta a fe. Non imos solos, temos un amigo ao noso lado: Xesús. Deixemos que nos acompañe.

CO CORAZÓN FERIDO

û  Por desperdiciar as ocasión nas que nos chamas a ser luz para as persoas entristecidas; SEÑOR, QUE SAIAMOS DA ESCURIDADE DERROTISTA.

û  Por prescindir no noso camiño da capacidade de tender a man a quen vive na tebra; CRISTO, QUE SAIAMOS DA ESCURIDADE DERROTISTA.

û  Por permitir que o rancor aniñe na nosa vida, escurecendo os nosos proxectos e secuestrando as nosas ilusións; SEÑOR, QUE SAIAMOS DA ESCURIDADE DERROTISTA.

UNHA PALABRA QUE AGROMA

ü  A imaxe de Xob da primeira lectura atráenos, sobre todo, porque en maior ou menor medida, tod@s nos vemos retratad@s nela. Xob perdeuno todo: fillos, posesións, saúde.... un tras doutro derrubáronse todos os seus puntos de apoio, e parece que xa non lle quedan razóns para seguir confiando. A nós, en demasiadas ocasións, tamén nos pasa, un día ou outro, o mesmo. Ben sexa porque nos asaltan a dor ou a enfermidade, porque nos fallan as persoas que considerabamos amigas, porque os problemas nos agonían... o caso é que o desalento chama á nosa porta e instálase dentro de nós, facendo que nos pechemos aos demais e ao mundo. Parécenos entón que Deus se esqueceu, que marchou, e ata ás veces mesmo nos preguntamos se existe.

ü  A resposta relixiosa ao problema do mal, ao que tod@s somos moi sensibles, inflúe moi directamente na imaxe que nos formamos de Deus. Por iso convén purificar algunhas concepcións totalmente erróneas, non vaia ser que, de tanto escoitalas ou mesmo dicilas, vaiamos a telas por certas. Velaquí algunhas:

o   o mal é un castigo: Xesús intervén para curar, non para converter a un en coxo ou cego. Deus non castiga.

o   o mal é un aloumiño de Deus; porque El proba a quen ama: no evanxeo non atopamos nin rastro de semellantes aloumiños.... O que fai Deus é darnos a súa forza nas probas, El nunca nos proba coa dor e o sufrimento.

o   Deus quíxoo así: certamente, Deus Pai-Nai non quere o sufrimento.

o   hai que ter paciencia e resignación: Deus chámanos a traballar para eliminar o sufrimento; non quere persoas resignadas pasivamente.

o   Deus permíteo: Deus puxo o mundo nas nosas mans e nós somos responsables del. Non lle botemos a El a culpa dos nosos erros. El toma partido polas persoas que sofren e por aquelas que tentan aliviar o seu sufrimento.(Mt. 25, 31ss).

ü  Fronte destas concepcións erróneas, a pasaxe do evanxeo de Marcos que vimos de proclamar, coma outras moitas, achéganos á realidade verdadeira: Xesús é liberador:

ö  a sogra de Pedro queda libre da súa enfermidade

ö  moitos outros enfermos quedan libres das súas doenzas

ö  moitos endemoñados quedan libres da súa escravitude

ö  moitas persoas reciben a Boa Nova e quedan libres de toda mala noticia

ü  E nós?: Certamente cando estamos ben é moi doado dicirlle á xente que sofre unhas palabras ou frases de consolo, moitas veces rutinarias, frías e indiferentes, do tipo: tranquilízate, ten paciencia, cálmate, non sufras.... Así, aos amigos de Xob, que non comprendían a súa dor, resultáballes fácil xulgalo e acusalo de pecador, pois segundo a mentalidade daquela, as desgrazas viñan porque se cometía algún pecado.

ü  Só quen viviu na súa propia carne o suplicio da soedade, do sufrimento, do desánimo.... e experimentou os aloumiños de Deus, poñéndoo de novo en pé de vida, entende ben do que falamos. Entón, xa non pode calar. Iso foi o que lle pasou a Paulo, por iso afirma: “Ai de min se non anuncio o Evanxeo!”. Quen recibiu esta graza ten que gritalo, e ese grito é crible, porque vén de alguén que pasou antes pola proba.

ü  Que facer?: En primeiro lugar, temos que ser conscientes do problema, saber poñernos no lugar da outra persoa e lembrar o que facía Xesús con aqueles que tiñan problemas. Agora Xesús segue no medio das persoas, actuando por medio da comunidade cristiá. A nós correspóndenos, polo tanto, actuar e responder coma El aos problemas das persoas; responder aos problemas dos irmáns que teñen fame; responder aos problemas dos irmáns que están solos; responder aos problemas das persoas que viven pobres e marxinadas..... porque esa é a liberación que Cristo nos trae: do egoísmo e da fame, da soedade e da desesperación, da opresión e do desánimo, da morte e da dor.

ü  Somos loitadores, non sufridores. Non o esquezamos. Haberá suficiente amor no mundo para redimir o sufrimento e a miseria?.

DESDE A ORACIÓN COMUNITARIA

Querendo ser curadores de tantas persoas que imos atopando ao noso lado e necesitadas da mellor das curacións: que as recoñezan e traten como persoas con dignidade, compartimos agora a nosa oración comunitaria e dicimos:

GRAZAS POR INVITARNOS A SABOREAR A VIDA

ö  Para que a Igrexa non caia na tebra da imposición, o derrotismo do secuestro da pluralidade de opinións nin no silencio que dá por bo o mundo inxusto; OREMOS.

GRAZAS POR INVITARNOS A SABOREAR A VIDA

ö  Para que saibamos construír relacións entre os veciñ@s rexidas polo entendemento, a axuda e a colaboración; OREMOS.

GRAZAS POR INVITARNOS A SABOREAR A VIDA

ö  Para que nós sexamos luz e sal no actuar libre, responsable e sempre alegre; Oremos.

GRAZAS POR INVITARNOS A SABOREAR A VIDA

Señor, poñendo en ti a confianza, dispómonos a non deixarnos levar por todo aquilo que non faga pasivos, conformistas e preguiceiros. P.X.N.S. Amén

MIRADA DE ESPERANZA

Onte a ti, Señor,

diante da carne doente da persoa enferma,

diante da carne esquecida da persoa marxinada,

diante da carne esgotada da persoa anciá,

diante da carne necesitada da persoa discapacitada,

diante da carne cansada da persoa parada,

diante da carne arruinada da persoa famenta,

diante da carne sometida da persoa escrava,

diante da carne corrompida da persoa leprosa,

diante da carne aflixida da nai,

diante da carne deshabitada do mozo....

conmovéronseche as entrañas,

deuche un golpe o corazón

e non puideches quedar á marxe.



Hoxe atopámonos cunha realidade máis triste.

Fai, Señor, que os nosos corazóns se movan

para non quedarmos á marxe.

Fainos persoas compasivas e tenras,

para sermos persoas dignas

e poder sementar na historia esperanza e misericordia.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel