Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

Pentecoste 2024

Cantos Entrada.- Todos xuntos (56) Lecturas.- Manda o teu Espírito (26) Ofertorio.- Na nosa terra (36) Comuñón.- Eu soñei (58) ESPERTANDO A COMPARTIR Hoxe é domingo de Pentecoste, e con esta festa rematamos o tempo de Pascua. Ao longo destes cincuenta días fomos escoitando como a primeira comunidade se ía organizando, logo da tristura que lles provocara a morte de Xesús. E non o facían de calquera xeito, non, eran conscientes de que a presenza do Señor camiñaba no medio deles, por iso non se deixaban ir da tristura permanente, coma se o do (duelo) non rematase nunca. Sabendo que a forza do Señor alentaba a súa vida, loitaban por comunicar aos demais a alegría que estaban a vivir no nome de Xesús, á vez que non se deixaban amedrentar polos poderosos e xulgadores profesionais daquel tempo. Que tamén nós, como aqueles cristiáns e cristiás da primeira hora, deixemos que a presenza do Espírito nos anime neste noso camiñar hoxe no medio do mundo. SABÉN

6 Pascua 2024

  CONSTRUÍNDO CASA COMÚN SEN FACER DISTINCIÓNS NIN PERDER A IDENTIDADE CANTOS ·        ENTRADA:  Con ledicia vimos todos ao altar (Nº 2) ·        LECTURAS:  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) ·        OFERTORIO:  O amor é o meirande (Nº 120) ·        COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   AQUECENDO O CORAZÓN              Neste sexto domingo de Pascua invítasenos a prestar atención, poñendo corazón, ollos, mans, pensamento, pés... para vivir facendo do amor cerne da nosa vida. A isto chámanos o Evanxeo de hoxe. Non é doado, sabémolo, pero non podemos renunciar a tentalo, porque só quen se esforza pode recoller logo o froito do seu esforzo.          Cando Xesús fala do amor, non está a teorizar nin tampouco a dicir palabras para que as leve o vento. Todo o contrario. El non cansa de afirmar que se non somos quen de testemuñar, todo o que digamos non vai ter nin valor nin fondura algunha. Se iso é así, que nos está a pasar? Por que deixamos que as palabras soen pero sen facerl