Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2016

6 Pascua 2016 C

MARÍA, ROSTRO FEMININO NO QUE DEUS DEIXA A SÚA PEGADA DE MISERICORDIA Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Coa nosa naiciña do ceo (Nº 69) ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 124) LECTURAS: Camiñar sen Xesús sen amor (Nº 68) OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA Hoxe é o sexto domingo de pascua, o domingo no que celebramos a Pascua do Enfermo. O lema deste Ano da Misericordia ten como referencia a María, muller de presenza e palabra. Presenza porque ela adoita estar nos momentos decisivos da vida do seu Fillo e dos apóstolos, e palabra porque dos seus beizos saen sempre palabras que invitan a escoitar; palabras que alentan; palabras que consolan; palabras que chaman a acompañar. Desde ela, a confianza e o acompañamento fanse rostro de muller na que Deus pon a súa confianza. Por iso dicimos que « María é rostro de confianza e de acompañamento ”. Ela sabe estar cando é necesario. Nas ledicias e tamén na dor, na

5 Pascua C 2016

Porque o amor é unha experiencia de Ledicia, a Pascua é tempo de gozo esperanzado Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: O amor é o meirande (Nº 119) ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 124) LECTURAS: Douvos un mandato novo (Nº 18) OFERTORIO: Ti es o pan do ceo (Nº 54) COMUÑÓN: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53) ESCOITA ACTIVA Amor e ledicia son dúas palabras que o papa Francisco pon en relación coa familia no último documento que vén de publicar, a exhortación postsinodal "A ledicia do amor". Moitos dirán: si, xa se sabe: o amor é moi bonito ata que chegan os problemas, as dificultades, as rupturas... E iso non o negamos: o amor, como proxecto e tarefa, pasa por diferentes momentos e non poucas dificultades, o que non significa que haxa que dubidar del ou mostrarnos escépticos á hora de vivilo. Pero, sen negar o anterior, tamén sabemos que o amor é encontro, tarefa compartida, amizade, proxectos e ilusións que se van desenvolvendo na complementariedade,

4 Domingo Pascua 2016 C

GRAZAS, PASTOR BO POR ACOMPAÑAR AS NOSAS PEGADAS Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ·       ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9) ·       ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 124) ·       LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27) ·       OFERTORIO: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ·       COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) ESCOITA ACTIVA O Pastor bo, Xesús, convócanos este domingo para volver compartir a nosa fe de maneira comunitaria, ledos e agradecidos. Sabemos que non estamos solos, que ao noso lado sempre hai alguén, que no nome do Señor, nos tende a man, nos dedica un pouco dos seu tempo, nos alenta e anima cunha palabra de esperanza ou cun sorriso sincero e de cercanía. Agradezamos ao noso Pastor que se teña preocupado por nós, facendo posible que a súa mensaxe nos chegue a través das pequenas cousas de cada día que imos compartindo cos que nos fan a vida máis doada e agradable. Celebrémolo reunidos no seu nome con aq