Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2024

5 Pascua 2024

Só sabendo rectificar seremos quen de superar os nosos prexuízos CANTOS * ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5) * LECTURAS: Escoita ti a palabra de Deus (Nº26 ) * OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) * COMUÑÓN: Acharte presente na vida (Nº 51) ALENTANDO O CORAZÓN   Dinos a lectura dos Feitos dos Apóstolos que imos proclamar hoxe, que os discípulos de Xerusalén non se fiaban de Saulo, tíñanlle medo, por iso non acababan de crer a súa conversión fose verdadeira. Como lle custaba fiarse daquel que os perseguira e polo que moitos deles acabaron no cárcere! Algo así tamén nos pode pasar hoxe a nós cando facemos da desconfianza a maneira de achegarnos ás demais persoas; cando non nos fiamos do que nos din ou do que fan aqueles que noutro tempo non eran dos nosos. Pero os Apóstolos foron quen de esforzarse por superar os seus prexuízos, e acabaron acollendo e aceptando a Saulo entro os do seu grupo. Que tamén nós saibamos vencer os nosos prexuízos e volver confiar da

4 Pascua B 2024

PORQUE É O BO PASTOR, CAMIÑA CON NÓS CANTOS * ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) * LECTURAS: Canta, aleluia (Nº 21) * OFERTORIO: O Señor é o meu pastor (Nº 27) * COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ABRINDO OS OLLOS Todas e todos nós esperamos e pedimos sempre que as persoas que nos gobernan sexan honradas e xustas; que a clase política sexa honesta, que a clase dirixente sexa coherente.... Mesmo dentro da Igrexa desexamos ter responsables que sexan evanxélicos.... Mais na comunidade cristiá non hai simplemente dirixentes e dirixidos, señores e servos, pastores e ovellas..., senón que a irmandade que compartimos úrxenos a traballar en sinodalidade e corresponsabilidade. Neste cuarto domingo da Pascua, a figura do bo pastor que a liturxia nos presenta non se refire ao bispo e aos curas, senón que nos fala do Bo Pastor que é Xesús, e do pobo de Deus no que todos e todas somos corresponsables, aínda que de xeito distinto. Fraco servizo lle fai á comunidade e ao Reino de Deus

3 Pascua 2024 B

  3º Domingo de Pascua.2024 A URXENCIA DE PARTIR O PAN PARA SEGUIR FACENDO CAMIÑO Canto gozoso ENTRADA.- Bendito ti, Xesús, resucitado   (   ) LECTURAS.- Escoita ti a Palabra de Deus ( 26)   OFERTORIO.-   Sementar sementarei COMUÑÓN.-   Ti e-lo pan do ceo (   )   ALENTANDO O CORAZÓN          Volvemos xuntarnos no nome do Señor para compartir o pan, como fixeron aquelas primeiras testemuñas que, seguindo o consello de Xesús, tamén se reunían para celebrar e compartir. Pero non compartían ou celebraban calquera cousa. Non. Celebraban a alegría de saber que Xesús resucitara e vivía entre eles e elas, que non estaban sos, que a vida e mensaxe de Xesús non fora un fracaso. E como non foi fracaso estamos hoxe nós aquí tamén para, como fixeron aqueles primeiros cristiáns e cristiás, partir o pan coa a alegría de saber que a súa esperanza segue entre nós abrindo camiños, acompañando ilusións e propoñendo respecto e dignidade sen facer di

2 Pascua 2024 B

  PARABÉNS PARA NÓS POR CRER SEN TER VISTO cantos ENTRADA: Bendito, Xesús resucitado GLORIA: Gloria ao Pai... LECTURAS: Cantádelle ao Señor, unha cantiga nova OFERTORIO: Acharte presente COMUÑÓN: O amor é o meirande.   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   As persoas crentes vivimos, a miúdo, coma os discípulos do evanxeo: ao anoitecer, coas portas pechadas, cheos de medo, temerosos das autoridades . Estamos mergulladas na vella creación, non miramos nin experimentamos ao Resucitado, a nova humanidade parece ausente das nosas vidas. As nosas comunidades están, as máis das veces, repregadas, ocultas, sen dar testemuño, coma se non tiveran ledicia, perdón e vida que transmitir. A pesares de ser este día o primeiro da semana, o primeiro da nova creación, nós seguimos ancorados, se cadra cada vez máis, ao vello, ao de antes. Precisamos que o Señor se faga presente. Cómpre que os recoñezamos nos seus sinais: a paz, o agasallo do Espírito, a experiencia do per