Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2008

CORPUS 2008

O ÚNICO QUE NOS DIFERENCIA SON AS OPORTUNIDADES. OS DEREITOS HUMANOS SON UNIVERSAIS, AS OPORTUNIDADES DEBERÍAN SELO. PÓRTICO Hoxe celebramos o misterio eucarístico, sacramento de caridade: todo o amor de Cristo concentrado no pan e no viño. É un misterio que debemos crer, celebrar e vivir; e que ten como alma o Espírito e a caridade. Xesús entrégase por amor e queda con nós na Eucaristía, no pan e no viño, para alimentarnos con ese amor en todas as súas dimensións. A participación na Eucaristía, polo tanto, leva parello un compromiso coa pobres, cos excluídos, con aquelas persoas que ven pisoteada a súa dignidade, cos últimos, cos que non teñen bens nin dereitos. Entre eles, hoxe pousamos a nosa mirada na marxinación da muller, especialmente vulnerable e utilizada. Sen dúbida, a meirande parte das persoas sen dereitos levan nome de muller. Que esta celebración nos axude a caer na conta que compartir o pan debe urxirnos a traballar para que os dereitos humanos e as oportunidades sexan u

FESTA DA TRINIDADE

IMOS FACENDO HISTORIA NACENDO DE NOVO DO AMOR DE DEUS PÓRTICO Que é una festa?. Celebramos o nacemento dun fillo, o reencontro cun amigo, a curación dun enfermo, a caída dun tirano… celebramos, en fin, un bo suceso. Na meirande parte dos casos este suceso, que aumenta a nosa vida e a nosa ledicia de vivir, preséntase coma unha graza marabillosa que supera todas as nosas expectativas. E estas festas facémolas con outras persoas, en compaña, xuntando aos amigos, porque a festa é comunicación. Finalmente, a verdadeira festa xorde dun xeito espontáneo, non por obriga. O que importa é vivir e convivir, agradecendo a vida coma agasallo. Hoxe, os cristiáns e as cristiás celebramos a festa da Trindade, que lonxe de ser un dogma ou un misterio inexplicable é un acontecemento e unha revelación: Deus, por medio de Xesús, entra en comuñón con nós, culminando a Historia da Salvación e derramando o Espírito nos nosos corazóns. Que esta celebración festiva nos axude a caer na conta de que as persoas,

Pentecoste 2008

TES LUME OU ANDAZO? PÓRTICO Vivimos nunha sociedade paradóxica e contraditoria. Aprendemos a prolongar a vida; pero sen embargo non atinamos a darlle un contido e un sentido satisfactorio. Logramos elevar o nivel de benestar; pero cada día sentímonos máis orfos e baleiros. Multiplicáronse as nosas relacións; e sen embargo son moitas as persoas que están no illamento e na soidade. Aplicamos a técnica a todos os sectores da vida; mentres medran no mundo a explotación, a violencia e a destrución. Movid@s pola ansia de ter, acumulamos cousas e mesmo posuímos persoas; pero non experimentamos plenitude. En resumo… precisamos un alento novo que humanice o noso progreso… E nese empeño, @s crentes non estamos orf@s, senón que cremos no Espírito coma forza, lume, luz e graza que orienta a nosa historia cada adiante; botando fóra medos, desesperanzas, andazos e prexuízos. Estamos dispost@s a deixarnos levar?. O PERDÓN Renuncias a deixarte levar pola apatía, a vulgaridade e a desespera