Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2021

12 domingo TO B 2021

  Desde o amor de Deus que nos preme, a fraternidade supera as diferenzas Canto gozoso Entrada.-  Con ledicia vamos todos ao altar  (2) Lecturas.-  Escoita ao Señor  (15) Ofertorio.-  Cantádelle ao Señor  (33) Comuñón.-  Señor Xesús  (52) Ollos abertos              Proponnos hoxe a primeira lectura unha cuestión que está no centro da actualidade: os límites. Como ben sabemos, cando se utiliza esta palabra sempre a pensamos, maioritariamente, desde o que impide avanzar, desenvolverse, crear ou imaxinar. Porén, podemos facer outra lectura: os límites son tamén os que nos lembran que os nosos pés han pisar sempre na terra, que non o podemos nin o sabemos todo ou que a técnica é a solución para calquera cuestión. Desde aí entendemos que, se non queremos caer no irrealismo, os límites ofrécennos a posibilidade de ir camiñando sen caer na tentación de facer de frustración e da sensación de fracaso o eixe da nosa vida.             Neste domingo no que nos xuntamos, non deixemos de reflexionar

Corpus 2021

  A FESTA DO CORPUS: PERSOAS CHAMADAS A FACER TODO O QUE DIXO O SEÑOR CANTO GOZOSO ENTRADA: Benaventurados (Nº 118) LECTURAS: Salve, Santo Sacramento (Nº 117) OFERTORIO: Pan do ceo (Nº 54) COMUÑÓN: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53) ABRINDO O CORAZÓN Por segundo ano consecutivo, celebramos a festa do Corpo e do Sangue do Señor como humanidade inmersa nunha pandemia que nos fixo aterrar para decatarnos de que somos fráxiles, de que precisamos unhas persoas doutras.  Pero no medio desta crise mundial, non esquecemos as palabras que a semana pasada Xesús nos dirixía no seu evanxeo: “ Asegúrovos que eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo ”. O Corpus que hoxe celebramos é sacramento desa presenza de Cristo, que se fai Pan para saciar as nosas fames, Pan para ser alimento no camiño da vida, Pan para sandar as nosas feridas, Pan para repartir e compartir.  Deixémonos agarimar polo Señor que hoxe, coma sempre, sae ao noso encontro para facerse compañeiro na viaxe.  UN CORAZÓN MAGOADO P

OUTONOS E PRIMAVEIRIÑAS DO GALEGO NA LITURXIA

A dimensión celebrativa da fe mostra o importante que é expresala de xeito sinxelo, cunha linguaxe comprensible e cercana á vida. A interioridade das conviccións precisa ser expresada e manifestada externamente. A liturxia serve de canle para darlle visibilidade. Asemade, a celebración non debera nunca realizarse en abstracto, senón desde a cotidianeidade do que a persoa sente e vive. Para que isto poida ser así precísase da lingua como elemento a través do cal vehicular a fondura do ser crente, expresar comunitariamente e dirixirse a Deus. Mais a lingua non pode ser algo estraño a esta cotidianeidade. Ao contrario, rezar, expresar a dimensión comunicativa cara a Deus, debe realizarse na lingua coa que a persoa comunica, se relaciona, expresa o que sente, vive, comparte ou pensa. No noso caso esa lingua é o galego. Con ela imos facendo posible a nosa sociabilidade, o noso ser coa xente. Con ela tamén expresamos a nosa relación con Deus. Que isto sexa o habitual non quere dicir que semp