Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2020

3 Domingo TO 2020

BENAVENTURADAS AS PERSOAS QUE ESCOITAN E CUMPREN A PALABRA DE DEUS CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) LECTURAS: A túa Palabra (Nº 25) OFERTORIO: Ti es camiño e verdade (Nº 57) COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58) OLLOS ABERTOS Hoxe celebramos, por vez primeira en toda a Igrexa, o Domingo da Palabra de Deus. Esta xornada, instituída polo Papa Francisco o pasado mes de setembro, lémbranos que o Resucitado segue camiñando no medio da súa comunidade, explicando as Escrituras coa súa vida e coa súa palabra, e convidándonos a todas e a todos nós a implicarnos na tarefa de anunciar o Evanxeo e construír Reino. Do mesmo xeito que Xesús se trasladou cara ás fronteiras de Galilea para converterse en luz e alegría, do mesmo xeito que Paulo foi máis alá dos límites do xudaísmo, tamén nós somos convidadas e convidados a saír das nosas zonas de conforto e camiñar cara ás periferias existenciais para levar a Boa Nova a todas as persoas. E iso só poderemos facelo se somos

2 domingo TO A 2020

PERSOAS QUE SERVEN, QUE NON PERSOAS ESCRAVAS CANTO GOZOSO ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 9) LECTURAS: Aquí estou, Señor, para facer a túa vontade OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 34) COMUÑÓN: Acharte presente na vida (Nº 54) OLLOS ABERTOS Serva é aquela persoa que serve, que se pon ao dispor de quen necesita dela. Porén, escrava é aquela persoa sometida, que non actúa por si mesma, senón baixo o xugo de quen a manda e controla. As persoas crentes estamos chamadas a ser servas, nunca escravas. Servas que serven, que están preto de quen as necesita. Deus non quere que esteamos sometidos a ninguén nin a nada, de aí a importancia de non permitir que a ningunha persoa se lle falte ao respecto ou sexa maltratada; de aí o importante de non calar nin volver a cara cando descubrimos calquera tipo de abuso, menosprezo ou violencia: física, psicolóxica ou moral. Ninguén manda sobre ninguén; pero todos nos necesitamos uns a outros e podemos axudarnos. PRECISANDO DA TÚA MISE

Bautismo do Señor 2020

Responder á invitación de Deus non necesita nin barullo nin da violencia, senón da cotidianeidade xusta e igualitaria Descarga o ficheiro Cantos         Entrada.- Que ledicia miña         Lecturas.- A auga do Señor         Ofertorio.- Na nosa terra         Comuñón.- Non vou só Mirada integradora A festa do Bautismo do Señor vólvenos á cotidianeidade do calendario litúrxico. Reforzad@s ao longo do Advento e do Nadal, tempos litúrxicos fortes, poñémonos agora de novo en camiño para ir experimentando a alegría de sabernos acompañad@s pola presenza do Señor. Nin imos sós, nin nos sentimos no esquecemento e abandono. A encarnación do Deus que se fai dos nosos, ofrécenos a compañía ,nos pasos que imos dando, da presenza de Xesús nas loitas por facer da vida experiencia de crecemento e madurez persoal e comunitaria. Acollamos esta presenza amigable co agradecemento deste camiño comezado o día do noso bautismo, de xeito que a auga do Señor, siga cambiando os nosos cora

Aninovo 2020 Maria Nai de Deus

Santa María Nai de Deus 1º de Ano Poñamos o contador a cero, e non deixemos de facelo as veces que faga falta Cantos     Panxoliñas Escoita activa A moitas persoas estas datas parécenlle tristes, a outras canseiras, a moitas outras aburridas e baleiras de contido; tamén os hai que non soportan á familia, e polo tanto estes días son para eles unha verdadeira cruz. E a nós? Si, a cada un e cada unha dos que estamos hoxe aquí, temos pensado que significan persoalmente – non nos deixemos levar polo que din e lle oímos aos demais- estas celebracións cristiáns? Son cristiáns, porque o que celebramos é que Deus nace e que María ábrelle o seu corazón, toda a súa vida para acollelo e gozar tamén da salvación que nos ven traer. Por iso estamos hoxe aquí, para celebrar, aledarnos, agradecer e poñer este ano que comeza baixo o amparo da forza de Deus e a tenrura de María, Nai e educadora que desde a paciencia foi facendo posible que Xesús acabara dicindo: benaventurad@s. Pois nest

2 domingo Nadal 2020

IIº Domingo despois de Nadal 5 de Xaneiro 2020 Grazas por seguir querendo  ser coma nós Descarga o ficheiro Cantos Entrada.- Non vou só Lecturas.- Douvos un mandato novo Ofertorio.- Pan do ceo Comuñón.- O amor é o meirande  Mirando as beiras No camiño da historia de amor de Deus para con nós, imos dando pasos que fan posible que nos encontremos con persoas de distintas experiencias persoais, culturas, realidades sociais, linguas... das que nos separan moitas cousas, pero coas que compartimos unha mesma identidade: a filiación e polo tanto, a fraternidade. Todas e todos somos fillas e fillos de Deus. Que non é un algo afastado e que está lonxe, senón o Alguén que camiña e se nos vai mostrando neste noso camiñar.     O Evanxeo de hoxe volve mostrarnos esta idea de que a Palabra fíxose coma nós; asumiu a nosa condición de xeito que tamén nós poidamos asumir a súa condición. Neste camiño de reciprocidade na nosa relación  co Deus amor, dispoñámonos a compartir a súa presen