Ir al contenido principal

Bautismo do Señor 2020

Responder á invitación de Deus non necesita nin barullo nin da violencia, senón da cotidianeidade xusta e igualitaria

Cantos

        Entrada.- Que ledicia miña
        Lecturas.- A auga do Señor
        Ofertorio.- Na nosa terra
        Comuñón.- Non vou só

Mirada integradora

A festa do Bautismo do Señor vólvenos á cotidianeidade do calendario litúrxico. Reforzad@s ao longo do Advento e do Nadal, tempos litúrxicos fortes, poñémonos agora de novo en camiño para ir experimentando a alegría de sabernos acompañad@s pola presenza do Señor. Nin imos sós, nin nos sentimos no esquecemento e abandono. A encarnación do Deus que se fai dos nosos, ofrécenos a compañía ,nos pasos que imos dando, da presenza de Xesús nas loitas por facer da vida experiencia de crecemento e madurez persoal e comunitaria.
Acollamos esta presenza amigable co agradecemento deste camiño comezado o día do noso bautismo, de xeito que a auga do Señor, siga cambiando os nosos corazóns.

Corazón misericordioso

    • Porque moitas veces dámoslle as costas a escoitar túa voz. Señor, que a auga do bautismo limpe o noso corazón.
    • Porque somos escasos no sorrir e farturentos no derrotismo pesimista. Cristo, que a auga do bautismo limpe o noso corazón.
    • Porque somos rápidos para criticar , e moi lentos para recoñecer o ben feito. Señor, que a auga do bautismo limpe o noso corazón.

      Palabra enraizada

      A vertixe na que vivimos cada día fesíxenos, moitas veces case que sen darnos conta, que lle vaiamos imprimindo á vida unha présa que nos fai que non teñamos tempo para valorar e degustar as pequenas cousas de cada día que van conformando a nosa vida. Deste xeito, e coma quen non quere a cousa, imos perdendo a capacidade de valorar, contemplar, mesmo agradecer, a cotidianeidade. Parece que só se facemos ou vemos cousas espectaculares, grandiosas, ou, coma se di agora, virais nos van valorar e recoñecer como persoas importantes. Porén, a Palabra de Deus, que sempre se dirixe á pequenez de cada corazón particular, e non busca a espectacularidade de ter moitos “ me gusta” a eito, segue a buscarnos a cada un/ha de nós en particular, de xeito sinxelo, falándonos en ton baixo ao oído, pero coa capacidade de aquecer o corazón e espertar en nós a constancia de non deixarnos levar por esta vertixe do espectacular e grandioso. Como dicimos tantas veces, as cousas importantes están no pequeno e sinxelo. Pois son elas os que fan posible que fagamos o camiño de xeito paseniño e mirando para os lados e sempre fixándonos nas persoas. Non buscando recoñecemento.
      Nesta sinxeleza é na que temos que integrar o noso actuar coma cristiás; unha integración que non esquece, ao contrario, que no día no que fomos presentados á comunidade para recibir o bautismo, fomos incorporados a este proxecto de amor, non de utilidade nin grandiosidade, que nos ofrece Xesús. E ofrecer non é impoñer,nin tampouco restar liberdade, senón poñer ao noso dispor para ver, reflexionar e vivir. E estes tres infinitivos explican moi ben por onde han ir os pasos da nosa vida, persoal e comunitaria: ser contemplativos na sinxeleza. É aí onde descubrimos que os crentes nunca imos sós, sabemos , e se non é así moitas cousas están a fallar na coherencia da nosa vida, que o sentido comunitario está no cerne da nosa vivencia da fe. E esta, non se impón pola forza do autoritarismo, senón pola capacidade de testemuñar a alegría dunha mensaxe que aleda o noso corazón , e que non é unha cita a cegas, senón froito da reflexión, contrastada desde o Evanxeo , para ser mostrada no noso xeito de facer e dicir as cousas. No noso xeito de vivir!
      Sen esta aplicación e implicación á vida, o bautismo non é máis que un rito lastrado polo acto social de facer unha comida para invitar á familia. Porén no Evanxeo vimos de escoitar que no bautismo de Xesús non estaba o ritualismo de verter un pouco de auga na cabeza, senón o comezo dunha vida na que a voz de Deus se vai escoitando namentres nos di que somos fill@s por amor e sen distinción. Deus acóllenos de xeito inclusivo, por que nós estamos empeñados en facer diferenzas?

      Oración compartida

      A dimensión comunitaria da fe vai unida á nosa confesión de ser cristiás. Sentindo logo esta necesidade de compartir comunitariamente a fe, diciámosche agora: Que aprendamos a bendicir co túa paz.
      • Que nos esforcemos por ser Igrexa no mundo. Un mundo que é sempre proxecto, capacidade e posibilidade de ben común e compromiso pola liberación das persoas e institucións. Oremos. Que aprendamos a bendicir co túa paz.
      • Que non fagamos das nosas parroquias ámbitos de individualismo e despreocupación do que lle pasa ás persoas que habitamos nelas, senón comunidade ás que a auga do bautismo aquece os noso corazóns. Oremos. Que aprendamos a bendicir co túa paz.
      • Que no noso actuar de cada día, teñamos sempre presente que son as persoas, e non as normas, os ritos ou os costumes as que fan posible vivir a mensaxe de Xesús con alegría e solidariedade alí onde nos atopemos. Oremos. Que aprendamos a bendicir co túa paz.
      Señor, con alegría compartimos e agradecemos poder sentir a forza da túa presenza no medio desta comunidade, que celebra e da grazas pola súa fe. Por Cristo o noso Señor. Amén.

      Silencio agradecido

      Ábrese o ceo, e Deus entra a cachón;
      El convértese en espello na auga derramada;
      Auga que fai erguer aos humildes, e pensar aos poderosos.
      Compartes, Señor, os noso días e noites,
      como compañeiro presente nos silencios,
      e nas nosas euforias.
      Estás sen balbordo nin manipulación;
      estás con e por amor;
      estás, simplemente estás.
      E como nos custa recoñecerte!
      Segue a ser, inda que eu non o queira,
      o aletexo que da luz a miña vida,
      tantas veces chea de escuridades
      que se desespera sen querer buscar a esperanza.
      Que só poderei atopar en Ti.

      Comentarios

      Entradas populares de este blog

      Corpus 2025

        MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

      Santos 2025

        BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...

      Igrexa Diocesana 2025

        DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...