Ir al contenido principal

Aninovo 2020 Maria Nai de Deus

Santa María Nai de Deus
1º de Ano

Poñamos o contador a cero, e non deixemos de facelo as veces que faga falta

Cantos

    Panxoliñas

Escoita activa

A moitas persoas estas datas parécenlle tristes, a outras canseiras, a moitas outras aburridas e baleiras de contido; tamén os hai que non soportan á familia, e polo tanto estes días son para eles unha verdadeira cruz. E a nós? Si, a cada un e cada unha dos que estamos hoxe aquí, temos pensado que significan persoalmente – non nos deixemos levar polo que din e lle oímos aos demais- estas celebracións cristiáns?
Son cristiáns, porque o que celebramos é que Deus nace e que María ábrelle o seu corazón, toda a súa vida para acollelo e gozar tamén da salvación que nos ven traer.
Por iso estamos hoxe aquí, para celebrar, aledarnos, agradecer e poñer este ano que comeza baixo o amparo da forza de Deus e a tenrura de María, Nai e educadora que desde a paciencia foi facendo posible que Xesús acabara dicindo: benaventurad@s. Pois nesta benaventuranza comecemos a celebración de hoxe, desde a fidelidade ao Deus da paz que sempre nos invita a camiños de diálogo e entendemento..

Corazón misericordioso

Porque a forza coa que comezamos o ano, rapidamente se converte en desánimo e pesimismo. Señor, téndenos a man nos nosos desalentos.
Porque solo facemos bos propósitos, pero sen esforzarnos por poñelos en practica. Cristo, téndenos a man nos nosos desalentos
Porque somos moi de presente, e esquecemos que o esforzo é o que nos abre camiños e proxectos de futuro. Señor, téndenos a man nos nosos desalentos.

Palabra tranformadora

Deus bendinos coa súa tenrura e paz. A súa bendición é camiño de vida e renovación, de presenza, pero tamén de lembranza para cada un de nós de que temos como tarefa , alí por onde pasemos, ser homes e mulleres de paz. Paz no dicir, no facer, no construír. Como non cansa de repetir í o papa Francisco constantemente: “ a non violencia é o estilo dunha política para a paz». Solo quen ten o corazón grande para entender que as cousas non se amañan nin coa indiferenza nin tampouco co enfrontamento, é capaz de entender e facer seu para vivir a mensaxe de Xesús; é capaz de entender o que estamos a facer hoxe, agora mesmo na igrexa parroquial, neste primeiro de Ano, e no día no que ademais de celebrar que o Si de María fixo posible que da súa Maternidade fose universal e nos acollera a tod@s no seu Fillo. Ese si, abriu a moitas persoas a facer da Palabra de Xesús guieiro desde o que que estar no mundo con actitudes que acheguen, unan, perdoen, valoren o que os demais fan, entendan que a solidariedade é preocuparse dos demais. E polo tanto: sexan/mos persoas de paz. Esforcémonos logo para que:
Deus en cada persoa nos permita recoñecernos uns aos outros como dons sagrados dotados dunha inmensa dignidade.
Que a caridade e a non violencia guíen o modo de tratarnos nas relacións interpersonais, sociais e internacionais. Cando as vítimas da violencia vencen a tentación da vinganza, convértense nos protagonistas máis cribles nos procesos non violentos de construción da paz.
Que a non violencia se transforme, desde o nivel local e cotián ata a orde mundial, no estilo característico das nosas decisións, das nosas relacións, das nosas accións e da política en tódalas súas formas.
A violencia non é a solución para o noso mundo fragmentado.
Tamén Xesús viviu en tempos de violencia. El ensinou que o verdadeiro campo de batalla, no que se enfrontan a violencia e a paz, é o corazón humano:
Pero a mensaxe de Cristo, ante esta realidade, ofrece unha resposta radicalmente positiva: el predicou incansablemente o amor incondicional de Deus que acolle e perdoa, e ensinou aos seus discípulos a amar aos inimigos.
O amor aos inimigos constitúe o núcleo da “revolución cristián”»(Bieito XVI)
A construción da paz mediante a non violencia activa é un elemento necesario e coherente do continuo esforzo da Igrexa para limitar o uso da forza por medio das normas morais, a través da súa participación nas institucións internacionais e grazas tamén á aportación competente de tantos cristiáns na elaboración de normativas a todos os niveis.
Os pastores sentiron a ledicia de atopar, na súa sinxeleza, a Xesús na humildade dos pobres. Que tamén nós, nesta tarefa de ser unha Igrexa pobre e dos pobres, traballemos, desde a non violencia, por defender os valores que poñen ás persoas no centro do actuar e vivir, e non os intereses do ricos e poderosos. Porque facéndoo deste xeito, estamos abrindo un camiño novo fronte aos que pensan que son as bombas e non a educación o que fai da paz o camiño polo que ir avanzando na nosa vida.

Oración compartida

Chamad@s a aprender a mirar máis alá das paredes dos nosos templos, ergamos a mirada cara a confianza en Deus, e digamos xunt@s: Que os nosos guieiros sexan a paz, a tenrura e a acollida.
Para que como Igrexa, traballemos por mirar e transformar o mundo; e coma os pastores, saibamos aledarnos con quen é tratado con xustiza, con respecto, con igualdade e sen violencia. Oremos. Que os nosos guieiros sexan a paz, a tenrura e a acollida.
Para que nas nosas parroquias non pensemos nunca que por vir á Igrexa somos mellores que aqueles que non veñen. E traballemos por dar testemuño de que, se todos nos esforzamos, a paz e a xustiza son posibles. Oremos. Que os nosos guieiros sexan a paz, a tenrura e a acollida.
Para que sentindo a forza da bendición de Deus neste primeiro de Ano, non deixemos que o maltrato, a violencia, o abuso, a corrupción e calquera outra acción que fagan de menos ás persoas, medre alí onde nós vivimos, traballamos ou vemos a persoas que non son tratadas con igualdade. Oremos. Que os nosos guieiros sexan a paz, a tenrura e a acollida.
Grazas, Señor, por alentarnos nesta tarefa. Amén

Palabras para interiorizar

A graza de Deus Pai dáse como amor sen condicións. Tendo recibido o seu perdón, en Cristo, podemos poñernos en camiño para ofrecelo aos homes e mulleres do noso tempo. Día tras día, o Espírito Santo suxírenos actitudes e palabras para que nos convertamos en artesáns da xustiza e a paz.
Que o Deus da paz nos bendiga e veña na nosa axuda.
Que María, Nai do Príncipe da paz e Nai de tódolos pobos da terra, nos acompañe e nos sosteña no camiño da reconciliación, paso a paso.
E que cada persoa que veña a este mundo poida coñecer unha existencia de paz e desenvolver plenamente a promesa de amor e vida que leva consigo.
( Francisco, mensaxe para a Xornada da Paz 2020)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...