Ir al contenido principal

2 domingo TO A 2020

PERSOAS QUE SERVEN, QUE NON PERSOAS ESCRAVAS

CANTO GOZOSO
    ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 9)
    LECTURAS: Aquí estou, Señor, para facer a túa vontade
    OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 34)
    COMUÑÓN: Acharte presente na vida (Nº 54)

    OLLOS ABERTOS

    Serva é aquela persoa que serve, que se pon ao dispor de quen necesita dela. Porén, escrava é aquela persoa sometida, que non actúa por si mesma, senón baixo o xugo de quen a manda e controla. As persoas crentes estamos chamadas a ser servas, nunca escravas. Servas que serven, que están preto de quen as necesita. Deus non quere que esteamos sometidos a ninguén nin a nada, de aí a importancia de non permitir que a ningunha persoa se lle falte ao respecto ou sexa maltratada; de aí o importante de non calar nin volver a cara cando descubrimos calquera tipo de abuso, menosprezo ou violencia: física, psicolóxica ou moral. Ninguén manda sobre ninguén; pero todos nos necesitamos uns a outros e podemos axudarnos.

    PRECISANDO DA TÚA MISERICORDIA

      Porque non sempre somos quen de tratarnos fraternalmente; SEÑOR, QUE NON ESCRAVICEMOS.
      Porque moitas veces facemos a nosa vontade e non a túa; CRISTO, QUE NON ESCRAVICEMOS.
      Porque miramos moito o mal que fan os demais; pero somos moi curtos de vista co dano que facemos nós; SEÑOR, QUE NON ESCRAVICEMOS.

      PÉS NO CHAN

        As palabras de Isaías coas que comeza a primeira lectura que temos lido hoxe dannos a pista de por onde ten que ir avanzando a nosa relación con Deus: por vieiros de servizo. Porque servo é quen serve, non quen se somete a outro ou se sente escravizado por el. Deus non quere someternos e facernos de menos. Tampouco nos chama ao fanatismo e á desconsideración para cos demais. El é un Deus que a través da nosa confianza, do noso actuar honesto, libre, responsable e solidario, vai presentándose aos ollos dos demais como o que é: o Deus que nos coñece, que nos quere, que se preocupa por nós e que vai camiñando na nosa compaña. Un Deus de amor e para o amor, non para o medo nin a violencia. Un Deus moi lonxe da imaxe que, ao mellor, ten chegado a nós. Si, porque moitas veces a imaxe que se nos ten transmitido é a dun Deus de medo, controlador, castigador e detective; como se estivera cunha lupa permanentemente detrás nosa para ver onde están as pegadas do que fixemos mal. Pois se esa é a nosa maneira de comprender a Deus teremos que comezar xa a cambiar, porque dificilmente a nosa relación será de confianza se cremos que El nos vai seguindo as pegadas e vai tras nosa buscando descubrir o que non fixemos ben. Cambiar quere dicir aprender a sentir a experiencia de Deus como liberación, acollida, amizade, empatía... misericordia. Que lonxe do que tantas veces temos escoitado! El non ameza, non busca debaixo das pedras, non coacciona... El só ama. Seremos quen de entendelo e comezar a vivir a nosa relación con El desde aí?
        Deste xeito, neste descubrir como temos que estar no medio do mundo non estamos solos. Un compañeiro vai sendo o que nos segue a mostrar a luz no camiño: o Espírito, para que, como ocorreu con Xoán, tamén nós poidamos, coa nosa maneira de facer e dicir as cousas, dar testemuño de Xesús, o Fillo que pasou facendo o ben.

        FRATERNIDADE ORANTE

        Rezamos agora xunt@s a Deus presentando a oración comunitaria e dicindo:
        GRAZAS, SEÑOR, POR ENSINARNOS QUE O CAMIÑO É SERVIR
        • Para que Igrexa acompañe co seu actuar as palabras do papa Francisco coas que nos invita a ser servidores dos de embaixo, dos máis pobres e necesitados, porque neles descubrimos o rostro de Xesús, OREMOS.
        GRAZAS, SEÑOR, POR ENSINARNOS QUE O CAMIÑO É SERVIR
        • Para que nas nosas comunidades vaiamos aprendendo cada día a calar cando non poidamos falar ben dos demais; a recoñecer que outros saben facer as cousas mellor ca nós; a non sentir envexa polo que os demais consigan, senón estímulo para acadalo tamén nós, OREMOS.
        GRAZAS, SEÑOR, POR ENSINARNOS QUE O CAMIÑO É SERVIR
        • Para que cada un/ha de nós non confundamos nunca servir con escravizar, e non tentemos dominar aos demais, especialmente a aqueles que son máis débiles e máis nos necesitan, OREMOS.
        GRAZAS, SEÑOR, POR ENSINARNOS QUE O CAMIÑO É SERVIR
        Acolle canto hoxe, Señor, poñemos ao teu abeiro, coa confianza de que nos vas acompañar nesta tarefa de converter a oración en forza para o camiño da vida. P.X.N.S. Amén.

        MIRADA ESPERANZADA
        Somos construción de Deus,
        non nos pertencemos,
        somos cidade no alto.
        É absurdo pretender agocharse…
        Estamos feitos todos e todas
        para a colaboración mutua,
        para a iluminación mutua,
        para o reforzamento mutuo.
        Somos feitos para a comunidade,
        para dar e recibir,
        luz,calor,ánimos, ideas…
        A primeira luz son os feitos bos,
        non as palabras;
        e o fin non é o propio lucimento,
        senón a bendición de Deus.
        (Manuel Regal)

        Comentarios

        Entradas populares de este blog

        Corpus 2025

          MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

        1 Advento 2024

        Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

        3 Advento 2024

          CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...