Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2018

Apóstolo Santiago 2018

Celebramos a festa desde a fe compartida na lingua dignificada pola Palabra feita presenza Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Vaiamos ao altar (Nº 133)
LECTURAS: Deixade esta terra
OFERTORIO: Acharte presente (Nº 54)
COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)

PARA NON PERDER O PASO Neste vinte e cinco de xullo, festa de Santiago Apóstolo e Día de Galicia, queremos compartir a celebración que agora comezamos desde a acción de grazas ao Deus que nos invita a ir e pregoar a súa Boa Nova no medio do mundo. Fieis a este mandato, os Apóstolos saíron cumprir esta misión con ilusión, esperanza e convencemento. Froito dela, hoxe estamos nós aquí para agradecer a Deus este don da fe que podemos celebrar rezando na nosa lingua, expresándoo desde a nosa cultura e compartíndoo coas mulleres e homes da nosa terra. Que este gozo que aquel pequeno grupo de seguidores de Xesús fixo xermolar, saibamos continualo coa nosa vida e o noso traballo por mellorar as condicións de vida das xentes do noso t…

16 domingo TO B 2018

XUNTAR, ALEDAR E UNIR. TRES ACTITUDES QUE DEFINEN A TODO PASTOR QUE QUEIRA ALENTAR A VIDA DAS COMUNIDADESCANTO GOZOSO
ENTRADA: Con ledicia imos todos ao altar (Nº 2) LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27) OFERTORIO: Pan do ceo (Nº 53) COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos (Nº 103)
PARA NON PERDER O PASO Traballar para que as comunidades estean unidas, para que colaboren unhas persoas con outras, para que ningunha delas resulte indiferente ou estraña, é unha tarefa que ningunha das persoas que conformamos estas comunidades podemos deixar de lado. Pero especialmente esta tarefa teñen que tomala moi en serio aquelas persoas que están á fronte das mesmas, os seus pastores, porque se os que teñen a tarefa de unir, alentar e achegar son os que desunen, afastan e crean lea, dificilmente poderán ser promotores da Boa Nova de Xesús.
Nesta mañá na que nos volvemos xuntar para compartir e agradecer a fe, participemos poñendo o mellor de nós, e colaboremos para que os nosos pastores sentan e vivan en ce…

14 Domingo TO B 2018

CHAMAD@S A SER PROFETISAS E PROFETAS DE ESPERANZA NUN MUNDO LICUADO NA DESESPERANZADescarga o ficheiro
CANTO GOZOSO ENTRADA: Con ledicia vimos (Nº 3)
LECTURAS: Grazas, Señor, na mañá (Nº 117)
OFERTORIO: Benaventurados (Nº 119)
COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58)
PARA NON PERDER O PASO
A desconfianza parece que acampou na nosa sociedade. Lonxe quedan os tempos nos que un apertón de mans ou unha palabra dada convertíanse no mellor e único notario para selar un acordo. Hoxe, por moitas palabras que nos digamos entre nós, xa non son palabras de fiar porque se incumpren, se esquecen ou se ignoran. Non temos máis que miran ao noso redor, sen necesidade de ter que estirar moito o pescozo para darnos conta do que vimos dicindo. Fronte este desleixo da palabra e do compromiso aceptado e rachado; ou da palabra outorgada e negada, os textos que hoxe imos proclamar na celebración invítannos a non deixarnos ir por esta corredoira de negación dun mesmo senón a esforzarmos por incorporar ao noso xeito de actuar…

15 Domingo TO B 2018

SEGUIR UN CAMIÑO DIFERENTE Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO
ENTRADA: Unha xuntanza de amor (Nº 7)
LECTURAS: Eu soñei (Nº 58)
OFERTORIO: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)
COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)
PARA NON PERDER O PASO A xente anda escapando do sufrimento, e procurando a felicidade, moitas veces a conta de pisar aos demais. Pero non podemos pasar a vida a fuxir; nin podemos ser felices pensando só en que son os outros quen teñen que estar ao noso servizo.
O camiño de Xesús, que celebramos cada domingo, é un camiño diferente: Unha procura do ben da xente, poñéndonos nós ao servizo dos demais e mesmo aceptando que a incomprensión e o sufrimento forman parte dese servizo. Que a celebración de hoxe nos afaste dunha carreira que non leva a ningures e que nos dea azos para andar no camiño de Xesús.CO CORAZÓN FERIDO Porque andamos tan as carreiras que non buscamos na nosa vida lugares e tempos para a reflexión repousada e serea da túa Palabra; SEÑOR, SEGUE A ENCHERNOS COA TÚA MISERICORDIA.Porq…