Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2018

Corpus 2018

O TEU COMPROMISO MELLORA O MUNDO Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO  Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa da Eucaristía que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Cristo faise presente para dicirnos que, do mesmo xeito que El se doa, tamén nós estamos chamadas e chamados a doarnos na entrega xenerosa cara aos demais. É entón festa incluínte que nos iguala a todas as persoas ao redor dun sinal sinxelo, á vez que claro: o pan enchoupado da miga da nosa entrega e xenerosidade para facer que o mundo sexa casa común onde a mesa sexa de tod@s e ninguén sexa excluído. Un sinal que está en total contradición co xeito que teñen de actuar e facer as cousas os nosos gobernantes. Namentres eles buscan o enfrontamen

Trindade 2018

CELEBREMOS QUE DEUS É SEMPRE COMUNICACIÓN POR, DESDE E CON AMOR Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Vaiamos ao altar (Nº 133) LECTURAS: Cantade ao Señor (Nº 23) OFERTORIO: Gracias, Señor (Nº 34) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Temos escoitado moitas veces que Deus é amor. Un amor que se vai despregando a todas as persoas e situacións polas que o mundo, casa común, vai vivindo. Este amor adquire lugar no calendario litúrxico coa festa deste domingo: a Santísima Trindade. Con ela as persoas crentes no Deus de Xesús queremos poñer de manifesto que todo amor, cando é auténtico, é comunicación, proxección cara aos demais e experiencia de relación. Todo o contrario do individualismo ou da vivencia egoísta e pechada da fe. Estas afirmacións fannos poñer a mirada no noso mundo para pedir perdón por todas as veces nas que as persoas cristiás non temos feito do amor comunicación en comuñón, senón interese persoal. Todas esas veces que foro

Pentecoste 2018 B

POR AGASALLARNOS CUN HA IGREXA POLIÉDRICA ....   GRAZAS, SEÑOR!!!!!!!!!!!!!! Descarga o ficheiro O modelo está no poliedro,    que reflicte a confluencia de todas as parcialidades,    que nel conservan a súa orixinalidade (EG 236)   C ANTO GOZOSO   ENTRADA:   Camiña ndo pola vida (Nº 9 )   ASPERSIÓN:   A auga do Señor (Nº 125)   LECTURAS:   Manda o teu Espírito (Nº 1 2 6 )   OFERTORIO:   Eu soñei (Nº 58)     COMUÑÓN:   Ide e pregoade   (N º   5 5 )   PARA NON PERDER O PASO Moitas veces cústanos entender –e xa non digamos aceptar- que non todo o mundo pensa e actúa coma nós; sen decatarnos de que se todas as persoas foramos do mesmo equipo de fútbol, da mesma asociación, do mesmo partido político ou do mesmo sindicato, non teríamos variedade e seriamos monocromáticas.    Este fenómeno tamén se pon de manifesto na nosa vida de fe: non nos afacemos á pluralidade, pensamos que só hai unha linguaxe para falarmos de Deus. Por