Ir al contenido principal

Corpus 2018

O TEU COMPROMISO MELLORA O MUNDO

CANTO GOZOSO

    corpus Christi de 2018
ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54)
LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33)
OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63)
COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120)

    PARA NON PERDER O PASO 

    Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa da Eucaristía que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Cristo faise presente para dicirnos que, do mesmo xeito que El se doa, tamén nós estamos chamadas e chamados a doarnos na entrega xenerosa cara aos demais. É entón festa incluínte que nos iguala a todas as persoas ao redor dun sinal sinxelo, á vez que claro: o pan enchoupado da miga da nosa entrega e xenerosidade para facer que o mundo sexa casa común onde a mesa sexa de tod@s e ninguén sexa excluído. Un sinal que está en total contradición co xeito que teñen de actuar e facer as cousas os nosos gobernantes. Namentres eles buscan o enfrontamento, o engano e a mentira, o recoñecemento social e a imposición de canto separa e marca diferenzas; a festa de hoxe invítanos a camiñar por un camiño distinto: o da acollida, escoita, entendemento e traballo en común. Porque só neles de desde eles, se pode facer presente Xesús, o Deus que nos reúne e convoca ao redor da mesa neste día para celebrar a fraternidade.

    CO CORAZÓN FERIDO

      • Porque buscamos distinguirnos e non achegarnos; SEÑOR, QUE NO NOSO CORAZÓN NON MEDRE A INDIFERENZA.
      • Porque a nosa participación nas celebracións non é festiva senón rutineira; CRISTO, QUE NO NOSO CORAZÓN NON MEDRE A INDIFERENZA.
      • Porque deixamos que endureza o pan que aniña no corazón, impedíndonos achegarnos a pedir perdón e perdoar; SEÑOR, QUE NO NOSO CORAZÓN NON CREZA A INDIFERENZA.

      UNHA PALABRA QUE AGROMA 

      Celebrar a festividade do Corpus Christi é dar vida a toda historia de amor de Deus co seu pobo ao longo do tempo. A primeira lectura lembra un destes momentos de relación entre eles. Parecía que ía ser o único, o definitivo. O compromiso do pobo parece firme e incuestionable. Pero pronto se vai esquecendo porque a preguiza, o crerse forte e non necesitado da presenza de Deus, o pensar que xa pode e sabe camiñar só e sen compaña vai facendo que o pobo tome outros camiños que o distancian daquel proxecto de amor que se comprometera a desenvolver, deixando a Deus de lado. El segue a confiar e, unha e outra vez, volve renovar aquela Alianza; pero o pobo vaille dando; unha e outra vez tamén, as costas. Ata que definitivamente, e no seu Fillo Xesús, sela a Alianza definitiva. Cristo irrompe na historia, na nosa historia, para cambialo todo e ofrecernos outro xeito de mirarnos e de mirar o mundo e canto nel hai.
      Cristo é ponte de encontro e fraternidade entre nós e mais Deus. Sempre que nos xuntamos ao redor da mesa do altar lembrámolo. No Evanxeo proclamado hoxe escoitabamos que Xesús invita, non obriga. Tristemente a Igrexa durante moito tempo obrigou, non invitou. Unha obriga da que agora estamos a recoller os resultados en forma de abandono, indiferenza, rexeitamento, ritualismo e ausencia dunha fe persoal e personalizada. Porén, para as persoas que participamos nas celebracións coa alegría de compartir o encontrarnos na sinxeleza do Deus que se fai pan, é unha experiencia marabillosa de agradecer e retroalimentar a nosa esperanza desde a concreción da fe que non ten medo a saír dos templos para mostrarse como proposta que invita, visita, acolle, aleda e alenta as situacións de tanta xente que nas nosas parroquias ou traballos, se ven golpeadas pola frustración, o desánimo e o fracaso dos plans e proxectos que un día comezaron cheas de ilusión.
      Cáritas, testemuño visible desta Igrexa que sae dos templos para escoitar, acompañar e transformar situacións que levan ás persoas ao desacougo e á tristura, invítanos a vivir este día cunha opción clara: comprometernos a seguir a obra de Xesús. E lémbranos que aínda hai moito que mellorar. Por iso, o compromiso de cada un/ha de nós, si; e temos que crelo, mellora o mundo. O noso compromiso non se mide por horarios ou ganancias; a nosa referencia é a persoa de Xesús de Nazaré. Non o esquezamos.

      DESDE A ORACIÓN COMPARTIDA

      Oremos a Deus Pai, rico en misericordia, para que nos dea o pan de cada día e o pan de Xesucristo, fonte de vida plena, dicindo:
      DANOS, SEÑOR, O TEU PAN
      Para que a Igrexa, que parte o pan, dea testemuño á hora de compartir os bens materiais e espirituais e de traballar pola xustiza; OREMOS.
      DANOS, SEÑOR, O TEU PAN
      Para que os ricos do mundo oian os gritos de tantos que queren outro mundo posible onde reine a xustiza, OREMOS.
      DANOS, SEÑOR, O TEU PAN
      Para que as persoas que comulgamos con Cristo nos comprometamos a vivir a comuñón cos irmáns e coas irmás, traballando por unha sociedade solidaria e fraterna, OREMOS.
      DANOS, SEÑOR, O TEU PAN
      Polas persoas voluntarias de Cáritas, para que sintan a forza do Espírito nas súas vidas e conten co noso apoio, OREMOS.
      DANOS, SEÑOR, O TEU PAN
      Grazas, Señor, por volverte pan que alimenta o camiño da nosa vida. P.X.N.S. Amén.

      PARA QUE TOD@S SINTAMOS A LEDICIA DO COMUNITARIO

      Señor Xesús, resucitado neste pan bendicido; ser persoa adulta, é dicir, responsable da súa vida non é fácil. Ser cristián adulto é estar comprometido co Evanxeo. A nosa fe, a nosa confianza en Ti é pobre. O noso esforzo por facer un mundo humano é moi limitado. O noso compromiso pola verdade, pola xustiza, polo amor, sobre todo á xente máis débil, pola solidariedade queda, moitas veces en palabras. Axúdanos, Señor, a ser persoas serias no que paga a pena: no amor comprometido pola vida, no traballo por unha sociedade sa, na loita pola dignidade de todos os seres humanos, no coñecemento do teu evanxeo, en unirnos para a oración comunitaria, en alimentarnos co teu Corpo e Sangue, coa túa vida enteira.

      Comentarios

      Entradas populares de este blog

      5 Domingo TO B 2018

      PERSOAS LOITADORAS, NON SUFRIDORAS Descarga o ficheiro
      CANTO GOZOSO
      öENTRADA: Amigos nas penas
      öLECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27)
      öOFERTORIO: Acharte presente na vida (Nº 51)
      öCOMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)
      PARA NON PERDER O PASO
      Cando unha cousa non nos serve, cando non ten nada que poidamos obter dela, deixámola de lado. Na nosa vida de fe, ocorre que moitas veces estamos ermos: non sentimos nada e somos incapaces de poñer en relación canto rezamos co que facemos cada día. Deste xeito, pouco a pouco, váisenos apagando a chama da fe e convertemos todo o que di relación con ela en puro e simple costume, comercio, acto social ou tradición, inda que ás veces o queiramos revestir de cultura para poder mantelo.
      Fronte desta situación, os textos que hoxe imos proclamar chámannos a non deixarnos caer nesta tentación, a esforzarnos por non deixar que esmoreza a esperanza, a aprender a gozar do moito que nos enriquece e aporta a fe. Non imos solos, temos un amigo ao noso lado: Xesús. Deixemos…

      1 Coresma 2018

      A fe non é un comercio, inda que algúns que teñen como misión achegárnola a convertan nunha profesión de taxa e estipendio

      Descarga o ficheiro SINAL DE CORESMA Comezamos o tempo de Coresma. Un tempo forte que a liturxia católica volve ofrecernos para celebrar a Pascua co corazón e as actitudes dispostas a non deixarnos levar da rutina nin polo desacougo. Por iso, en tempos de reciclaxe, reutilización e redución, queremos que a árbore que no Advento nos invitaba a desprendernos das pedras escurecidas da nosa vida, nos axude ao longo desta Coresma a tomar conciencia de que non pode haber esperanza pascual se deixamos que se adhiran a nós as pedras que nos ennegrecen e nos afastan da forza e da alegría da fe. Cada domingo colocaremos ao redor da árbore unha pedra que nos lembrará que se non poñemos esforzo acabaremos facendo da fe irrelevancia en cada un de nós. Neste primeiro domingo a chamada de atención é para que non fagamos da fe un comercio. CANTO GOZOSO oENTRADA: Misioneiro (Nº 115) oLEC…