TRANSFORMEMOS A FLOR MURCHA DA CORESMA NO VERDE ESPERANZADO CARA Á PASCUA
Nós hoxe tamén, coma Xesús, poñémonos en camiño cara esa Xerusalén que nos levará da mesa da fraternidade ao triunfo da Noite Santa da vida, pasando pola tristura e o desacougo da Paixón do Venres Santo.
Dispoñámonos, poñendo o mellor de nós, a comezar esta andaina de salvación e esperanza.
Deus é quen convida: vide logo irmáns.
Temos unha festa ao pé do altar,
se Deus nos convida, iremos alá.
1. Encheremos a igrexa de flores, luciremos as roupas mellores, pois a festa é festa rachada, porque en Deus temos posta a esperanza.
2. Xuntaremos as voces rezando, louvarémolo cos nosos cantos, á súa mesa colleremos os folgos, para logo servilo nos outros.
3. Sentiremos a súa presenza nos irmáns que comparten a festa, e despois renovados iremos, polas rúas anunciando o Reino.
· E gozaremos ao proclamar que foron as mulleres ás primeiras en descubrir que todo canto Xesús dixera, vivira e compartira non fracasara. Que non venceron os poderosos; que os que querían controlar, mandar, impoñer, decidir... esconder e calar a voz da esperanza coa que falaba Xesús non foron capaces de conseguilo e vencer. Todo o contrario. A mensaxe para os pobres, os eivados, os invisibles, os débiles, os esquecidos, aqueles aos que ninguén lles prestara atención, non sendo Xesús, non quedaron derrotados. Iniciamos entón hoxe o camiño que acabará poñendo no cumio do proxecto de amor, de vida, de esperanza e do triunfo aos sinxelos e pequenos, porque eles son, foron e seguirán sendo os preferidos de Deus.
· Non paremos entón nesta camiñada que hoxe temos comezado, e sigamos unidos como comunidade que loita contra todo canto quere impedir que poidamos chegar ao final deste camiño de triunfo e vida. Que a preguiza non nos impida gozar desta marabilloso agasallo que Deus nos fai!
QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
Para que a flor murcha que nos foi acompañando ao longo da coresma, se converta en flor capaz de reverdecer os nosos corazóns na busca de ser unha Igrexa ao servizo da renovación e a creatividade; OREMOS.
QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
Para que neste noso mundo, tan ameazado polo egoísmo e os intereses dos poderosos, os cristiáns e as cristiás saibamos ser gozo e esperanza de entendemento, diálogo e ben común; OREMOS.
QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
Para que nas nosas comunidades parroquiais saibamos vivir estes días coa fondura dunha fe que nos leva a comprometernos a ser testemuñas de fraternidade e amizade social, que busquen servir e non servirnos; OREMOS.
QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
Para que o camiño que hoxe iniciamos nos faga ver que a fe ha ser sempre motor de liberación e fraternidade da nosa vida e do noso xeito de tratarnos e respectarnos; OREMOS.
QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
Que a túa bendición anime e alente o noso camiñar para ser unha Igrexa de ollos abertos e camiñar sinodal. P.X.N.S. Amén.
Cando estabamos fóra bendicimos os ramos e as palmas. Agora achegamos ao altar algúns deles para que na mesa do pan compartido sexamos quen de visibilizar a necesidade, que nunca deberamos esquecer, de establecer relacións interxeracionais de confianza e entendemento que enriquezan, como pingueiras de esperanza, a vida e a comunicación dentro das nosas familias.
E se consegues gozar da súa presenza en ti, entenderás porque precisamos celebrar este camiño de acollida e esperanza. Camiño que non esquece a dureza da vida na dor do Venres Santo, pero no que a forza do pan compartido, Xoves Santo, é alimento para non desfalecer ata acadar a meta da resurrección: a Pascua.
Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos.
COMEZANDO A CAMIÑAR
Xesús púxose en camiño cara a Xerusalén ,escoitaremos na lectura do evanxeo de Lucas. Un camiño que se converte en sinal de contradición. En Xerusalén vivirá a morte; pero tamén alí, na mesma Xerusalén, na resurrección, mostrarase a grandeza e a fondura do Deus que envía ao seu Fillo para ser coma nós. A resurrección é, xa que logo, o triunfo, a esperanza, o punto de chegada dun camiño duro, difícil e cheo de dificultades.Nós hoxe tamén, coma Xesús, poñémonos en camiño cara esa Xerusalén que nos levará da mesa da fraternidade ao triunfo da Noite Santa da vida, pasando pola tristura e o desacougo da Paixón do Venres Santo.
Dispoñámonos, poñendo o mellor de nós, a comezar esta andaina de salvación e esperanza.
ACOLLENDO A BENDICIÓN DE DEUS
Señor, sabéndonos persoas acollidas e agarimadas por Ti, queremos comezar este camiño de esperanza e plenitude que nos leva ata Xerusalén. Traemos ramos e palmas para que nos acompañen nesta camiñada e para que os enchoupes coa túa bendición.Que esta auga que imos asperxer sobre os ramos e as palmas, sexa sinal da túa invitación a ser berce de esperanza coa nosa palabra e as nosas accións.
Bendí + estes ramos e palmas, cos que mostramos que comezamos o camiño que nos leva a participar comunitariamente de Semana Santa de vida e resurrección. P. X.N.S. Amén.
(Ao remate da bendición, comezamos a procesión cara á igrexa cantando)
CANTO PROCESIONAL
Temos unha festa ao pé do altar,Deus é quen convida: vide logo irmáns.
Temos unha festa ao pé do altar,
se Deus nos convida, iremos alá.
1. Encheremos a igrexa de flores, luciremos as roupas mellores, pois a festa é festa rachada, porque en Deus temos posta a esperanza.
2. Xuntaremos as voces rezando, louvarémolo cos nosos cantos, á súa mesa colleremos os folgos, para logo servilo nos outros.
3. Sentiremos a súa presenza nos irmáns que comparten a festa, e despois renovados iremos, polas rúas anunciando o Reino.
ORACIÓN COLECTA
Fai crecer, Señor, a fe das persoas que esperamos en Ti e escoita as oracións das que a ti acudimos; para que ao erguer hoxe os ramos e as palmas en honor de Cristo vitorioso, permanezamos nel dando froito abundante de boas obras. P.X.N.S. Amén.Deixándonos remoer pola forza da Palabra
· Comezabamos fóra bendicindo ramos e palmas e poñéndonos en camiño. Toda unha metáfora da vida, do comezar, do decidirse a camiñar a pesar das dificultades, atrancos, e moitas veces, dúbidas e incomprensións sobre ese camiño. Pero comezamos, e iso é o importante. Non deixándonos levar da preguiza de quen vai deixando dun día para outro a decisión de camiñar. Domingo de Ramos é festa de invitación a perder medos e decidirse. Xa non podemos deixar para máis adiante, porque so quen comeza pode chegar, con tódalas dificultades que vaian aparecendo ao longo das xornadas, si, ata a meta. E a meta deste camiño que hoxe comezamos está no domingo de Pascua, no domingo de resurrección; ese domingo que nos di que a morte, a dor, a tristura, os medos, os desacougos, os... foron vencidos. E que outra tempo, no que o evanxeo sexa luz, é posible.· E gozaremos ao proclamar que foron as mulleres ás primeiras en descubrir que todo canto Xesús dixera, vivira e compartira non fracasara. Que non venceron os poderosos; que os que querían controlar, mandar, impoñer, decidir... esconder e calar a voz da esperanza coa que falaba Xesús non foron capaces de conseguilo e vencer. Todo o contrario. A mensaxe para os pobres, os eivados, os invisibles, os débiles, os esquecidos, aqueles aos que ninguén lles prestara atención, non sendo Xesús, non quedaron derrotados. Iniciamos entón hoxe o camiño que acabará poñendo no cumio do proxecto de amor, de vida, de esperanza e do triunfo aos sinxelos e pequenos, porque eles son, foron e seguirán sendo os preferidos de Deus.
· Non paremos entón nesta camiñada que hoxe temos comezado, e sigamos unidos como comunidade que loita contra todo canto quere impedir que poidamos chegar ao final deste camiño de triunfo e vida. Que a preguiza non nos impida gozar desta marabilloso agasallo que Deus nos fai!
Camiñemos na forza da oración sinodal
Porque somos Igrexa que camiña xunta, sinodalmente, compartimos agora a nosa oración comunitaria que alenta e anima o noso camiñar dicindo:QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
QUE A SAVIA DA TÚA PALABRA ESPERANCE O NOSO CAMIÑO
Que a túa bendición anime e alente o noso camiñar para ser unha Igrexa de ollos abertos e camiñar sinodal. P.X.N.S. Amén.
OFERTORIO
Unha crianza, unha persoa moza, unha persoa adulta e unha maior achegan ao altar ramos e palmas que antes temos bendicido e colócanos ao seu redor.Cando estabamos fóra bendicimos os ramos e as palmas. Agora achegamos ao altar algúns deles para que na mesa do pan compartido sexamos quen de visibilizar a necesidade, que nunca deberamos esquecer, de establecer relacións interxeracionais de confianza e entendemento que enriquezan, como pingueiras de esperanza, a vida e a comunicación dentro das nosas familias.
Alentando o noso camiñar
Aproveita estes días para procesionar con Cristo. Sen ritualismos nin teoloxías, achegándote a El coa sinxeleza dun fillo, dunha filla que lle conta ao seu pai e a súa nai o que sente, o que lle aleda, o que lle produce medo ou tristura, o que... porque so nesa confianza serás quen de comprender o misterio que estes días, cantos nos chamamos seguidoras e seguidores do Señor, celebramos, compartimos e vivimos.E se consegues gozar da súa presenza en ti, entenderás porque precisamos celebrar este camiño de acollida e esperanza. Camiño que non esquece a dureza da vida na dor do Venres Santo, pero no que a forza do pan compartido, Xoves Santo, é alimento para non desfalecer ata acadar a meta da resurrección: a Pascua.
Comentarios