Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2011

Remol Nadal 2011

VIVE SINXELAMENTE PARA QUE OUTRAS PERSOAS, SINXELAMENTE, POIDAN VIVIR (CAMPAÑA DE CÁRITAS) PÓRTICO Deus enviou ao seu Fillo á casa humana para restaurala e devolverlle ás persoas a súa dignidade auténtica. Por iso naceu de María, porque quería vestirse de home e vivir desde dentro a condición humana para salvala. Velaí o grande misterio que celebramos hoxe, no día de Nadal. Pero.... despois de vinte e un séculos, podemos afirmar que temos aprendido a lección do Nadal?. Celebramos “as navidades”; pero non vivimos o Nadal, porque... as navidades apacíguannos, adormécennos, regálannos e engórdannos. O Nadal interpélanos, espértanos, alégranos, aluméanos e acéndenos. as navidades pasan; o Nadal permanece as navidades van da man das ilusións; o Nadal vai da man da esperanza as navidades vístense escandalosamente de luxo; o Nadal vístese de austeridade as navidades instálannos; o Nadal estimúlanos as navidades converten o misterio en consumo; o Nadal axeónllase

Remol Aninovo

E O SI DE MARÍA ABRIU O CEO Á MATERNIDADE DE DEUS PÓRTICO No comezo do ano, no que se volven renovar ilusións e proxectos, queremos poñer estes doce meses que temos por diante na man de Deus, para sentírmonos acompañados por El; tanto cando as cousas saian como as tiñamos proxectado, como cando non consigamos atopar explicación a canto ocorre. Renovar é querer poñer punto e seguido na nosa vida. Un punto e seguido que non mira cara atrás, senón que encara o futuro con ollos de admiración e esforzo polo moito que temos que facer, e polas posibilidades que se nos abren. E porque esta viaxe non a queremos facer solos, no bo e no malo, nas tristuras e ledicias, nos sorrisos e nas bágoas, que aprendamos sempre, Señor, a deixarnos acompañar por Ti. Acollendo a túa palabra, en Xesús recibimos a túa bendición para que este sexa un ano de presenza solidaria e traballo cotián pola paz e a xustiza: Bendí, Pai, o noso mundo, dividido por tantas inxustizas e violencias. Que os respons

4 advento 2011

ADVENTO, TEMPO DE AIRE RENOVADOR NUNHA IGREXA NECESITADA DEL INICIAD@S NA RECONCILIACIÓN SIGNO: Colocamos no taboleiro ou prendemos a cuarta e derradeira candea, que terá o nome do sacramento da reconciliación ou algún signo alusivo a dito sacramento. PÓRTICO No camiño do Advento atopamos tamén con María, muller, cristiá da primeira fornada, nai e sempre fiel discípula disposta a acoller e enxergar no seu corazón canto vía e escoitaba dos beizos e accións de seu Fillo. A candea de hoxe, coa presenza da Señora do Advento, Santa María da Esperanza, quere lembrarnos que moitas veces a iniciación queda interrompida porque o noso actuar vaille dando, pouco a pouco, as costas a Deus e esquecéndose de que a fidelidade é constancia, paciencia, esforzo e renuncia. E como nós moitas veces, ou non queremos ou nos custa en exceso camiñar nestas catro actitudes, tiramos por terra canto o Bautismo, a Confirmación e a Eucaristía foron sementando en nós. Por iso, antes de dar o paso final e tr

3 domingo advento 2011

ADVENTO, TEMPO DE ACCIÓN DE GRAZAS Iniciad@s na Eucaristía SIGNO : Colocamos no taboleiro ou prendemos a terceira candea, que terá o nome do sacramento da Eucaristía ou algún signo alusivo ao mesmo. PÓRTICO O terceiro sacramento da iniciación é a Eucaristía. Cara el han levarnos tanto o bautismo como a confirmación, e con el pechamos a triloxía que nos invita a estar no medio do mundo cunha actitude activa de fidelidade, compromiso e seguimento daquel en quen cremos, daquel a quen rezamos –pedindo, pero tamén agradecendo- e desde o que traballamos para que o mundo sexa casa común de encontro, diálogo e presenza de Deus. E que mellor que no comezo da celebración sexamos invitados non só a participar da Eucaristía estando fisicamente, senón a vivila con espírito de comuñón fraterna cos irmáns, de diálogo sincero desde a relación con Deus e en permanente acción de grazas por todo canto imos atopando no camiño da vida, e que vai facendo de nós man solidaria, corazón quente