Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2023

25 domingo TO A 2023

Libres para elixir se emigrar ou quedar Cantos Entrada.-  Que ledicia (4 ) Lecturas.-  As túa palabras ( 113 ) Ofertorio.-  Acharte presente (51 ) Comuñón.-  Déixate querer ( 61 ) Pórtico             As comunidades cristiás que conformamos a Igrexa celebramos hoxe a Xornada Mundial da Persoa Migrante e Refuxiada. Unha Xornada que este ano xira ao redor da liberdade como opción e decisión de vida. Só cando unha persoa é libre para tomar decisións poderemos entender as razóns que a levan a saír da súa terra e poñerse en camiño deixando moitas veces atrás a súa familia e todo canto ata ese momento formara parte da súa vida. Para que a liberdade sexa o único que mova ás persoas a migrar precísase coñecer cales son as causas das migracións, sabendo que moitas delas son forzades e non libres.             Neste mañá na que nos reunimos para compartir a oración comunitaria, preguntémonos se somos quen de superar prexuízos culturais, sociais ou identitarios, que tantas veces nos impiden ver ás

24 domingo do TO A 2023

NON REDUZAMOS O PERDÓN A UNHA PALABRA BALEIRA. DEIXEMOS TRANSFORMAR O CORAZÓN CANTOS ·        Entrada.-  Arrepentido  (13 ) ·        Lecturas.-  Escoita ao Señor  ( 15) ·        Ofertorio.-   Recibe Señor  ( 31 ) ·        Comuñón.-  Ti es camiño e verdade  ( 57)   MIRADA AGRADECIDA A palabra perdón é unha desas palabras que, a forza de usala tantas e tantas veces, acaba por perder sentido e forza. Para evitalo debemos esforzarnos porque sexa froito da reflexión, da revisión de comportamentos e actitudes, das gañas e esforzo por cambiar e deixar atrás, de verdade e non teoricamente, todo canto sabemos que foi fonte de desacougo, tristura, desesperanza e dor provocado ás demais persoas e tamén a nós. O ata setenta veces sete  que escoitaremos  de Xesús quere facernos caer na conta que, sendo difícil, ninguén o pode negar, supón e esixe esforzo permanente para que non quede nunha simple intención. O perdón, concedido ou recibido, é sempre experiencia renovadora e alegre. Comezamos logo ho

23 domingo TO A 2023

23º domingo do tempo Ordinario No contrapaso do mundo de hoxe: fagamos da humildade e do perdón chanzos da escaleira dea vida CANTOS             Entrada.-   Unha parroquia                                                                                                      Lecturas.-  O amor é o meirande (120)             Ofertorio.-  Eu soñei ( 58)             Comuñón.-  Quédate, Señor, connosco ( 63 )   OÍDO Á ESPREITA              Preséntanos hoxe a Palabra de Deus que imos proclamar unha invitación que vai a contracorrente do mundo no que vivimos: practicar  a corrección fraterna . É dicir, corrixir ao irmán e á irmá, recoñecer que nos equivocamos moitas veces, saber pedir perdón a quen temos menosprezado, aceptar o perdón de quen sabe que nos fixo dano... Actitudes que neste noso mundo no que todas e todos estamos, e no que parece que queremos ter sempre razón e converter en verdade o que nos gusta, nos convén ou nos ofrece protagonismo ao modo dos e das “  influencers ” hoxe tan d