Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

4 Coresma 2019

4º Domingo de Coresma Que os pasos de cada día   fagan o camiño deixando atrás o vello, o que desilusiona, o que   entristece e endurece o corazón Cantos Entrada .- Todos xuntos   ( 56 ) Lecturas .- Seguirei os teus pasos   ( 103 ) Ofertorio. - Eiqui están           ( 32   ) Comuñón.- Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Sinal de Coresma Engadimos un novo corazón coa lenda: persoas silenciadas Oídos atentos Cando facemos limpeza na casa cústanos a tod@s   decidir que cousas queremos, podemos ou debemos tirar ao lixo porque ocupan espazo pero xa non as utilizamos. E pásanos isto porque tamén ás cousas lle imos tomando cariño, porque fannos lembrar persoas; as persoas que pasaron pola nosa vida deixando pegada, boa ou mala. Por iso pouco a pouco imos acumulando e acabamos por non ter sitio, apesares de ter espazos ou cuartos abondo na casa. Tamén na vida de fe necesitamos facer oco, ordenar espazos, revisar actitudes e comportamentos, e para iso a

3 coresma 2019

Coidar e curar unha tarefa na coresma e sempre Cantos Entrada .- Camiñarei na presenza ( 12 ) Lecturas .- Señor Xesús, bendito sexas ( 52 ) Ofertorio. - No colo de miña nai ( 49) Comuñón.- Grazas, Señor, graciñas ( 50) Sinal de Coresma       Engadimos no taboleiro unha nova palabra desde a que ir preparando a coresma. O noso corazón esta semana invítanos da camiñar desde a reflexión sobre as persoas enfermas. Oídos atentos Neste terceiro domingo de coresma e ao abeiro da festa da Anunciación, tentamos   facer unha mirada do noso mundo desde o si ao respecto e coidado da vida. Respecto e coidado, si, porque a vida non é só nacer, senón que o nacemento   prolóngase no acoller, querer e implicarse para que non haxa vidas esquecidas, silenciadas, maltratadas, abusadas ou suprimidas, e sempre desde o respecto á casa común, onde a vida se desenvolve e   crece. O que fai que o noso si á vida como seguidores de Xesús vaia creando en nós a conciencia de que toda vida é i

2 Coresma C 2019

Deamos pasos de compromiso desde o respecto ás diferenzas e o diálogo na pluralidade Cantos Entrada .- Seguirei os teus pasos (103) Lecturas .- As túas palabras, Señor (113) Ofertorio. - Grazas, Señor na   mañá (117) Comuñón.- Na noite escura (104) Sinal de Coresma Propoñemos esta semana para traballar coa comunidade a atención ás persoas maiores, tan necesitadas das tiritas da compaña, do sorriso, da conversa, da escoita. No segundo corazón colocamos o rótulo de persoas maiores e engadímolo ao sinal. Oídos atentos En moitas ocasións aparece nos textos da Biblia a presentación de Deus como “Aquel que é sendo”. É dicir, que se vai mostrando a través e por medio do seu actuar: saqueite de Exipto, chameite, escoitei ao meu pobo... un Deus que non se evade nin chama a evasión, senón ao compromiso e á implicación por parte das persoas que nos chamamos e sentimos seguidoras súas. Neste segundo domingo de coresma volve insistir neste idea: non se foi, está, e faise pr