Ir al contenido principal

2 Coresma C 2019



Deamos pasos de compromiso desde o respecto ás diferenzas e o diálogo na pluralidade
Cantos
Entrada.- Seguirei os teus pasos (103)
Lecturas.- As túas palabras, Señor (113)
Ofertorio.- Grazas, Señor na  mañá (117)
Comuñón.- Na noite escura (104)
Sinal de Coresma
Propoñemos esta semana para traballar coa comunidade a atención ás persoas maiores, tan necesitadas das tiritas da compaña, do sorriso, da conversa, da escoita. No segundo corazón colocamos o rótulo de persoas maiores e engadímolo ao sinal.
Oídos atentos
En moitas ocasións aparece nos textos da Biblia a presentación de Deus como “Aquel que é sendo”. É dicir, que se vai mostrando a través e por medio do seu actuar: saqueite de Exipto, chameite, escoitei ao meu pobo... un Deus que non se evade nin chama a evasión, senón ao compromiso e á implicación por parte das persoas que nos chamamos e sentimos seguidoras súas. Neste segundo domingo de coresma volve insistir neste idea: non se foi, está, e faise presente  acompañando e chamando a acompañar; chorando e sufrindo con quen chora e sufre;  non deixándose levar polo desengano a pesares das costas que as veces lle damos.
Sigamos entón esta xeira que el nos abre e á que nos chama, para que o noso ir camiñando neste tempo de coresma afaste a tentación, que as veces temos, de caer no individualismo e desconectar das dores e sinsabores das persoas que están ao noso redor.
Corazón misericordioso
·         Pola desconexión que as veces facemos ante a tristura das persoas que temos ao lado. Señor, que non deixemos que os oídos se nos volvan xordos.
·         Por ser demasiado individualistas e pensar que nos valemos sos. . Cristo, que non deixemos que os oídos se nos volvan xordos.
·         Por deixar que o desánimo e a indiferenza aniñen no corazón . Señor, que non deixemos que os oídos se nos volvan xordos.
Palabras para remoer o corazón e orientan o noso actuar
·         Abraham confía e cre, a pesares de saber que tiña por diante un cometido nada doado de desenvolver. Non se deixa vencer nin pola indiferenza nin polo individualismo. Acolle e está disposto a converter as palabras que sente que Deus lle dirixe en compromiso para co seu pobo. Un compromiso que o leva a tomar conciencia da importancia de unir, escoitar, ceder e poñerse en camiño xunto con outr@s. El é para nós referencia do que han se-las actitudes que nos movan e dinamicen a nosa vida. Porque non hai nada máis plano e triste que deixarse ir, de facer o que tod@s, de repetir o de sempre, de... fagamos unha parada na vida e revisemos como son os noso pasos; cara onde se dirixen, xunto a quen os damos? E aproveitemos este tempo de coresma para unha opción pola creatividade e a superación da rutina.
·         No río revolto no que parece que ás veces, ou moitas das veces, andamos tod@s, a Palabra de Deus quere ser luz que vaia iluminando as tebras e os apagóns que van aparecendo na vida. Unhas tebras que fan que non deamos atopado o camiño; e mesmo que o trabuquemos. Fronte a este inercia nosa, o Señor segue a presentársenos como luz e salvación. É dicir, sentido e capacidade de decisión para ir achegándonos a ese sentido e plenitude que é sempre a salvación. Que, contra do que as veces podemos pensar, non supón desconectar da realidade ou mirar para outro lado, senón abrir ben os ollos para detectar a presenza da luz do Deus que se mostra nas “periferias existenciais” de dor e esquecemento nas que viven, mesmo tamén vivimos, moitas persoas hoxe. E só se somos capaces de non desconectar senón de implicarnos entenderemos o porqué da súa presenza e a chamada para que este tempo de coresma non sexa un rito que facemos cada venres, senón una esixencia para mostrar que só con e desde as persoas é posible superar dor, tristura, sensación de fracaso ou desesperación. Porque Deus non é un Deus morto, fagamos do noso actuar tempo de vida e sinodalidade -camiñar xunt@s – para vivir una fe que alente os noso pasos e non que incapacite para ver e tende-la man a quen sofre.

·         A esta sinodalidade é á que invita Paulo ao falarlle aos cristiáns de Filipos, e dicirlle o importante que é camiñar xunt@s, vencendo a tentación de ir por libre, de avanzar moito pero deixando atrás, e esquecidos, aos demais. Porque non é o bandullo cheo senón  o sorriso compartido o que dá e mostra o sentido da vida de quen se chama/mos seguidor/res de Xesús. As nosas pobrezas, as nosas debilidades, as nosas limitacións… só poderán ser superadas se somos capaces de ir dando paos en común e non desconectando do que lle pasa ás outras persoas. Porque, como di insistentemente Francisco: “todo está conectado”. De aí que a firmeza no Señor, a que Paulo invita na segunda lectura, é a firmeza de quen non se deixa vencer polo alustro, moitas veces superficial e efémero, do que non arrequece o corazón nin fai por tende-la man a quen vemos necesitado de compaña, tempo, sorrisos, axuda material… de xeito que non caiamos na tentación de “montar” os noso propios “Tabores” á marxe dos gozos e esperanzas das persoas que, coma nós, habitan esta casa común que ten coma teito o agarimo tenro da presenza do Deus de Xesús. O noso compromiso non ha ser entón estar ben unicamente nós, senón traballar para que outras persoas tamén o poidan estar. E para iso tódalas mans son importantes, e ninguén ha desengancharse para ir ao seu.
Confianza desde onde compartir
          Porque o Deus a quen nos diriximos non volve a cara, senón que escoita e acolle dicimos xunt@s: Que prestemos oído a túa voz.
·         Para que sexamos unha Igrexa leda e sempre a colledora na misericordia. Oremos. Que prestemos oído a túa voz.
·         Para que traballemos por ter unha relacións sinceras, colaboradoras e sempre dispostas a potenciar o que une, e a rexeitar canto separa. Oremos. Que prestemos oído a túa voz.
·         Para que poñamos en práctica o mellor de nós, superando a tentación de camiñar sos e á marxe de quen nos necesita e agradecería unha axuda, unha visita, unha palabra de ánimo... un sorriso. Oremos. Que prestemos oído a túa voz.
·         Hoxe tamén queremos compartir a oración polas persoas que se forman para servir e facer a vida de outras persoas máis feliz e agradable; lembramos ás persoas que queren facer da súa vida alegría ofrecida e compartida. Para que que a vocación sexa un servizo e non un vivir a conta dos outros. Oremos. Que prestemos oído a túa voz.
Poñemos esta nosa oración comunitario baixo a forza da túa compaña. Por Cristo o noso Señor. Amén.
Aquecendo o corazón
Como sabemos, a causa de todo mal é o pecado, que desde a súa aparición entre as persoas interrompeu a comuñón con Deus, cos demais e coa creación, á cal estamos vinculados ante todo mediante o noso corpo. O feito de que se rompese a comuñón con Deus, tamén danou a relación harmoniosa dos seres humanos co ambiente no que están chamados a vivir, de maneira que o xardín transformouse nun deserto (cf. Xn 3,17-18). Tratase do pecado que leva á humanidade a considerarse o deus da creación, a sentirse o seu dono absoluto e a non usala para o fin desexado polo Creador, senón para o seu propio interese,  en detrimento das criaturas e dos demais.
                    ( Da mensaxe para a Coresma de Francisco)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...