Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2015

Santa María 2016

366 DÍAS, 366 RAZÓNS PARA NON SER INDIFERENTE   CANTO GOZOSO o Panxoliñas ESCOITA ACTIVA Bos días e feliz ano novo para tod@s!!! O mes de xaneiro que hoxe comezamos fala de inicios. E sempre que empezamos algo, facémolo con moita ilusión, con bos propósitos e co desexo de poder rematalo. Por iso vimos aquí: para agradecerlle a Deus a súa compaña e para poñer na súa man estes doce meses que temos por diante. Sabemos que teremos días bos, outros que serán regulares e mesmo pode que algún deles estea cheo de negros nubarróns; pero tan certo coma iso é que Deus estará con nós, porque nos quere, porque somos o máis importante para El, porque, a diferenza do que facemos nós, El nin quere nin pode ser indiferente diante da dor, da tristura e da desesperanza. Que, como María, a quen hoxe celebramos na súa maternidade, deixemos que a Palabra cuestione a nosa vida e nos axude a trocar a globalización da indiferenza pola revolución da tenrura. Comezamos?. CORAZÓN MISERICORDIOSO   Para que non

Sagrada Familia 2015

grazas, Señor, por mostrarnos que é desde a calor da familia onde podemos atopar o acubillo que nos alenta e anima a pesares da nosa teima de derruír a “casa común” que nos invitas a coidar e termar  Descarga o ficheiro SINAL DO NADAL No momento do ofertorio pedímoslle a uns nenos, a uns moz@s (onde os haxa), a uns pais e a uns avós, que acheguen como ofrenda as chaves das súas casas. Con este xesto queremos poñer de manifesto que poñemos a nosa confianza en Deus, abríndolle a nosa intimidade, a nosa casa, invitándoo a entrar e a quedar nela. CANTO AGRADECIDO §   ENTRADA: Temos unha festa (Nº 6) §   LECTURAS: Ti es camiño e verdade (Nº 57) §   OFERTORIO: Pan do ceo (Nº 53) §   COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58)/O amor é o meirande (Nº 119) ESCOITA ACTIVA Familia e misericordia son dúas palabras que fan bo xuntoiro. É na familia onde tod@s comezamos a ver, sentir, manifestar, comprender e vivir o que é a misericordia. Na familia axúdasenos, anímasen

Nadal 2015

Ofrecendo sempre misericordia, chega o mensaxeiro traendo a boa nova farturenta que se fai palabra viva e acolledora para quedar entre nós Descarga o ficheiro PDF SINAL DO NADAL 1- Ao comezo da celebración imos ata o nacemento e colocamos a figura do Neno . Onde non haxa nacemento, pódese colocar no berce que adoita estar diante do altar a figura do Neno, e que logo se dará a bicar no remate da celebración. O que queremos significar é que o berce, antes baleiro, convértese agora en berce no que tod@s somos acolid@s, por riba de raza, xénero, relixión ou cultura. Porque confesar a fe é facer do noso actuar imaxe do Evanxeo. 2- Tamén se pode colocar, logo de mostralo a tod@s, no portal o texto coas obras de misericordia , para poñer de manifesto que o Deus Neno que chega, faino sendo testemuña da misericordia da que nos invita a dar testemuño. CANTO AGRADECIDO §   Panxoliñas ESCOITA ACTIVA É Nadal. Si, Deus nace en rúas e fogares, en actitudes e comportamentos, en

Celebración Penitencial de Advento 2015

  Proposta da Unidade Pastoral das Pontes Descarga o ficheiro CANTO: Camiñarei na presenza do Señor. ABRINDO OS OLLOS DO CORAZÓN             De novo somos convocad@s para sentir e experimentar a ledicia do perdón. Si. Ao longo do Advento insistíasenos que unha voz quería espertar a nosa esperanza: o Señor virá!, dicíasenos. Toda unha invitación para movernos á conversión.             Preparemos logo, como dicía a voz de Xoán no evanxeo, o camiño de esperanza e conversión. Unha leva á outra. Deus envíanos ao seu Fillo cun proxecto, cunha proposta: facer presente en nós a súa misericordia. Os nosos erros, as nosas indiferenzas, a intolerancia que ás veces temos posto en práctica, acabaron convertendo estas accións nun non a Deus e aos demais. Que mellor que esta tarde para deixar atrás canto interfire na relación con Deus e cos demais. Comecemos a nosa celebración penitencial. ACOLLENDO A PALABRA PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PA