Ir al contenido principal

Sagrada Familia 2015


grazas, Señor, por mostrarnos que é desde a calor da familia onde podemos atopar o acubillo que nos alenta e anima a pesares da nosa teima de derruír a “casa común” que nos invitas a coidar e termar 
SINAL DO NADAL
No momento do ofertorio pedímoslle a uns nenos, a uns moz@s (onde os haxa), a uns pais e a uns avós, que acheguen como ofrenda as chaves das súas casas. Con este xesto queremos poñer de manifesto que poñemos a nosa confianza en Deus, abríndolle a nosa intimidade, a nosa casa, invitándoo a entrar e a quedar nela.
CANTO AGRADECIDO
§  ENTRADA: Temos unha festa (Nº 6)
§  LECTURAS: Ti es camiño e verdade (Nº 57)
§  OFERTORIO: Pan do ceo (Nº 53)
§  COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58)/O amor é o meirande (Nº 119)
ESCOITA ACTIVA
Familia e misericordia son dúas palabras que fan bo xuntoiro. É na familia onde tod@s comezamos a ver, sentir, manifestar, comprender e vivir o que é a misericordia. Na familia axúdasenos, anímasenos, escoitásenos, perdóasenos, ensínasenos, acompáñasenos... e sempre sen rancor nin segundas intencións, polo que podemos dicir que a familia é a primeira escola da misericordia.
Neste domingo no que toda a Igrexa celebra a festa da Sagrada Familia, invítasenos a, poñendo os ollos na familia de Nazaret, loitar cada día para que tamén as nosas familias, como o foi a de Xesús, María e Xosé, sexan berces de misericordia desde os que crezamos e maduremos aprendendo a comprender, vivir e practicar a necesidade de saber poñernos no lugar do outro/s. Quen entende a experiencia de familia como escola de misericordia, entende tamén por que os cristiáns cremos, rezamos e cantamos que facer dun mundo un fogar é posible. Pero necesitamos cambiar, para que iso sexa posible, os nosos corazóns e as nosas miradas, non sempre limpas.
Que esta celebración sexa unha experiencia de misericordia que nos dea folgos para levar ás nosas familias a xenerosidade misericordiosa de quen escoita, ama e perdoa.
FRATERNIDADE ORANTE
Ø Por non ter sido, no seo das nosas familias, motores de misericordia; SEÑOR, QUE APRENDAMOS DE TI A SER MISERICORDIOSOS.
Ø Por esixirlle aos demais a misericordia que nós lle negamos a quen nola pide; CRISTO, QUE APRENDAMOS DE TI A SER MISERICORDIOSOS.
Ø Por non poñer gañas e esforzo para que as nosas familias sexan fogares onde sentirnos queridos e axudados; SEÑOR, QUE APRENDAMOS DE TI A SER MISERICORDIOSOS.
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
·      Ao longo de todo o Advento, a nosa particular coroa fómola conformando coas siluetas que ían mostrándonos as diferentes xeracións que conforman as nosas familias. Deste xeito, nen@s, moz@s, pais e av@s foron aparecendo nestas catro semanas para invitarnos a reponder á pregunta sobre cal é a nosa contribución para conseguir que as nosas familias sexan berces de misericordia. Seguro que tod@s fixemos ese esforzo, e seguro tamén que algo nos teremos clarificado respecto ao que fixemos, ao que non fixemos e ao que nos falta por facer para acadar ese obxectivo de converter a misericordia en eixo fundamental desde o que plantexar o desenvolvemento da cada unha das nosas familias, porque sen a misericordia o amor vólvese ritualismo baleiro, papel de agasallo; pero non agasallo propio. A Igrexa, ao querer celebrar despois da festa de Nadal o día da Sagrada Familia, e como tal o día de todas as familias cristiás, invítanos a que o foco das nosas preocupacións e das nosas esperanzas non o saquemos fóra de canto temos máis preto e co que convivimos cada día: a familia. Nela somos alentados, acollidos, escoitados, queridos, con tenrura e agarimo. E neste espazo tan marabilloso; pero tan tan complexo, cada un de nós ten a súa, temos a nosa, tarefa. Unha tarefa da que non debemos/podemos desenganchar, porque tod@s somos importantes, tamén necesarios. Ben é verdade que aquí non hai ideais irrealizables e frustrantes, senón o día a día cos seus luscos e fuscos; pero tamén un día a día onde sabemos que sempre se nos vai prestar atención. Ou debera ser así. A pouco que pensemos sobre esta realidade tan achegada e nosa, da que ninguén escapa, sobre a que nos invita hoxe esta festa da Sagrada Familia que pensemos, descubrimos que nin somos indiferentes nin descoñecidos uns para cos outros. Tendo diante noso o lenzo e os materiais cos que facer esta obra de arte, non deixemos que a responsabilidade de elaborar este cadro da nosa familia, a fagan outros por nós. Ha ser o cadro que nunca nos faga esquecer que na familia nacemos á vida e ao mundo; e nela están as raíces de cada un de nós. Traballar para que sexamos berces de diálogo e escoita, e non hoteis de indiferenza e tarxeta de crédito, por moi ilimitada que esta sexa no gasto, ha ser a nosa tarefa, pois so así conseguiremos:
o   Honrala, e con ela seguir as pegadas da familia de Nazaret
o   Facela rostro concreto e permanente de misericordia
o   E superación de medos e angustias, que vindo sempre ás nosas vidas, dificilmente poderemos superalos cando estamos á dureza do pairo, pero que seremos capaces de afrontar e superar desde o amor vivido na esperanza de que se sabe plural e respectado na súa pluralidade.
A isto é ao que nos invita hoxe a Igrexa. Fagamos desta tarefa un canto de respecto e recoñecemento, para que nas nosas familias traballemos para ser felices.
FRATERNIDADE ORANTE
Invítanos Deus a poñer a mirada orante na familia, para que coa súa axuda e o noso esforzo, sexan fogares de misericordia. Poñendo nel a nosa confianza, dicimos:
AGARÍMANOS COA TÚA TENRURA MISERICORDIOSA
      Para que a Igrexa, ademais da palabra, moitas veces retórica, se esforce por ser unha verdadeira familia onde non se xulgue nin condene, senón se eduque na responsabilidade, OREMOS.
AGARÍMANOS COA TÚA TENRURA MISERICORDIOSA
      Para que as nosas parroquias rompan as rutinas e costumes, e descubran que o Deus de Xesús o que nos chama a ser é verdadeiros berces de acollida, coidado e cariño duns para cos outros, OREMOS.
AGARÍMANOS COA TÚA TENRURA MISERICORDIOSA
      Para que cada un de nós poñamos todo da nosa parte para que as nosas familias non sexan hoteis nin pensións, senón berces onde aprendamos a escoitar e a que nos escoiten, a perdoar e a pedir perdón; a axudar e a deixarnos axudar, OREMOS.
AGARÍMANOS COA TÚA TENRURA MISERICORDIOSA
Grazas, Señor, por invitarnos a facer das nosas familias vivencias profundas de amor, perdón e misericordia. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
Nas últimas décadas tense producido unha ruptura na transmisión da fe cristiá no pobo católico.É innegable que moitos se sintan desencantados e deixen de identificarse coa tradición católica, que son máis os pais que bautizan aos seus fillos e non os ensinan a rezar, e que hai un certo éxodo cara outras comunidades de fe. Algunhas causas desta ruptura son:a falta de espazos de diálogo familiar, a influenza dos medios de comunicación, o suxeitivismo relativista, o consumismo desenfreado que alenta o mercado, a falta de acompañamento pastoral aos máis pobres, a ausencia dunha acollida cordial nas nosas institucións, e as nosas dificultades para recrear a adhesión mística da fe nun escenario relixioso plural.
(Francisco, Evangelii gaudium, nº 70)

Comentarios

Entradas populares de este blog

5 Domingo TO B 2018

PERSOAS LOITADORAS, NON SUFRIDORAS Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSO
öENTRADA: Amigos nas penas
öLECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27)
öOFERTORIO: Acharte presente na vida (Nº 51)
öCOMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)
PARA NON PERDER O PASO
Cando unha cousa non nos serve, cando non ten nada que poidamos obter dela, deixámola de lado. Na nosa vida de fe, ocorre que moitas veces estamos ermos: non sentimos nada e somos incapaces de poñer en relación canto rezamos co que facemos cada día. Deste xeito, pouco a pouco, váisenos apagando a chama da fe e convertemos todo o que di relación con ela en puro e simple costume, comercio, acto social ou tradición, inda que ás veces o queiramos revestir de cultura para poder mantelo.
Fronte desta situación, os textos que hoxe imos proclamar chámannos a non deixarnos caer nesta tentación, a esforzarnos por non deixar que esmoreza a esperanza, a aprender a gozar do moito que nos enriquece e aporta a fe. Non imos solos, temos un amigo ao noso lado: Xesús. Deixemos…