Ir al contenido principal

Celebración Penitencial de Advento 2015

 Proposta da Unidade Pastoral das Pontes
Descarga o ficheiro

CANTO: Camiñarei na presenza do Señor.
ABRINDO OS OLLOS DO CORAZÓN
            De novo somos convocad@s para sentir e experimentar a ledicia do perdón. Si. Ao longo do Advento insistíasenos que unha voz quería espertar a nosa esperanza: o Señor virá!, dicíasenos. Toda unha invitación para movernos á conversión.
            Preparemos logo, como dicía a voz de Xoán no evanxeo, o camiño de esperanza e conversión. Unha leva á outra. Deus envíanos ao seu Fillo cun proxecto, cunha proposta: facer presente en nós a súa misericordia. Os nosos erros, as nosas indiferenzas, a intolerancia que ás veces temos posto en práctica, acabaron convertendo estas accións nun non a Deus e aos demais. Que mellor que esta tarde para deixar atrás canto interfire na relación con Deus e cos demais. Comecemos a nosa celebración penitencial.
ACOLLENDO A PALABRA
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS
Irmáns e irmás:
A esperanza non falla, porque o amor de Deus vértese nos nosos corazóns mediante o Espírito Santo que se nos deu. De certo, xusto cando nós aínda estabamos sen forzas, no tempo preciso, Cristo morreu polos impíos. Non é fácil, en verdade, que alguén queira morrer por un home xusto (anque por un home bo, quizais se atreva alguén a morrer); pero Deus demostrounos o seu amor no feito de que, sendo aínda nós pecadores, Cristo morreu por nós. Con máis razón, logo agora, que xa estamos xustificados polo seu sangue, seremos por El salvos da ira. Porque, se cando eramos aínda inimigos, fomos reconciliados con Deus mediante a morte do seu Fillo, moito máis, xa reconciliados seremos salvos pola súa vida. Aínda máis: mesmo orgullosos estamos en Deus por medio do noso Señor Xesús Cristo, por quen agora recibimos a reconciliación.
Palabra do Señor
Grazas a Deus
CANTO: As túas palabras, Señor, son espírito e vida (bis)

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Tamén os publicanos e pecadores se achegaban a Xesús para o escoitaren. Por iso os fariseos e letrados murmuraban:
-Este acolle aos pecadores e come con eles.
Entón Xesús contoulles esta parábola:
-   ¿Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas, non deixa as noventa e nove no descampado e vai en busca da perdida, a ver se a atopa? E cando a atopa, volve todo contento para a casa, con ela no lombo; e, chamando por amigos e veciños, dilles: "Alegrádevos comigo, que atopei a ovella que perdera. Pois asegúrovos unha cousa: no ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta que por noventa e nove xustos que non precisan conversión.
-   E ¿que muller que teña dez moedas e perde unha, non acende a luz, e non varre a casa, buscándoa con coidadiño ata atopala? E cando a atopa, chama polos amigos e veciños para lles dicir: "Alegrádevos comigo, que atopei a moeda perdida". Asegúrovos que outro tanto se alegran os anxos por un só pecador que se converta.
Palabra do Señor
Gloria a ti,Señor, Xesús
PENSANDO DESDE A BOA NOVA DA MISERICORDIA (HOMILÍA)
·      A esperanza non falla, porque o amor de Deus vértese nos nosos corazóns. Esperanza e amor son dous dos eixes da vida cristiá, esa vida que esta tarde cada un e cada unha de nós quere revisar diante do Señor, para ver en que se foi afastando del. Esa esperanza envólvese sempre do amor: o que El nos dá e o que nós lle ofrecemos, co noso actuar, aos demais.
·      Os fariseos e letrados murmuraban. Coma eles, tamén nós moitas veces murmuramos, dicimos, falamos... o que non deberamos sobre nós e sobre os demais. E diante desta actitude, o que nos ofrece Xesús é perdón misericordioso. É dicir, fondo, que sae desde o corazón. E se nos sentimos así, temos recibido un tesouro. Quen, nos tempos nos que estamos, se presenta para ofrecer perdón? Non será máis ben o contrario? Por iso, recoñecida esta dispoñibilidade de Deus cara a nós, como a muller que atopou a moeda, aledámonos e facemos festa. A festa da misericordia, a festa do perdón. A festa na que Deus se fai palabra liberadora e eficaz de perdón.
Miramos ao noso interior
            Á luz da palabra de Deus, revisamos a vida, e imos vendo que pasos trabucados fomos dando, e que agora queremos cambiar para non volver cometer o mesmo erro.
·      A vida que nos rodea é un deserto porque a pesares de atoparnos con tanta xente:
o   Non falamos, non contamos cos demais. Mesmo na nosa familia. Como xa temos dito moitas veces, no canto de berces, parece que facemos delas hoteis.
o   Non escoitamos, non deixamos falar, non damos ocasión ao diálogo. Son moitas as veces nas que adestramos os nosos monólogos, nas que só actuamos; primeiro nós, logo nós e sempre nós (eu, eu, eu).
o   Desprezamos as opinións dos outros, sen escoitalos: ”ti cala”, “que me vas dicir ti a min”, ”a este, por moito que diga, non lle fagades caso”.
o   Non dedicamos tempo á convivencia amigable, fraterna, familiar. Mátannos as presas.
o   Dicimos que non estamos para perder o tempo cos demais. Si, e logo o que perdemos nós solos enredando en tantas cousas que non valen para nada? O tempo, o tempo, que recurso tantas veces utilizado para a nosa propia xustificación!
·      Nun mundo deserto e solitario, e cada vez con actitudes moi insolidarias:
o   Non nos preocupamos dos demais: “chégame abondo co meu”, dicimos moitas veces.
o   Deixamos pasar as cousas coa escusa de que non “é o meu problema”. Que facilmente desenganchamos dos demais!
o   Queixámonos de que as cousas van mal ou non funcionan cando se refiren aos demais, pero que poucas veces facemos análise do que nós non facemos, ou non facemos ben! A crítica sempre vai para os demais, pero a autocrítica non acaba chegando a nós.
o   Falamos moito, pero facemos pouco; criticamos o que fan outros, non movemos un dedo para botar unha man ou facelo nós.
o   E non acabamos de deixar atrás o individualismo: o meu, para min, comigo... caendo moitas veces na incoherencia de que pedimos para os demais o que nós non estamos dispostos a facer.
·      Pensemos con tranquilidade e de xeito serio, que cousas das que acabamos de escoitar se dan en min. E preguntémonos que estou disposto a poñer da miña parte para deixalas atrás e cambiar.
DESCUBRÍMONOS NECESITADOS DO PERDÓN MISERICORDIOSO
            Eu confésome pecador, ...
·      Porque nos falta misericordia e nos sobra insensibilidade; SEÑOR,RENÓVANOS COA TÚA PRESENZA.
·      Porque nos sobran palabras e nos faltan feitos de misericordia; CRISTO, RENÓVANOS COA TÚA PRESENZA.
·      Porque falamos moito de amor, axuda e solidariedade, pero non acabamos de poñelos en práctica; SEÑOR, RENÓVANOS COA TÚA PRESENZA.
RECIBIMOS A FORZA DO PERDÓN DE DEUS
Conscientes da necesidade que temos de cambiar, dirixámonos a Deus dicindo:
Eterna é a túa misericordia
·      Pola nosa pouca confianza en ti: Eterna é a túa misericordia
·      Polas nosas dúbidas e receos: Eterna é a túa misericordia
·      Polos nosos medos e vergoñas: Eterna é a túa misericordia
·      Pola nosa falta de compromiso: Eterna é a túa misericordia
·      Pola nosa rutina e desgana ao rezar: Eterna é a túa misericordia
·      Pola nosa débil esperanza: Eterna é a túa misericordia
·      Polas nosas tristezas e pesimismos: Eterna é a túa misericordia
·      Polo noso esquecemento da Palabra de Deus: Eterna é a túa misericordia
·      Polo noso amor morno: Eterna é a túa misericordia
·      Pola nosa falta de solidariedade cos demais: Eterna é a túa misericordia
·      Polo noso gasto, ás veces, excesivo: Eterna é a túa misericordia
·      Pola dureza do noso corazón. Eterna é a túa misericordia
·      Pola mentira que sae da nosa boca: Eterna é a túa misericordia
·      Pola nosa agresividade, verbal ou física: Eterna é a túa misericordia
·      Polos nosos xuízos e críticas: Eterna é a túa misericordia
·      Pola nosa hipocrisía: Eterna é a túa misericordia
·      Pola nosa falta de prudencia: Eterna é a túa misericordia
·      Pola nosa mirada falta de limpeza: Eterna é a túa misericordia
·      Polo noso corazón enledado en soños imposibles: Eterna é a túa misericordia
·      Por non aceptar que o punto de vista do outro/s é tan válido coma o meu: Eterna é a túa misericordia.
Señor, facémosche presente o noso arrepentimento.Sabemos que o aceptas porque nos comprendes. Segue a confiar en nós, inda que as veces che fallemos. E nós seguiremos confiando en Ti, que vives e reinas por sempre eternamente. Amén.

Absolución individual
Oración de acción de grazas
Grazas, Señor, polo teu gran amor. Porque viñeches a nós. Porque naceches pobre e humilde. Porque es o noso bo samaritano. Porque te atopamos no pobre, no enfermo, no neno. Porque te fas presente cada vez que nos reunimos no teu nome. Grazas pola túa palabra que nos acende o corazón. Grazas polos sacramentos, especialmente por esta celebración penitencial e pola Eucaristía. Grazas pola túa nai, que é a nosa nai. Grazas polo amor que hoxe derramaches nos nosos corazóns co teu perdón. Amén.

Canto: Gracias, Señor, graciñas.
Pola vida que regalan os teus dedos, polo sol que nos esperta cada alba, pola noite que agarima os nosos soños, pola lúa que nos enche de nostalxia. Gracias, Señor, graciñas.(bis)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel