Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2011

2 advento

ADVENTO, TEMPO DE CONFIRMACIÓN INICIAD@S NA CONFIRMACIÓN SIGNO: Colocamos no taboleiro ou prendemos a segunda candea, que terá o nome do sacramento da confirmación ou algún signo alusivo a dito sacramento.   PÓRTICO A iniciación que se nos abre co sacramento do Bautismo non se estanca, senón que continúa e vai convertendo en experiencia viva o crecemento e a maduración da fe. Aquela raioliña de esperanza que significaron a auga, o crisma e máis o óleo o día do noso Bautismo, teñen agora a súa continuidade no sacramento da Confirmación, sacramento de fondura e reafirmación, en liberdade e autonomía, do que noutro momento pediran para nós pais e padriños. Agora tócanos a nós, xa non somos dependentes do que outros decidan, senón que nos corresponde persoalmente dicirlle si ou non ao seguimento da persoa e mensaxe daquel que é a razón da nosa esperanza. Que mellor que neste segundo domingo de Advento para, diante da segunda candea que dentro duns momentos colocaremos no

1 Advento 2011

ADVENTO, TEMPO DE INICIACIÓN INICIAD@S NO BAUTISMO SIGNO O noso advento este ano é tempo de iniciación. Por iso, o signo que escollemos son catro candeas (reais ou debuxadas e recortadas en cartolina). Nestas catro candeas iremos colocando os nomes dos sacramentos de iniciación e reconciliación ou ben os signos de ditos sacramentos (concha bautismal, pomba, pan e viño, estola morada). Cada domingo iremos acendendo a candea ou colocándoa no taboleiro. PÓRTICO Na nosa vida estamos constantemente iniciándonos: iniciamos un noivado, iniciamos a vida en familia, iniciamos a paternidade/maternidade, iniciamos unha experiencia laboral, iniciamos unha amizade.... Tamén na nosa experiencia-vivencia da fe experimentamos a realidade da iniciación. O calendario litúrxico sinala esta iniciación na vida de fe renovada co tempo do advento, co que comezamos o camiño que nos levará, ao longo de todo o ano, a sentir e expresar que a fe ha ser: celebrada, vivida e gozada , para pode

Cristo Rei 2011

INDA QUE ABANEEN OS CIMENTOS, NON NOS DERRUBAMOS: EL MIRA POR NÓS "Á luz das palabras de Cristo, o sur pobre xulgará ao opulento norte. E os pobos pobres –pobres de xeitos distintos, non só faltos de alimento, senón tamén privados de liberdade e doutros dereitos humanos-, xulgarán aos que lles arrebatan eses bens, acumulando para eles o monopolio imperialista do predominio económico e político a expensas doutros". (Beato Xoán Paulo II - Homilía en Namao, Canadá, 17/9/1984) Pórtico Chegamos ao final do ano litúrxico e non queda outra máis que revisar se o noso zurrón está cargado de froitos de boas obras ou se segue aleiro e en ermo. Os tempos litúrxicos, as festas que ao longo deste ano fomos celebrando, quixeron ser unha achega para dar sentido, fondura e coherencia á nosa vida; para desenclaustrala e poñela a render coma os talentos. E no remate o mellor de tódolos ramos: a festa de Cristo Rei. O Cristo do reinado de paz e xustiza, de vida e verdade, de solidariedade e igua

33 domingo TO A

O TRABALLO: ESE BEN TAN ESCASO E QUE TANTA FALTA NOS FAI PÓRTICO Nestes momentos de crise, tod@s apreciamos a importancia que o traballo ten na vida de cada un e cada unha de nós. Agora xa non facemos riso daquel dito que preguntaba cando sería domingo para poder ir á misa; é dicir, cando será o día de descanso. E non se fai riso porque cada día, tristemente, son máis os que perden ou ven o seu posto de traballo ameazado, á vez que non perciben posibilidades ou perspectivas de que esta situación poida cambiar. Fronte desta dificultade, a situación tamén pode ser un momento para que nos paremos e pensemos se de verdade temos feito canto estaba na nosa man para que o traballo que realizamos sexa desenvolvido responsablemente, se nos temos formado para coñecer e saber facelo mellor. É este o momento para que tamén tomemos en conta que o traballo non é só unha experiencia para gañar cartos, senón que é unha experiencia de crecemento e madurez persoal, de sentido comunitario e contribución

Santos 2011

VIVIR APLICANDO O MENOS COMÚN DOS SENTIDOS: O SENTIDO COMÚN PÓRTICO Bo día!. A festa de tódolos santos, a festa dos sinxelos de corazón e vida, volve convocarnos unha vez máis neste comezo de novembro para que fagamos memoria agradecida de tantas persoas de tantos tempos e lugares que camiñaron como servos e servas de Deus; tantos homes e mulleres que creron sempre que o amor era o meirande ben; de tanta xente, dunha moitedume tan inmensa que nos enche o corazón de esperanza, porque, coñecidos ou descoñecidos, todas aquelas persoas que hoxe celebramos viviron o que nós queremos vivir, e por iso axúdannos e acompáñannos. Na festa de todos os santos, sintamos nós tamén a ledicia de querer camiñar polo vieiro polo que eles pasaron. Sintamos a ledicia de pertencer a este mundo de homes e mulleres que quixeron ser pobres e amar, mantendo acesa a lámpada do Espírito. Que esta celebración que agora comezamos nos axude a sentir a ledicia de ser chamados e chamadas a sermos benaventurad@s, cel