Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2009

Domingo 27 TO

SEN IGUALDADE NON HAI LIBERDADE PÓRTICO A liturxia de hoxe invítanos a un exercicio de reflexión cara ao interno das nosas comunidades, das nosas familias, da nosa igrexa. Si, porque toda a celebración de hoxe está centrada no amor; entendendo por este a capacidade de darse aos demais, sabendo que nesta doazón está presente a bendición de Deus. Claro que amar non é nunca, nin no matrimonio, nin na familia, nin nas comunidades parroquiais, nin na igrexa, un intento de dominar, someter, obrigar ou impor aos demais. Ao contrario, amar é saber descubrir que quen está ao meu lado, aquel/a con quen comparto vida, familia, parroquia… ten criterio, capacidade de pensar e discernir, opinión propia… Nunha palabra, amar non é nunca nin manipular nin impoñer o que un pensa aos demais. Por iso, desde o amor do que se nos fala hoxe na Palabra a proclamar, somos invitados a non deixarnos levar –caer na tentación– de entender a unidade como a prohibición da pluralidade. E tristemente nos tempos que co

DOMINGO 26 TO

Que os ciumes non afoguen a forza do Espírito PÓRTICO Cómo nos gusta ser espectadores, observadores, valorar as situacións desde fóra... e cánto nos custa implicarnos, responsabilizarnos e comprometernos. E non só iso, senón que somos especialistas en falar de todo e de tod@s, en opinar daquilo e disto, en xulgar sen coñecer... Nunha palabra, queremos nadar e gardar a roupa.     Pois ben, iso mesmo pásanos tamén na Igrexa. Moitas veces esquecemos que a Igrexa non son só o papa, os bispos, os curas e @s relixios@s, senón que a Igrexa constituímola tod@s @s bautizad@s. E co bautismo adquirimos uns compromisos (que os nosos pais e nais fixeron por cada un e cada unha de nós nun primeiro momento e que logo nós asumimos e personalizamos) que nos levan a ser actores na Igrexa, non só espectadores. Basta xa de botar balóns fóra, cómpre mollarse, poñéndose a construír comunidade, parroquia, sociedade... Reino. Estamos chamad@s a ser xente con sal. Que a celebración de hoxe nos poña no camiño

DOMINGO 25 TO

NON TODO VALE, POÑAMOS LÍMITE AO INTERESE A AO INDIVIDUALISMO Pórtico Hoxe, nas relacións de traballo, entre amigos, e mesmo na familia, todos queremos obter a tallada mellor. O importante é ter a calquera costa, non importa se polo camiño quedan outras persoas, total,.... elas farían o mesmo, pensamos nós. Creamos así unha sociedade competitiva, sen regras e na que todo vale Pero o evanxeo dinos todo o contrario, é dicir, que temos que buscar o ben de todos por riba de rivalidades e loitas, ser pequenos e colaborar entre todos, que a única aspiración sexa a de traballar para que entre todos busquemos o mellor. Que a celebración de hoxe nos faga conscientes do que temos que quitar da nosa vida porque nos fai individualistas e interesados. Perdón Polas veces en que queremos ser os primeiros e non escatimamos medios para conseguilo, mesmo a costa dos demais, DE SER OS PRIMEIROS, LIBRANOS SEÑOR Porque moitas veces facemos as cousas para que nos vexan, para quedar ben con todos, esquecendo

DOMINGO 24 TO

A forza da fe, estímulo no noso camiño Pórtico      Que gratificante é escoitar unha palabra que nos fai sentir orgullosos da fe que profesamos!. Si, que ledicia atopar conforto nunha palabra que nos invita a superar desánimos, a non virnos abaixo diante das dificultades, a non abandonar inda que as cousas non parezan ir polo rego que a nós nos gustaría.       Aquí está a forza, o sentido, a razón de sentírmonos crentes, e de descubrir que a fe non é unha durmideira, nin a maneira de non abordar os problemas e dificultades. Ao contrario, como nos di hoxe a Palabra que imos proclamar, a fe é confianza, solidariedade, capacidade de superación, apertura á utopía que non se conforma co pragmatismo do que só busca resultados… nunha palabra: a fe é seguimento da mensaxe do Reino, o proxecto de Xesús, é compromiso manifestado a través das nosas obras.       Que poidamos saír hoxe da nosa celebración gozosamente alentados para traballar por todo o que dignifica e defende a dignidade das persoa