Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2019

4 Domingo TO C 2019

CONTRA DA CORRUPCIÓN.... INSUBMISIÓN Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) LECTURAS: Eu soñei (Nº 58) OFERTORIO: Señor Xesús, bendito sexas (Nº 52) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) OLLOS PARA VER Son moitas, quizais demasiadas, as ocasións nas que, para favorecer os nosos propios intereses, para quedar ben, ou mesmo por envexa e ciumes, facemos comentarios sobre as persoas que sabemos que non son verdade. Non nos importa inventar, esaxerar ou mesmo mentir sobre como é, que di ou que fai alguén... con tal de desacreditalo como persoa. Noutras moitas ocasións, a nosa boca ábrese para criticar persoas, feitos ou situacións que non nos gustan, sen que esta crítica vaia acompañada dunha proposta alternativa, senón que é unha crítica gratuíta, porque si... Detrás de ambas actitudes agóchanse, na meirande parte dos casos, mesquindade, envexa, hipocrisía, infantilismo e pequenez de corazón. Porén, o salmo de hoxe dinos: “ A miña boca anunciará a

3 domingo TO C 2019

Superemos a tentación da apatía esforzándonos por non prexulgar nin caer na nostalxia que non suma, senón que resta Descarga o ficheiro Cantos Entrada.- Camiñando pola vida   ( 9 ) Lecturas.- As túas palabras, Señor, son Espírito e vida ( 113 ) Ofertorio. - Eiqui están, Señor  ( 32  )     Comuñón.- Déixate querer  ( 61  ) Ollos para ver A Igrexa, inda que  ao falar dela non o pareza, somos todas e todos os que queremos ir dando pasos desde o estilo de vida que nos  foi mostrando Xesús. Non é entón unha institución pechada e na que mandan papa, bispos e curas. A Igrexa é fundamentalmente comunidade que está permanentemente en camiño. Non é o aparato de dominio que teñen ao seu dispor os que a dirixen, inda que durante moito tempo actuou dese xeito, o que non quere dicir que debía ser así. E porque é comunidade  e non institución de normas e ritos, o que a move é a capacidade de estimular a participación e o compromiso, persoal e social, de cantos a conformamos a actua

2 Domingo TO C 2019

No mundo intercomunicado e sen beiras, é fundamental coñecer cales son os camiños que nos leven a atoparnos na pluralidade enriquecedora de quen acolle e non rexeita nin exclúe Descarga o ficheiro Cantos             Entrada.- Como che cantarei, meu Deus ?   ( 28 )             Lecturas.- Cantade as marabillas do Señor   (   )             Ofertorio.- Cantádelle ao Señor unha cantiga nova   (   )             Comuñón.- Ide e pregoade   ( 55 ) Mirando as beiras             Poñendo a vista no que acontece ao noso redor descubrimos que falamos moito, todos e todas, pero despois non temos eses mesmos azos para poñer en practica canto temos dito. Parafraseando a Xesús podemos dicir que as palabras son moitas, pero as gañas de poñelas en practica, escasean ou desaparecen. A loitar contra esta tentación preguiceira é ao que nos chama a celebración de hoxe, para que na pluralidade social e eclesial na que estamos non quedemos en propostas extremas e baleiras; imposibles de dese