Ir al contenido principal

Lecturas 7 Domingo Ordinario A

Descarga o arquivo

PRIMEIRA     Lev 19, 1-2. 17-18
Amarás ao teu próximo como a ti mesmo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO LEVÍTICO

Díxolle o Señor a Moisés:
‑"Fálalle á comunidade dos fillos de Israel e dilles: Sede santos, porque santo son eu, o Señor, o voso Deus.
Non terás odio de corazón ao teu irmán; e reprenderás con decisión o teu próximo, para non cargar co seu pecado. Non te vingarás nin lles terás xenreira ós teus conveciños: amaras o teu próximo coma a ti mesmo. Eu son o Señor.


SALMO RESP.     Sal 102, 1-2 . 3-4. 8 e 10. 12- 13
R/  (8a):  O Señor é misericordioso e clemente,

Alma miña, bendice ao Señor
e todo o meu ser, o seu santo nome.
Alma miña, bendice ao Señor,
non esquéza-los seus beneficios.

El perdoa as túas culpas
e sanda as túas doenzas;
rescata a túa vida da morte
e coróate de amor e de tenrura;

O Señor é misericordioso e clemente,
tardo á ira e rico en mercedes.
Non nos trata conforme ós nosos erros
nin nos paga conforme ás nosas culpas.

canto dista o nacente do poñente,
así arreda de nós as nosas culpas;
canto un pai ama ós seus fillos,
así ama o Señor ós que o temen.


SEGUNDA     1 Cor 3, 16-23
Todo é voso, vós de Cristo e Cristo de Deus
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e irmás:
¿Non sabedes que sodes templo de Deus e que o Espírito de Deus habita en vós? Se alguén destrúe o templo de Deus, Deus destruirao a el. Porque o templo de Deus é sagrado e iso sodes vós.
Que ninguén se engane. Se entre vós hai algún que se crea sabio ao xeito deste mundo, decátese de que é parvo para volverse sabio de verdade. Porque a sabedoría deste mundo é parvada diante de Deus.
Que está escrito:
El pilla os listos na súa propia astucia.
E tamén:
O Señor coñece os pensamentos dos sabios e sabe que son vans.
De modo que ninguén apoie o seu orgullo nos homes. Porque todo é voso certamente: tanto Paulo coma Apolo coma Cefas, tanto o mundo coma a vida e coma a morte, tanto o presente coma o futuro. Todo é voso; pero vós sodes de Cristo e Cristo é de Deus.

ALELUIA    1 Xn 2, 5:
En quen garda a Palabra de Cristo,
verdadeiramente nel chega á plenitude o Amor de Deus

EVANXEO        Mt 5, 38-48
Amade ós vosos inimigos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Dilles Xesús ós seus discípulos:
Tedes oído que se vos dixo: Ollo por ollo e dente por dente. Pero eu dígovos: non volvades mal por mal. O contrario, se alguén che dá un lapote na túa meixela dereita, preséntalle a outra; a quen queira preitear contigo e che leve a túnica, déixalle ir tamén o mantelo; a quen te obrigue a camiñar con el unha milla, acompáñao dúas. A quen che pide, dálle; e non te vires de costas a quen che pida emprestado.
Tedes oído que se vos dixo: Amara-lo teu próximo e aborrecera-lo teu inimigo. Pero eu dígovos: amade os vosos inimigos, e pregade polos que vos perseguen. Así seredes fillos de voso Pai que está no ceo, que fai saí-lo seu sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e inxustos. Porque, se amades os que vos aman, ¿que recompensa ides ter? ¿Non fan o mesmo os recadadores de impostos? E se saudades soamente a vosos irmáns, ¿que facedes de máis? ¿Non fan outro tanto os pagáns? Daquela sede bos sen exclusivismos, coma o voso Pai celestial é totalmente bo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...