Ir al contenido principal

33 Domingo TO C 2019


A ESPERANZA DAS PERSOAS POBRES NUNCA SE FRUSTRARÁ

(III XORNADA MUNDIAL DAS PERSOAS POBRES)

CANTO GOZOSO

o   ENTRADA: Benaventurados (Nº 7)
o   LECTURAS: O Señor é o meu Pastor (Nº 27)
o   OFERTORIO: Eu soñei (Nº58)
o   COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)

OLLOS ABERTOS

Hoxe, último domingo do tempo ordinario, celebramos en toda a Igrexa a terceira xornada mundial das persoas pobres, instituída polo papa Francisco en 2016. Invítasenos a poñer ollos, oídos, mans e, sobre todo, corazón, nas persoas máis desfavorecidas das nosas parroquias, das nosas dioceses, da nosa Igrexa. Elas son o lugar teolóxico no que podemos atopar o rostro de Cristo Resucitado que nos interpela.
Como ben di o papa, ás veces, requírese pouco para devolverlle a alguén a esperanza. Basta con deterse, sorrir e escoitar. As persoas pobres non son números aos que poder recorrer para presumir con obras e proxectos, senón que son persoas ás que, como Igrexa en saída, temos que ir buscar: son mozos e maiores, homes, mulleres, nenas e nenos que precisan das nosas mans para poder erguerse, dos nosos corazóns para sentir de novo a calor do agarimo, da nosa presenza para superar a soidade. Sinxelamente: precisan o noso amor. Non llelo neguemos.

CORAZÓN MAGOADO

Ti, o defensor das persoas pobres, SEÑOR, TEN PIEDADE DE NÓS.
Ti, o refuxio das persoas febles, CRISTO, TEN PIEDADE DE NÓS.
Ti, a esperanza das persoas pecadoras, SEÑOR, TEN PIEDADE DE NÓS.

PALABRA QUE INTERPELA

Algúns dos que acompañan a Xesús senten admiración pola grandeza e beleza do templo. El, pola contra, mira de xeito profético aquel lugar relixioso que non está a acoller o reino de Deus e a súa xustiza, senón que é un modelo esgotado que necesita conversión e cambio. Será destruído. O Reino de Deus irase abrindo camiño. Xesús non pretende sinalar a fin dos tempos, senón alertar de que os reinos deste mundo son capaces de provocar guerras e catástrofes, sufrimento e pobreza, pero o reino de Deus traerá paz e xustiza.. Os tempos difíciles non son tempos para o queixume, a nostalxia e o desalento, senón para confiar e esperar. Unha esperanza que nace da confianza en que Deus está á beira dos seus fillos e das súas fillas, acompañando e protexendo.
Hoxe, na III Xornada Mundial das Persoas Pobres, na liña da Palabra que vimos de proclamar e que nos interpela, a mensaxe do papa Francisco invítanos a non esquecer que as persoas pobres non son anónimas, senón que teñen nome e rostro:
  • familias que ven obrigadas a abandonar a súa terra para buscar formas de subsistencia noutros lugares;
  • orfos que perderon aos seus pais ou que foron separados violentamente deles por mor dunha brutal explotación;
  • mozos en busca dunha realización profesional aos que se lles impide o acceso ao traballo por mor de políticas económicas miopes;
  • vítimas de tantas formas de violencia, desde a prostitución ata as drogas, e humilladas no máis profundo do seu ser;
  • mulleres violadas, vítimas da trata de persoas, prostituídas, maltratadas, asasinadas;
  • xente maior, abandonada, soa, descartada nunha sociedade que só busca o rendemento económico;
  • millóns de inmigrantes vítimas de tantos intereses ocultos, tan a miúdo instrumentalizados con fins políticos, aos que se lles nega a solidariedade e a igualdade;
  • numerosas persoas marxinadas e sen fogar que deambulan polas rúas das nosas cidades.
Todas estas persoas son consideradas en moitos casos, por mor dos nosos prexuízos, parasitos da sociedade, ás que non se lles perdoa nin tan sequera a súa pobreza e son vistas coma unha ameaza ou como xente incapaz só porque son pobres.
Pola contra elas son as preferidas do Deus da misericordia. El é aquel que escoita, intervén, protexe e redime. «Cada vez que o fixestes cun destes, comigo o fixestes» (Mt 25, 40). Estamos chamadas e chamados a tocar a carne sufrinte para comprometernos nun servizo que é evanxelizador, pois a promoción dos pobres forma parte do anuncio evanxélico. A opción polos últimos e descartados é prioritaria para os discípulos de Cristo. Necesítanse testemuñas da esperanza na cultura do consumo e do descarte. Unha esperanza que se comunica a través do consolo e realízase acompañando aos máis pobres nos seus procesos de desenvolvemento, algo que vai máis aló da mera asistencia. Os pobres non só necesitan roupa e alimentos, «teñen necesidade de Deus, do seu amor feito visible grazas a persoas que viven xunto a eles» e das cales Deus se vale para chegar ao corazón.

ORAMOS EN COMUNIDADE

Pondo a nosa esperanza no Deus que sabe acompañar as nosas vidas e respectar a nosa liberdade, compartamos agora a nosa oración, sabéndoa por ao seu dispor para dar froitos de amor solidario e confiado, e digamos.

GRAZAS, SEÑOR POLA ESPERANZA
  • Pola Igrexa para que non renuncie nunca a presentarse ante o mundo como o que debe ser: unha Igrexa pobre e para as persoas pobres, OREMOS.
  • Polas persoas que dirixen as nacións e por aquelas que teñen responsabilidades no eido económico; para que traballen polo desenvolvemento integral de todas as persoas, OREMOS.
  • Por todas as persoas crentes, para que escoitemos con xenerosidade a voz de Deus, que nos chama a evanxelizar coas nosas palabras, cos nosos xestos, coa nosa vida, OREMOS. 
  • Polas persoas desempregadas, polas enfermas, polas que carecen de cultura e formación, polas que viven soas, polas que non teñen alimentos ou auga potable, polas que non teñen un fogar digno, polas que tiveron que migrar, para que atopen en nós comprensión, consolo e axuda, OREMOS.
  • Para que arredemos do noso corazón tantos prexuízos que nos impiden achegarnos ao próximo tal e como somos, OREMOS.
Grazas, Señor, por lembrarnos unha vez máis que Ti es un Deus de vida e que por iso podemos atoparte sempre onde as persoas traballan por unha humanidade máis humana. P.X.N.S. Amén.

REFLEXIÓN

SALMO 10 (9)

A FACHENDA DOS MALFEITORES
Por que, Señor, quedas lonxe,
escóndeste na hora do apuro?
Mentres os malvados triunfan,
son asoballados os pobres,
collidos nas insidias que lles traman.
O malvado gloríase da súa mesma cobiza,
o avarento blasfema e despreza ó Señor.
Di o malvado, na súa insolencia:
‑"Deus non pide contas; non está":
Iso é todo o que pensa.
Os seus camiños prosperan,
o teu xuízo queda lonxe da súa mente,
búrlase dos seus adversarios.
Pensa para si:
‑"Non caerei nunca na vida non terei unha desgraza".
Ten a boca chea de maldición,
de inxurias e de fraude;
a súa lingua encobre insidia e maldade.
Senta ao axexo nos currais
para matar ás agachadas ó inocente.
Cos ollos esculca os desvalidos,
axexa nos recantos, coma león no tobo,
axexa ós pobres, para os roubar,
rouba a quen pilla na súa rede.
Agáchase, encóllese,
e cae con todo o peso sobre os inocentes.
Pensa para si:
‑"Deus esquécese, ten a cara tapada e non ve".
Érguete, Señor; levanta, Deus, a túa man,
non te esquezas dos pobres.
¿Por que ten que desprezar a Deus o malvado e matinar para si:
 ‑"Non pide contas"?
Ti mesmo podes ver os traballos e as penas,
fixarte e collelos na túa man.
A ti encoméndase o desvalido,
ao orfo es ti quen o axuda.
Rompe o brazo do impío,
pídelle contas da maldade,
fai que desapareza.

O Señor reinará para sempre,
e acabaranse os xentís na súa terra.
Ti acolles, Señor, o desexo dos pobres:
confórtaos e aténdeos;
defende o dereito do orfo e do oprimido,
e que ningún mortal exerza máis a insolencia.
-->

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel