Ir al contenido principal

1 novembro 2020 Todos os Santos

BENAVENTURADAS AS PERSOAS QUE DESCUBREN CRER, CONFESAR E AMAR COMO FOLLA DE RUTA NO CAMIÑO DA VIDA

CANTO GOZOSO

ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10)

LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27)

OFERTORIO: Benaventurados (Nº 119)

COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)

CELEBRANDO A ACOLLIDA

Bo día!. A festa de tódolos santos, a festa das persoas sinxelas de corazón e vida, volve convocarnos unha vez máis neste comezo de novembro para que fagamos memoria agradecida de tanta xente de tantos tempos e lugares que camiñaron como servos e servas de Deus; tantos homes e mulleres que creron sempre que o amor era o meirande ben; de tanta xente, dunha moitedume tan inmensa que nos enche o corazón de esperanza, porque, coñecidas ou descoñecidas, todas aquelas persoas que hoxe celebramos viviron o que nós queremos vivir, e por iso nos axudan e nos acompañan.

Que Deus non é de mortos senón de vivos é unha realidade. Que Deus sigue presente no mundo por medio da Igrexa e d@s cristiáns é unha realidade. Que moitas persoas, na súa vida de cada día, transparentan esa presenza de Deus, a pesares das dificultades, a dor, o rexeitamento, o sufrimento, a exclusión... é unha realidade. A festa de hoxe lémbranos a tod@s @s sant@s, a todas esas persoas que gozan da felicidade eterna porque souberon traer un anaquiño do ceo a terra.

Con este sentimento de ledicia e de esperanza, comezamos a nosa celebración.

MISERICORDIANDO DESDE O AMOR DE XESÚS

Porque non somos persoas pobres de espírito, SEÑOR, TRANSFORMA A NOSA VIDA
Porque non somos persoas construtoras de paz, CRISTO, TRANSFORMA A NOSA VIDA
Porque non temos o corazón limpo, SEÑOR, TRANSFORMA A NOSA VIDA

ESCOITAMOS A PALABRA

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE XOÁN

Irmáns e irmás:
Vede o moito que nos quixo o Pai, para nos chamarmos fillos de Deus e sérmolo de verdade. Por iso o mundo non nos recoñece: porque tampouco non o recoñeceu a El. Meus amigos, xa somos fillos de Deus, pero aínda non está á vista o que seremos; sabemos que cando Xesús apareza, nós seremos coma el, xa que o veremos tal e como é. Todo o que ten posta en Xesús esta esperanza, trata de vivir unha vida limpa, para ser limpo coma el.

PALABRA DO SEÑOR

 

PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO MATEU

Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentou. Achegáronselle os seus discípulos, e el, tomando a palabra, ensinábaos dicindo:
Ditosos os que teñen espírito de pobres,
porque deles é o Reino dos Ceos.
Ditosos os que choran,
porque eles serán consolados.
Ditosos os non violentos,
porque eles herdarán a terra.
Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,
porque eles ficarán fartos.
Ditosos os misericordiosos,
porque eles acadarán a misericordia.
Ditosos os de corazón limpo,
porque eles verán a Deus.
Ditosos os que traballan pola paz
porque eles serán chamados fillos de Deus.
Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,
porque deles é o Reino dos Ceos.
Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña causa: alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos; do mesmo xeito perseguiron ós profetas anteriores a vós.

PALABRA DO SEÑOR

ESCOITAMOS A PALABRA

MIREI UN MUNDO DE XENTE, DE TODAS AS NACIÓNS, TRIBOS, POBOS E LINGUAS: Na festa de todos os santos, a Palabra, unha vez máis, volve falarnos de universalidade. E é que Deus non cansa nunca de insistir en que El non fai distingos nin exclusións, que para El tod@s posuímos a mesma dignidade, que chama por todos e todas nós. O abrente está, pois, preñado de esperanza. Somos invitad@s a mirar cara adiante e a alegrarnos, porque os plans de Deus vanse cumprindo. A nosa contabilidade, que peca de mesquiña, non coincide coa de Deus. Hoxe celebramos a ese mundo de xente do que se nos fala no libro da Apocalipse. Algunhas destas persoas foron canonizadas, son coñecidas e mesmo veneradas dentro da Igrexa; pero nesta morea de xente tamén hai persoas que non aparecen nos santorais, que non contan nas nosas listas pero si nas de Deus. Persoas sinxelas que, no medio das dificultades, souberon ser fieis a Deus e vivir como nos ensinou Xesús: polo camiño das benaventuranzas.

CANDO XESÚS APAREZA SEREMOS COMA EL, PORQUE O VEREMOS TAL COMO É: Porque de certo que se collemos o camiño que Deus nos marca, atoparemos sentido para a nosa vida. Nós, pola fe, sabemos que non camiñamos sen rumbo, que Deus é a nosa meta. A resurrección de Xesús abriunos a porta e marcounos a orientación. Nas nosas mans está aplicar o sentido común, fiarnos e deixarnos guiar por ela, como fixeron ao longo da historia tantas e tantas persoas boas que pasaron polo mundo facendo o ben e que agora están ao seu carón, participando da súa resurrección. Por iso a festa de hoxe, a pesares de que nos lembra cemiterios e nos deixa un pouso de tristura, é unha chamada á esperanza, á ledicia: camiñamos cara ao encontro con Deus.

BENAVENTURAD@S: Porque se de verdade poñemos nel a nosa esperanza, traballaremos por realizar, cadaquén no seu ambiente e segundo a súa personalidade, o sentido das benaventuranzas. A benaventuranza dos santos foi ter aprendido a facer da súa vida un canto de amor e servizo calado e nas máis das veces descoñecido aos ollos dos que buscan converter as persoas en xoguetes rotos, mercadeando coas súas vidas para gañar anunciantes. Os santos, sempre benaventurados, souberon recoñecer e tratar coma fillos de Deus e irmáns a homes e mulleres aos que a inxustiza, a pobreza, a exclusión, o desamor, a vinganza, as intrigas… lle quitaron a dignidade. Pero aí estaban eles, persoas de carne e oso, coma nós que con sinxeleza e humildade, quixeron e souberon poñer corazón, razón e mans, para facer das vidas de cantos os necesitaban, oasis de misericordia, igualdade, entrega e dignidade; presentando a través do seu facer o rostro do Deus que nos quere e nos leva da man.

OREMOS COMUNITARIAMENTE

Presentámoslle a Deus Pai as nosas necesidades e as nosas inquedanzas dicindo:

GRAZAS POR CONTAR CON NÓS

Felices as persoas con espírito sinxelo, porque delas é o Reino de Deus. Para que o Señor nos axude a poñer toda a nosa confianza nel, sabendo valorar o sinxelo, o humilde, o belo e o pequeno, OREMOS.

GRAZAS POR CONTAR CON NÓS

Felices as persoas que desexan que triúnfe o que é xusto e bo. Para que Deus nos axude a traballar a prol da xustiza e a buscar o ben dos demais, OREMOS.

GRAZAS POR CONTAR CON NÓS

Felices as persoas misericordiosas, porque Deus terá misericordia delas. Para que Deus nos axude a vivir na familia, na comunidade, na sociedade, sendo tolerantes, comprensivos e misericordiosos, OREMOS.

GRAZAS POR CONTAR CON NÓS

Felices as persoas que teñen limpa a conciencia, porque elas verán a Deus. Para que o Señor nos axude a ter un corazón limpo, a vivir con transparencia e a actuar sen engano e sen dobres intencións, OREMOS.

GRAZAS POR CONTAR CON NÓS

Felices as persoas que traballar pola paz, porque Deus chamaraas fillas súas. Para que o Señor nos axude a construír a paz, que ten como alicerces o desenvolvemento, a verdade e a xustiza, OREMOS.

GRAZAS POR CONTAR CON NÓS

Acompaña e anima, Señor, esta nosa oración, para que uníndonos a todas as persoas que xa están ao teu lado, camiñemos sempre polo vieiro que nos leva a resucitar contigo. P.X.N.S. Amén.

PALABRAS DESDE ONDE AGRADECER

Aquí nos presentamos, diante de Ti,

todas as mulleres e homes

que sabemos que vivir a vida contigo

é conseguir a santidade e a harmonía.

Porque santidade é plenitude,

é vivir entregándose ás outras persoas,

é cumprir os soños que Ti tes

para cada un e cada unha de nós.

Ti, cada día, demóstrasnos

que nada ocorre porque si,

e que de todo podemos aprender

pois cada acontecemento ten unha lección para a nosa vida.

Fainos máis santos e santas,

é dicir, máis felices, máis plenos,

máis atentos, máis irmáns, máis iguais,

máis xustos, máis alegres, máis teus.

Fainos santos e santas que xeran vida,

que saben gozar cada día.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel