Ir al contenido principal

Trindade 2015

UNHA FESTA DESDE A POLIFONÍA DE DEUS PARA UN MUNDO CHAMADO A ABANDONAR O MONOCROMATISMO 
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Vinde axiña
LECTURAS: Benaventurados/Xesús é Señor
OFERTORIO: Eu soñei
COMUÑÓN: Ide e pregoade
ESCOITA ACTIVA
Hoxe celebramos a festa da Santísima Trindade, a festa na que o Deus cristián se nos manifesta como presenza permanente ao noso lado. O Pai que nos escolle para ser o seu pobo, o Fillo que nos invita a seguilo e o Espírito Santo que nos alenta, desde o noso camiñar como Igrexa, para que superemos a tentación do pesimismo e a sensación de fracaso. Por iso dicimos tamén que é a festa da polifonía de Deus; é dicir, El ofrécenos moitas músicas para que poidamos interpretar a peza cuxa única letra é: amádevos uns aos outros e ide e anunciade.
Ben aprendida a letra, esforcémonos por poñerlle sempre músicas que nos falen de xustiza, igualdade, dignidade, respecto e solidariedade. Só así entenderemos por que a celebración de hoxe é unha invitación a mirar ao mundo con ollos de cambio, renovación e compromiso.
Poñámonos logo na súa presenza para sentir a tenrura da súa achega a nós.

CORAZÓN MISERICORDIOSO
Porque interpretamos a partitura da mensaxe de Xesús pensando que somos únicos e que non hai ninguén mellor ca nós, SEÑOR, QUE A COR DA NOSA VIDA SEXA A ESPERANZA.
Porque seguimos sendo de pensamento único e excluínte, CRISTO, QUE A COR DA NOSA VIDA SEXA A ESPERANZA.
Porque nos custa entender que todos somos necesarios, pero ninguén imprescindible, SEÑOR, QUE A COR DA NOSA VIDA SEXA A ESPERANZA.
PALABRA ENRAIZADA
O corazón para os xudeus desenvolve a función do que para nós é a conciencia: o lugar da reflexión, do discernimento desde onde se toman as opcións radicais da vida de cada un de nós. Poderiamos dicir que os xudeus consideraban o corazón como a sede da moralidade. É polo tanto desde aí desde onde temos que entender as palabras que acabamos de escoitar do libro do Deuteronomio, nas que se nos chama a non facer as cousas desde o arrouto, senón con reflexión; dedicándolle, porque son importantes para nós, tempo; pois só con tempo podemos pensar ben e descubrir que é o importante e que o secundario, o accidental. O malo é que as voces que máis imos escoitando parece que teñen moita présa, e falan desde a premura e o xa. E ben sabemos: un xa que non ten continuación no despois virá é un xa que se esgota e morre, porque non ten mañá. Nós si temos mañá: o que nos propón Deus, e cara ao que nos tende a man. Pero temos que ilo desenvolvendo xa desde o aquí, sen que iso supoña esgotarse no xa; ao contrario, o xa do aquí é o comezo do que será sentir a felicidade de sabérmonos escollidos por quen nos considera a súa herdade, e coma tal, participantes da súa mesma plenitude. Ese é o Señor, o mesmo Señor do ceo que nos pide implicármonos en serio nas cousas da terra.
Deixémonos logo guiar por este Deus que nos ofrece a forza do Espírito coma sopro que nos vai empurrando no percorrer da nosa vida. Un Espírito que nos move cara á liberdade. Unha liberdade que non é destino, senón capacidade de decisión; posibilidade de elección e responsabilidade na acción. O que nos converte en persoas, non cousas nin monicreques aos que lles moven os fíos, en protagonistas da nosa propia vida. E desde a que respondemos non movidos polo temor e o medo, senón na confianza do Deus que nos quere, non segundos, senón protagonistas da nosa propia vida. 
E diante desta escolla, a dúbida convértese en confianza; e o temor en acollida. Superemos os medos e as dúbidas, como fixeron os apóstolos, e comecemos a responder ao seu envío, porque no ide e ensinade, está a razón de ser hoxe, no medio dun mundo que se mostra indiferente e ausente fronte a Deus, testemuñas verdadeiramente agradecidas dun proxecto de salvación diante do que non nos deixa nunca solos; ao contrario, ofrécesenos para estar con nós, e deste xeito, ante as dificultades sabernos acompañados e alentados. Respondamos entón ao envío de Xesús coa resposta sincera e real para facer do mundo reinado crible da súa mensaxe de amor. Non sexamos tamén nós dos que se deixan vencer polas dúbidas e dificultades.
FRATERNIDADE ORANTE
Neste día no que Deus se nos mostra como Pai que acolle, como Fillo que ama e como Espírito Santo que acompaña, unamos tamén nós os corazóns para que nunha mesma polifonía orante digamos xunt@s: 
QUE AS NOSAS COMUNIDADES SE CONSTRÚAN DESDE A PLURALIDADE E O RESPECTO
Pola Igrexa, para que sexa comunidade na que tod@s poidan sentirse acollid@s, sen que ninguén se sinta descartad@ nin ignorad@, OREMOS.
QUE AS NOSAS COMUNIDADES SE CONSTRÚAN DESDE A PLURALIDADE E O RESPECTO
Para que nas nosas comunidades aprendamos a valorar o que os demais nos aportan, e deixemos de queixarnos e criticar cando alguén non pensa coma nós, OREMOS.
QUE AS NOSAS COMUNIDADES SE CONSTRÚAN DESDE A PLURALIDADE E O RESPECTO
Para que aprendamos a ir valorando os pequenos pasos de cada día, sen caer na tentación de pensar grandes e irrealizables proxectos que, por non poder cumprilos, acaban por decepcionarnos e converternos en insatisfeitos permanentes, OREMOS.
QUE AS NOSAS COMUNIDADES SE CONSTRÚAN DESDE A PLURALIDADE E O RESPECTO
Señor, que co esforzo de tod@s consigamos facer das nosas comunidades espazos onde poidamos expresarnos con liberdade e sentirnos acollidos a pesares das nosas discrepancias. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
Dinos o Papa Francisco que: “Toda a vida e a misión da Igrexa dependen do Espírito Santo; El realiza todas as cousas... O Espírito Santo fai a unidade da Igrexa: unidade na fe, unidade  na caridade, unidade na cohesión interior. A Igrexa e as Igrexas están chamadas a deixarse guiar polo Espírito Santo”. Por iso, na forza do Espírito Santo, na iniciativa de Deus Pai e na invitación ao seguimento do Fillo, dicimos que o amor achega, namentres o odio destrúe. Camiñemos logo no amor porque:
o amor sorrí, o odio gruñe;
o amor atrae, o odio rexeita;
o amor confía, o odio sospeita;
o amor entenrece, o odio enardece;
o amor canta,o odio espanta;
o amor tranquiliza,o odio altera;
o amor garda silencio, o odio vocifera;
el amor edifica,o odio destrúe;
o amor sementa, o odio arranca;
o amor espera, o odio desespera; 
o amor consola, o odio exaspera;
o amor suaviza, o odio irrita;
o amor aclara, o odio confunde;
o amor perdoa, o odio intriga;
o amor vivifica, o odio mata;
o amor é doce; o odio é amargo;
o amor é pacífico; o odio é explosivo;
o amor é veraz, el odio é mentireiro;
o amor é luminoso, o odio é tenebroso;
o amor é humilde, o odio é altaneiro;
o amor é sumiso, o odio é xactancioso;
o amor é manso, o odio é belicoso;
o amor é espiritual, o odio é carnal;
o amor é sublime, o odio é triste.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...