Ir al contenido principal

32 Domingo TO B 2018 Igrexa Diocesana


DIA DA IGREXA DIOCESANA

SOMOS UNHA FAMILIA CONTIGO.
Cantos

Entrada.-   Unha parroquia nova  ( )

Lecturas.-       (  )

Ofertorio.-   ( )

Comuñón. Non vou só ( 60 )

Para non perde-lo paso

 Benvidos todos á celebración deste domingo. De novo Xesús dirixírenos a súa Palabra que nos convidará á confianza en Deus e á xenerosidade. E unha vez máis escoitaremos a súa invitación: “Tomade e comede”. Pan e Palabra que son o sustento para o camiño. Coma nós responderán a esta invitación moitas comunidades de crentes, unhas formadas por moitos fieis, outras moi pequenas, a todas elas queremos telas presentes na nosa celebración, porque hoxe celebramos O DIA DA IGREXA DIOCESANA que nos lembra que formamos parte dunha gran familia, a Diocese de Tui-Vigo, que debemos coñecela, apreciala e comprometernos con ela. Teñamos tamén moi presentes a todos os que a formamos: o bispo, sacerdotes, persoas da vida consagrada e segrares.

Co corazón ferido



1.  Porque  moitas veces vivimos con desapego o noso ser Igrexa. Señor, que nos afastemos da tentación.

2.  Porque  falamos moito pero comprometémonos pouco para cambiar a Igrexa. Cristo, que nos afastemos da tentación.

3.  Porque non apostamos de verdade pola renovación das nosas comunidades parroquiais. Señor, que nos afastemos da tentación.

Unha palabra que agroma

·         “Palabra do Señor”, acabamos de escoitar e nos asentimos porque que así o cremos firmemente. O escoitar este relato do evanxeo quizais se nos ocorra pensar na xente que coñecemos e que parécese os letrados ou á velliña xenerosa. Pero esta Palabra está dirixida a cada un de nós. É como un espello posto diante de nós para que nos miremos nel e recoñezamos o que hai no noso corazón que nos fai semellantes ós letrados ou á viúva pobre. Xesús móstrannos comportamentos moi concretos para que toquen a vida dos seus ouvíntes. Como tocan hoxe a nosa vida os personaxes que nos presenta o evanxeo? Por unha banda están ós escribas dos que nos advirte: “coidado con eles”; por outra unha viúva pobre da que nos dí: “deu todo o que tiña para vivir”.

 Os Escribas, especialistas da lei de Deus, profesionais da teoloxía, exercían funcións de asesores nos tribunais, de conselleiros e de mestres. Gozaban da maior consideración e había o costume de chamalos “MESTRE”. De aí o desprezo que senten por Xesús que pretendía “ensinar con autoridade” sen haber estudado. Falan pero non fan. Coma tantos hoxe...

·          A viúva pobre é a contrapartida non só da xente rica que bota moito diñeiro, senón tamén de escribas que procuraban chamar a atención. Xesús convoca ós seus discípulos para que aprendan a lección que se explica con detalle: os ricos botaron do que lles sobraba, mentres a viúva botou todo o que tiña para vivir. O importante non é a cantidade do que uno dea, senón o que un se quede para sí. Lembremos tamén á outra viúva, a da primeira lectura que entrega ao profeta todo o que ten para comer. Confianza en Deus e xenerosidade son as virtudes destas dúas mulleres. Conclúe o texto evanxélico presentando á viúva como modelo de discípula.

O relato parece querer mostrarnos que ela é modelo de discípula, modelo de fe e de seguimento do crucificado. Esta muller que “deu todo o que tiña para vivir” sinálanos a Xesús que “veu dar a súa vida en rescate por moitos” .Preguntémonos entón: onde queremos estar nós? Que facemos para acadalo?

·         Hoxe celebramos o día da IGREXA DIOCESANA. Quere lembrarnos que formamos unha gran familia á que nos incorporamos polo Bautismo, e que habemos de construíla entre todos: O bispo, os sacerdotes, os consagrados, os segrares, as familias, as parroquias, as asociacións e demais institucións eclesiais .Se somos tod@s, fagámola entre tod@s.

Desde a oración compartida

Oremos ó Señor, fonte de misericordia e Pai /Nai da familia humana para que bendiga á nosa comunidade diocesana. E digamos: Grazas por facernos sentir Igrexa.

·         Pola Igrexa universal e pola nosa Diocese de Tui-Vigo, polo noso bispo Luís, polos sacerdotes, polos relixiosos e relixiosas e por todos os segrares da nosa Diocese; para que cada quen cumpramos con fidelidade a nosa misión. Oremos. Grazas por facernos sentir Igrexa.

·         Por todas as parroquias e institucións da nosa Diocese; para que sexan no seu ambiente testemuño de Cristo mediante a vivencia da fe e a caridade. Oremos. Grazas por facernos sentir Igrexa.

·         Por todos os que formamos a Diocese de Tui-Vigo para que creza en nós o espírito de familia, a corresponsabilidade, o afán apostólico e a comunicación cristiá de bens. Oremos. Grazas por facernos sentir Igrexa.

·          Polas persoas enfermas, os maiores, os que viven en soidade, os que non teñen traballo e todos os que sofren por calquera causa; para que atopen en Deus consolo e en nós a axuda que necesitan. Oremos. Grazas por facernos sentir Igrexa.

Para que tod@s sintamos a ledicia do comunitario

Hoxe a celebración invítanos a preguntarnos como vivimos cada día o noso ser comunidade. Comunidade que se reúne, que reza, que se axuda, que... se quere.

Con esta ledicia temos compartido xunt@s poder compartir casa onde ninguén é excluído e tod@s somos queridos e coñecidos polo noso nome. Esta é a casa do Señor. Con El a compartimos e sentimos a súa presenza. Ante El cargamos pilas para alentar o mundo no que vivimos na procura do que une, perdoa, acolle e constrúe o que é ben de tod@s.

A nosa Igrexa particular, Igrexa doméstica de Tui – Vigo, quere construírse desde a renovación e a ledicia realista e profética, de quen quere abrir novos camiños e propoñer novos xeitos de anunciar o evanxeo alí onde estamos, e non se conforma en seguir facendo o “ de sempre”.

Deamos logo grazas a Deus neste día no que nos chama a pasar das palabras aos feitos. Traballemos por unha Igrexa evanxélica, renovada, ilusionada e samaritana. Como Ti nos pediches .Amén.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...