Ir al contenido principal

1 Advento C 2018


Advento: Luz, desde a Palabra proclamada, para un tempo de conversión

Cantos

    Entrada.- Preparade o camiño ao Señor

    Lecturas.- As túas palabras, Señor ( 113)

    Ofertorio.- Eu soñei ( 58 )

    Comuñón. - Xesús chamado amigo ( 89)

Sinal de Advento

Poñemos un taboleiro diante do altar e nel, sobre unha cartolina morada, colocamos un cartel no que apareza a imaxe dunha vela e dunha biblia aberta. Escribimos ao lado a seguinte lenda: Advento, luz e Palabra. Ao longo de cada un dos domingos iremos colocando unha palabra ao redor do cartel: nen@s, moz@s, matrimonios e maiores.



Abrindo os ollos e mirando aos lados

                Volvemos comezar unha nova oportunidade de mirar cara dentro de nós e descubrir a necesidade de poñernos de novo en camiño e de deixar atrás todo  canto nos pesa e nos impide camiñar de maneira lixeira e esperanzada: tristura, desánimo, comentarios ferintes...

O Advento que nos invita a poñernos en camiño, é unha gran oportunidade de prepararnos a facer oco, verdadeiramente crente, á chegada do Deus Neno entre tanto barullo comercial e invitación ao consumismo desaforado. Esquecendo que Deus nace pobre, sinxelo e urxindo a compartir.

Fagamos entón deste tempo experiencia de cambio e vivencia cristián.

                Corazón misericordioso

·        Para que deixemos que a luz da conversión entre no noso corazón. Señor, que  túa luz ilumine o noso camiño.

·        Para que deixemos que a Palabra, e non as moitas palabras, cheguen ao noso corazón. Cristo, que a túa luz ilumine o noso camiño.

·        Para que deixemos que o noso sexa tempo de escoita cara os irmáns que se nos achegan. Señor, que a túa luz ilumine o noso camiño.

Palabra encarnada

·        Deus volve chamar a nosa porta, e faino no medio do barullo de tantas voces dispostas a falar de todo o secundario e a esquecer o importante: as persoas. A liturxia ofrécenos este gran agasallo que é o Advento para que deixemos de xogar ao despiste e mirar o accidental, para comezar a mirar ás persoas: as súas vidas, as súas preocupacións, as súas ledicias, as súas... porque elas, sempre, non só no Advento, han ser o centro que mova a nosa vida e nos converta en verdadeiras testemuñas do Deus que se fai un coma nós.



·        A súa voz chéganos en forma de anuncio non excluínte que nos iguala e nos fai gozar a igualdade compartida nun mundo cheo de desigualdade e individualismo. E que mellor xermolo para agromar que a tarefa de ir deixando atrás todo canto foi enchendo o corazón de adherencias que nos foron afastando do substancial: deixar oco a Deus no noso corazón desde a nosa preocupación, atención e cercanía para coas persoas. Deixemos entón que xermole dentro de nós o proxecto de Deus, a quen non lle importan as luces de cores senón o latexo aquecido dos corazóns que saen ao encontro dos irmáns necesitados e entristecidos.



·        Desde esta disposición  iremos facendo medrar, na verdade e non no engano, o amor duns para cos outros, tal e como lles dicía Paulo aos tesalonicenses. E nolo segue a dicir tamén hoxe e nós, porque a vida non é un ciclo pechado que imos deixando atrás, senón un proceso no que imos crecendo e descubrindo a Deus no rostro e no corazón dos demais. E nestes sinais que van facendo que cambie a nosa maneira de mirar, o noso xeito de escoitar e o noso esforzo por camiñar acompañad@s, iremos descubrindo que Deus non é un entretemento nin un escape, senón un compromiso por facer que vida das persoas sexa sempre experiencia de gratuidade e e recoñecemento. Preparémonos logo para Deus atope o noso corazón preparado para acollelo.



Pés no chan e confianza en Deus

       Esperando a chegada de Deus aos nosos corazóns, dicimos agora xunt@s: Señor, que nos deixemos iluminar por Ti.

·        Para que en tódalas comunidades cristiáns nos preparemos para acoller ao Deus que chega, desde o cambio de corazón e o servizo aos demais. Oremos. Señor, que nos deixemos iluminar por Ti.

·        Que a solidariedade non sexa un palabra senón unha actitude que nos cambie por fóra e nos transforme interiormente. Oremos. Señor, que nos deixemos iluminar por Ti.

·        Para que deixemos atrás a tentación de pensar só en nós, e traballemos para que o noso actuar sexa un actuar verdadeiramente transformador e centrado no servizo aos demais en forma de tempo compartido e ofrecido. Oremos. Señor, que nos deixemos iluminar por Ti.

Grazas, Señor, por esta experiencia de conversión á que nos invitas de novo no tempo de Advento. Por Cristo o noso Señor. Amén.



Aquecendo o corazón

Fagamos do tempo de Advento unha experiencia de:

·        Tempo compartido

·        De esperanza ofrecida e doada

·        De acollida e comunidade

·        De paciencia e cambio

·        De gratitude e gratuidade

·        De transformación e conversión

Para que a chegada do Mesías reconstrúa a nosa humanidade desde a oportunidade ofrecida dunha fe gozosa e perseverante.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...