Ir al contenido principal

29 domingo TO B 2018 (DOMUND)


TRABALLEMOS PARA CAMBIAR O MUNDO; SÓ ASÍ SEREMOS CAPACES DE SEMENTAR COLABORACIÓN E NON IMPOSICIÓN
PALABRA QUE ALEDA
ENTRADA: Eu soñei (Nº 58)
LECTURAS: Quédate, Señor, connosco (Nº 63)
OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32)
COMUÑÓN: Acharte presente (Nº 51)
PALABRA QUE ACHEGA
         Comezamos cantando Eu soñei que algunha vez. Que ben responde esta oración musicada ao que tantas veces sentimos! Quen non ten soñado unha, dúas, tres ... as veces que foran e fagan falta cun mundo mellor, máis xusto, máis fraterno, menos violento? E cantas desas veces nas que temos soñado con el fomos capaces de preguntarnos: que estou a facer eu para que este mundo sexa así? Porque aquí está a clave de todo: do que soñamos, do que nos entristece, do que nos achega aos demais, do que separa, do que nos une, do que nos divide, do que... na actitude de cada un/a de nós ante todas esas cousas que sentimos, e mesmo moitas veces nos pasan.
Neste día do DOMUND, fagamos da celebración, na que tamén queremos lembrarnos das persoas que fan do seu traballo nos países máis empobrecidos do mundo, concreción da invitación de Xesús de “ir e anunciar“ un momento reflexión e participación para que poidamos saír de aquí co corazón sandado pola esperanza da unión desta comunidade que se reúne no nome do Señor.
PALABRA QUE TRANSFORMA
Polas veces nas que nos miramos con receo e desconfianza; SEÑOR, QUE A NOSA MIRADA SEXA LIMPA.
Polas veces nas que nos miramos buscando enfrontamento e división; CRISTO, QUE A NOSA MIRADA SEXA LIMPA.
Polas veces nas que que lle damos as costas ás persoas con problemas que nos buscan e necesitan; SEÑOR, QUE A NOSA MIRADA SEXA LIMPA.
PALABRA QUE REBULE
Xustiza e servizo son dúas palabras que non deberiamos separar nunca. Quen serve e ten unha actitude de ver na outra persoa a alguén igual, que me enriquece e á que eu podo tamén enriquecer co meu servizo e dispoñibilidade, vai entrando no camiño de Deus, o Deus que non está lonxe nin é algo, senón que fai do amor razón de ser da súa existencia. E este ir paseniñamente acadándoo vai facendo que agrome en nós a confianza, á vez que descubrimos que deixamos atrás calquera intento de desconfianza cara quen está ao noso lado e mesmo para con Deus. Desde a confianza vaise crecendo e madurando en cada un dos pasos da vida, á vez que consegue facer posible que a mirada coa que nos achegamos ás persoas e ás súas situacións, plurais e distintas, sexa unha mirada que nin asusta nin se asusta, senón que descobre, integra e actúa ao lado do outro/a. Unha mirada entón que achega e non afasta, unha mirada de amor e non de odio. É está a nosa mirada? Facemos o esforzo para que sexa así? Pensémolo entón para que Deus, a fe, a oración... teñan sentido para nós e enchan Del a nosa vida.
Por que entón nos empeñamos en poñer miradas que separar, dividen, enfrontan ou illan? Por que moitas veces as nosas miradas lévannos a prescindir uns dos outros e a incomunicarnos? Por que, chamándonos crentes no Deus da relacionalidade amorosa, seguimos a facer as cousas sen contar cos outros? Preguntémonos de que maneira o proxecto de Deus é acollido ou rexeitado co noso xeito de actuar e comportarnos. Ser cos demais, fainos tamén ser coa creación, co proxecto de Deus para que vivamos na casa común de todos e todas; a casa na que, tendo moitas habitacións, cabemos sen ter que botar fóra a ninguén; a casa na que non se prima a uns sobre as outras, senón que se nos trata coma iguais. Este é o proxecto de Deus para esta casa común. Tamén é o noso?
Pero entre vós non poder ser así”. Estas palabras de Xesús teñen fondura e viveza na nosa vida cada día. E téñena porque a tentación que sempre temos -porque é xa lugar común na nosa sociedade- é a de mandar, impoñer, querer ser máis importantes, ricos, poderosos... famosos. Inda que para isto haxa que levar por diante o que sexa, mesmo o respecto a un mesmo e a dignidade de tod@s. A tentación de mandar por mandar e controlar é sempre excluínte, por iso hai persoas que se senten máis cómodas mandando sobre os demais que preguntándose por que o fan, ou se o están a facer ben. Porque o malo non está en mandar, senón nas intencións de quen manda. De aí que Xesús chame a saber facelo. E para iso fai a súa proposta –invitándonos a pensar sobre ela e a seguila-: no canto de excluír e botar fóra aos que pensamos que non son “dos nosos” ou non nos “interesan”, acoller; no canto de gañar por riba do que sexa, sempre en todas a situacións, colaborar e decidir entre tod@s; no canto de buscar o éxito facendo un/ha so/a as cousas, aprender a repartir responsabilidades e traballar en común... unha proposta suxestiva que temos que pasar polo corazón e pola reflexión para que chegue fresca e ilusionada ao día a día de cada un/ha de nós. A proposta de Xesús ten tantos anos coma a presenza do ser humano no mundo. E a pesares disto, non acabamos de superar esta fenda. Seguimos facendo grupos e exclusións: dos nosos e dos outros. Porén, Xesús, non deixa, unha e outra vez, de insistir no contrario: tratádevos con igualdade, respectádevos, non pensedes que sodes únicos... e, como nos custa entendelo, e polo tanto vivilo! Pero nunca é tarde. O seu proxecto está sempre a xirar para que poidamos subir en calquera momento á súa roda. Fagamos entón o posible para facelo a próxima vez que pase diante de nós. Todos temos luscos e fuscos, ningún de nós é perfecto, por iso, Deus, como nos acaba de dicir Xesús, segue a darnos oportunidades.
PALABRA QUE SE ENCONTRA
No nome de Deus  reunímonos cada domingo para compartir, celebrar e agradecer, de xeito comunitario a fe. Fagamos agora memoria agradecida da vida e digamos xunt@s:
GRAZAS POR INVITARNOS A SER SERVICIAIS
Para que a Igrexa sexa verdadeiramente servidora e non se perda en palabras baleiras; OREMOS.
GRAZAS POR INVITARNOS A SER SERVICIAIS
Para que nas nosas parroquias non teñamos medo a facer do servizo ao veciño e da axuda desinteresada temóns da nosa vida; OREMOS
GRAZAS POR INVITARNOS A SER SERVICIAIS
Para que nós non caiamos na tentación de botarlle a culpa aos demais do que simplemente é desleixo e falta de convencemento pola nosa parte; OREMOS.
GRAZAS POR INVITARNOS A SER SERVICIAIS
Polas misioneiras e misioneiros que dan o mellor de si traballando por facer presente a mensaxe de Xesús na súa loita pola xustiza e a igualdade, para que nunca se deixen contaminar pola opulencia do noso primeiro mundo que lle da as costas aos empobrecid@s; OREMOS.
GRAZAS POR INVITARNOS A SER SERVICIAIS
Señor, no Evanxeo chámasnos a abrir os ollos e a poñer os oídos atentos para que as nosas mans sexan verdadeiramente serviciais. Non deixes nunca de  lembrárnolo. P.X.N.S.
PALABRA QUE ACHEGA
Moitas veces os grandes do mundo divídennos coas súas argalladas.
Gústalles vernos enfrontados,
porque saben que estando nós desunidos
nada podemos contra as súas maldades.

Pero Xesús quérenos unidos.
A vontade de Deus é a unión.

Moitas veces tamén nós mesmos nos dividimos:
na familia, na veciñanza, na parroquia, no pobo.
Gústanos encirrar a uns contra outros.
No canto de menda-lo pano rachado,
tiramos del para que a rachuma se faga máis fonda.

Pero Xesús quérenos unidos
A vontade de Deus é a unión.

A unión é a defensa do débil.
A unión é a alegría do aflixido.
A unión é a esperanza dos pobres.
A unión é a salvación dos labregos.
A unión é o futuro do obreiro…

Por iso Xesús quérenos unidos.
Por iso a vontade de Deus é a unión.
Onde hai unión, alí está Deus!  
(Manolo Regal, Un caxato…)
-->

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor